Este venres, 15 de novembro, por fin, celebramos o tan esperado Cros. Tivo que aprazarse en dúas ocasións no mes de outubro polas condicións meteorolóxicas e, como non podían ser de outra forma, aínda que as previsións eran boas, tamén nos choveu un pouquiño. A pesares disto, pasámolo en grande!
Tivemos varios diplomas e mesmo unha medalla pero o máis importante de todo foi todo o que conleva a preparación da carreira: o esforzo, a perseverancia, a superación e o compañeirismo.
Con traballo, dedicación e un obxectivo claro podemos chegar a onde queiramos e o cros é tamén unha forma de entender esta aprendizaxe tan importante na vida. Noraboa rapaces/as!!!