EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP
(Actividades do 23 ao 30 de abril)
Esta semana imos aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións.
Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo. Sígueme!
Agora xa estamos preparados para aprender os pasos:
1º paso: https://youtu.be/7wliLhkPcZM
2º paso: https://youtu.be/HCAh7OKcpoE (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/UZfqGIaDsnQ )
3º paso: https://youtu.be/nCK5zaacyIM (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/vNlSIJTOqa8 )
Cando che saian ben os pasos envíame un vídeo con cada un. Usade o meu correo electrónico (se aínda non o tedes pedídello á titora. Quen teña o meu teléfono pode enviarmo por wathsapp).
Para terminar estiramos un pouco:
Saúdos, saúde e móvete moito!
Carmen.