Os alumnos e alumnas de 5º e 6º temos a sorte de participar nun taller (de catro
sesións ) impartido por Lara Fuentes e Kim Llobet sobre a educación en igualdade,
valor amplamente relacionado co noso proxecto " EN FEMININO".
Traballamos dende o reparto de tarefas no fogar,ata as diferencias entre os homes e
as mulleres na sociedade.