Marzo 2022CANTO NOS MOVEMOS EN PSICOMOTRICIDADE!As actividades lúdico-deportivas propostas nas sesións diarias de psicomotricidade están orientadas ao traballo holístico dos discentes e non só ao aspecto orgánico; senón tamén temos en conta o ámbito cognitivo, emocional e social. Traballamos as habilidades motrices básicas como: andar, saltar, desplazarse, xiros, lanzamentos, recepcións e reptacións ademais da coordinación, equilibrios, reflexos, lateralidade, control respiratorio, ritmo e control dos movementos e condutas perceptivo- motrices con implementos e sin eles. Que ben traballamos e canto aprendemos!
( categories: )
MEMORY DE MULLERES DEPORTISTASPara conmemorar o día internacional da muller, o 8 de marzo, dende a área de Educación Física levamos a cabo o xogo "memory de mulleres deportistas" Por unha banda, reflexionamos sobre a figura das mulleres deportistas na actualidade, coñecimos deportes minoritarios, investigamos nomes dalgunhas das deportistas españolas máis destacadas nas distintas disciplinas deportivas... etc E por outra banda, traballamos aptitudes físicas como a velocidade, e cognitivas como a atención e memorización. Físicas: porque o xogo consistía en facer parellas coas cartas o máis rápidamente posible e cognitivas xa que había que prestar moita atención ás cartas que se ían descubrindo para intentar aparellala coa súa semellante. Canto aprendimos xogando e divertíndonos!
( categories: )
|