EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS
(Semana do 4 ao 10 de maio)
Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.
Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives.
Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos:
Nome e curso:
Nome do xogo:
Materiais necesarios:
Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…):
Foto ou debuxo xogando:
Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.
Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico:
- Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0
- Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras:
o Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo
o Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c
o Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20
o Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks
o As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE
Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.
- Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04
Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.
Saudiños, saúde e móvete moito!