Marzo 2023Seguimos aprendendo no MUSEEste curso 2022-2023 seguimos no programa MUSE coa artista Xus, dando continuidade a todo o aprendido o curso pasado e profundizando nos novos coñecementos: respiracións conscientes, meditación, progresión na capacidade pulmonar, as 12 asanas do saúdo ao sol... etc. Velaquí algunhas imaxes que amosan os progresos e as actividades propostas.
( categories: )
Memory de mulleres deportistasO 8 de marzo, día da muller, conmemorámolo realizando un memory de mulleres deportistas. Con esta proposta de actividade, encadrada dentro do Plan de Vida Activo e Deportivo, permitiulles coñecer figuras femeninas relevantes de deportes pouco coñecidos, así como achegarse á gran diversidade de deportes existentes tales como: natación sincronizada, motociclismo, boxeo, augas bravas, taekwondo, rugby...etc Deste xeito pretendemos manternos activos mediante o movemento e a actividade física, debían de emparellar as tarxetas realizando unha carreira, e reflexionar sobre a pouca difusión e coñecemento do xénero feminino no ámbito deportivo.
( categories: )
|