EDUCACIÓN FÍSICA _ MUIÑEIRA HIP HOP

(Actividades do 23 ao 30 de abril)

 

Esta semana imos aprender varios pasos para crear a “muiñeira hip hop” que estabamos a inventar na clase. Facédeo o mellor que poidades e enviádeme de volta os vídeos cos pasos que vos pido para facer unha montaxe coas vosas aportacións.

 

Para empezar comezamos quecendo un pouco todo o corpo. Sígueme!

https://youtu.be/GnImsMSsxXI

 

 

Agora xa estamos preparados para aprender os pasos:

1º paso:  https://youtu.be/7wliLhkPcZM

2º paso: https://youtu.be/HCAh7OKcpoE  (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/UZfqGIaDsnQ )

3º paso: https://youtu.be/nCK5zaacyIM  (se o precisas podes aprendelo máis amodo seguindo este vídeo: https://youtu.be/vNlSIJTOqa8 )

 

Cando che saian ben os pasos envíame un vídeo con cada un. Usade o meu correo electrónico (se aínda non o tedes pedídello á titora. Quen teña o meu teléfono pode enviarmo por wathsapp).

 

Para terminar estiramos un pouco:

https://youtu.be/oEnaCyGf_4s

 

 

Saúdos, saúde e móvete moito!

Carmen.

Tags: EU FICO NA CASA, Presentación, VIDA ACTIVA, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, Educación física