Dende Educación Física e Plástica, e en relación co noso Proxecto Deportivo de Centro, propuxemos realizar xogos tradicionais para adentrarnos na nosa cultura e celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Podemos resumir o traballo do alumnado e das súas familias nos seguintes vídeos. Gozade deles!
O día 6 de abril, declarado dende o ano 2002 pola Organización Mundial da Saúde como o día "da actividade física", decidimos conmemoralo levando a cabo distintas actividades co propósito de inculcar e sensibilizar aos discentes na importancia de hábitos diarios que impliquen movemento, deporte, actividade física... etc
Seguindo coa liña metodolóxica do programa MUSE iniciado este curso 21-22 (etapa de educación primaria) practicamos posturas básicas de ioga e introducimos a respiración, centrándonos na expansión do peito durante a inspiración sendo unha técnica moi efectiva para alongar a columna vertebral e mellorar a postura corporal.
Deste xeito damos continuidade aos contidos adquiridos e traballados pola artista encargada do MUSE, Chus Raíndo, e sobre todo coa finalidade de introducilos como hábitos de vida saudables aplicables a vida diaria dos nenos e nenas.
O curso escolar 2022-2023 ven cargado de moitas novidades que farán que sexa un ano moi especial e motivador!
A actividade física e deportiva vai seguir sendo un piar fundamental na nosa práctica docente diaria, con hábitos de vida saudables e proactivos.
A primeira novidade vai ser a organización dos recreos no patio. Os discentes van a ser os encargados, con quendas, de velar do coidado do material das actividades propostas para cada día da semana. As actividades son diferentes, moi diversificadas, co obxectivo de que amplíen as súas actividades lúdicas máis aló dos deportes "típicos", probando xogos novos e descubrindo as distintas posibilidades dos mesmos.
Esta organización tamén fomenta a responsabilidade e o bo uso do material, facéndose eles mesmos cargo de que volva ao seu sitio despois do tempo de lecer e asumindo as consecuencias "sancións" de non ser o caso.
Confío moito en todos vós! Comezamos queridiños/as!
Con razón do Día da Paz (30 de Xaneiro) realizáronse no colexio diversas actividades ao longo do mes pasado, que remataron cunha representación e un baile no que participou todo o colexio xunto; buscando concienciar ao alumnado de que todas as civilizacións temos elementos comúns como o baile, o deporte ou o xogo.
O 20 de decembro todo o colexio realizou varios obradoiros. Un deles está relacionado co noso proxecto de "VIDA ACTIVA". Trátase dun obradoiro de baile.
Quedan poucos días para dar por finalizado este curso e dende aquí gustaríame despedirme de todos vós con moito agarimo, por ser uns alumnos exemplares, participativos, xenerosos e incribles.
A miña etapa como a vosa mestra chega ao seu fin con gran tristeza e pesar, pero con ledicia de haber compartido tantos momentos, vivencias, experiencias e todas as aprendizaxes acadadas ao longo de estes 3 marabillosos cursos académicos. Non cambiaría nada de todo o vivido.
Agradecervos a vosa implicación e boa actitude cara min e cara a educación física, oxalá logredes todos os obxectivos que vos propoñades.
Moitas apertas da vosa profe, saúdos dende o corazón!
O 18 de setembro tivemos unha visita moi deportiva no noso cole. Visitounos o Club Ciclista Estradense, que nos tiña preparado un circuíto para comprobar a nosa habilidade enriba da bicicleta.
Realizamos o circuíto por cursos, había rectas estreitas, zig - zags, cambios de dirección continuos e mesmo unha rampa! Pasámolo xenial!
Esta semana contamos no centro coa presenza do adestrador de balonmán Quique, que impartiu dúas sesións deste deporte ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Na primeira das sesións traballouse fundamentalmente o pase e a recepción; na segunda xornada introducíronse conceptos tácticos para acabar facendo un pequeno partido. Foron sesións moi entretidas onde os nenos e nenas estableceron unha toma de contacto con este deporte tan divertido. Pasámolo en grande!!!
O xoves 30 de maio fixemos a última das saídas deportivas do centro. Nesta ocasión foi a quenda do alumnado de 5º e 6º de E.P. que, como ven sendo habitual, desprazouse ao Pavillón Manuel Coto Ferreiro para realizar unha xornada de encontros multideportivos na que se xogou ao Datchball.
O Datchball é un deporte alternativo e inclusivo que se xoga coa dinámica do brilé pero con 3 pelotas. Para facelo aínda máis divertido había superpoderes: Hulk, Superwoman, Lobezno, Batman ...O alumnado organizouse por equipos de 8 ou 9 membros, contando en todos os equipos con alumnos/as de 6º e de 1º da ESO dos centros educativos da contorna.
A xornada prolongouse durante unhas 3 horas, na que os sorrisos, o compañeirismo e o espírito deportivo estiveron moi presentes.
Agradecer á Agrupación Deportiva de A Estrada, formada polo mestres/as de Educación Física dos colexios da comarca, a implicación durante todo o curso escolar, organizando e aportando ideas para que os nosos rapaces e rapazas poideran disfrutar destas experiencias deportivas. Para o vindeiro curso seguro que haberá moitas máis!
Neste mes de marzo inauguramos dúas mesas para xogar ao ping pong. Fixemos un traballo de "reutilización" das pizarras antigas e duns tableiros que estaban rotos. Hasta ese momento estaban ocupando espazo no pavillón e agora darémoslle un novo uso.
Aquí vedes algún dos pasos que seguimos ata conseguir as novas mesas.
Desmontar os marcos exteriores
Limpar a mesa.
Atornillala á estructura metálica e de madeira.
E finalmente colocar as redes, e material de xogo (raquetas e pelotas).
O martes 9 de novembro realizamos distintas propostas de xogos populares aos nen@s de infantil e primaria para conmemorar o magosto. Que ben o pasamos nos xogos de equilibrio, cos zancos e pratos chinos!
Tamén disfrutamos xogando á galiña cega, ao pañuelo, birlos e á petanca.
Como todos os anos o último día de clase facemos xogo libre, así que esta semana podedes practicar os xogos que máis vos gustaron ao longo do curso, ou calquera outro que coñezades.
Non é necesario que me enviedes nada, pero se alguén quere enviarme algo aquí estou.
Ao longo da semana irei subindo á web os últimos traballos que fixéchedes de educación viaria.
Rematou o curso e rematou o meu traballo en Codeseda. Foi todo un pracer compartir convosco estes dous anos e, quérolle dar as grazas a todas e todos os que participáchedes nas clases de Educación Física online, incluídas as familias.
Deixo un último traballo que me enche de ledicia e que resume o que fixemos no último trimestre. Moitas gracias Melania!
O 28 de abril é un día especial para a Educación física e non podíamos deixar de celebralo!
No noso colexio conmemorámolo realizando varios retos físico-deportivos co obxectivo de achegar aos alumnos/as a ampla gama de actividades que abarca a Educación física, moito máis que o fútbol, correr...
Gracias nenxs por ser tan participativxs, por gozar e demostrar que o tempo pasa volando facendo actividade física!
O samaín que festexamos este curso 21-22 foi moi movido e terrorífico!
Os rapaces e rapazas gozaron das tarxetas con esqueletos que se ensinaron na clase de educación física, tendo que imitar a acción ou a posición corporal que se amosaba nas mesmas baixo o ritmo da canción de "tumbas por aquí, tumbas por alá". Que ben traballaron a súa expresión corporal ...!
Tamén fixemos un escape room "A invasión das caveiras" na que debían de superar distintos retos cognitivos e físicos: de lóxica, intuición e ritmo musical respectivamente.
Para seguir manténdonos en forma e activos demos comezo a un novo reto... Esta vez con palas!
Un reto onde cada alumn@ debía de superar 12 probas de axilidade e destreza con palas de ping pong e de tenis. Aparte de pasalo moi ben, foron capaces de superar cada un dos mini retos propostos.
Este venres 8 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole. Como ven sendo habitual nos últimos anos, festexamos esta celebración cunha xornada de xogos populares. Realizamos 7 estacións de 7 xogos populares:
- A raia
- O ferrón
- A culler
- Os sacos
- A chave
- Os bolos
- Os carozos
A súa vez fixemos 7 grupos polo que íamos rotando para que todos realizasen todos os xogos.
Para conmemorar o día internacional da muller, o 8 de marzo, dende a área de Educación Física levamos a cabo o xogo "memory de mulleres deportistas"
Por unha banda, reflexionamos sobre a figura das mulleres deportistas na actualidade, coñecimos deportes minoritarios, investigamos nomes dalgunhas das deportistas españolas máis destacadas nas distintas disciplinas deportivas... etc
E por outra banda, traballamos aptitudes físicas como a velocidade, e cognitivas como a atención e memorización. Físicas: porque o xogo consistía en facer parellas coas cartas o máis rápidamente posible e cognitivas xa que había que prestar moita atención ás cartas que se ían descubrindo para intentar aparellala coa súa semellante.
As actividades lúdico-deportivas propostas nas sesións diarias de psicomotricidade están orientadas ao traballo holístico dos discentes e non só ao aspecto orgánico; senón tamén temos en conta o ámbito cognitivo, emocional e social.
Traballamos as habilidades motrices básicas como: andar, saltar, desplazarse, xiros, lanzamentos, recepcións e reptacións ademais da coordinación, equilibrios, reflexos, lateralidade, control respiratorio, ritmo e control dos movementos e condutas perceptivo- motrices con implementos e sin eles.
Comezamos o segundo trimestre con moita enerxía e levamos a cabo un reto de concentración e axilidade: construir unha torre de 3 andares con vasos, empregando gomas elásticas.
Qué importante é saber traballar, colaborar e tomar decisións en equipo!