Ola. Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras, NADAL 2019.
Liatantoscontos
No arquivo adxunto podedes escoitar LITTLE RED RIDING HOOD gravado na Radio Escolar polo alumnado de 2º de Primaria coa Teacher María.
Aquí vos deixamos os primeiros traballos dos nenos e nenas de Infantil do Cabada Vázquez na Radio Escolar co seu proxecto sobre as abellas.
Podedes escoitalos premendo sobre os arquivos, escaneando o codigo QR ou non seguintes enlaces:
https://www.ivoox.com/podcast-cabada-vazquez-proxecto-abellas-infantil_sq_f1722449_1.html
https://www.ivoox.com/cabada-v%C3%A1zquez-abellas_sb.html?sb=cabada+v%C3%A1zquez+abellas
Esperamos que vos gusten.
O curso remata e como todos as anos aquí vos deixo unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS para o VERÁN.
BO VERÁN!
Liatantoscontos.
O pasado 17 outubro, tivemos unha actividade na que Mari Carmen Matalobos e Carlos Barruso nos presentaron ao alumnado e profesorado do centro o seu patentado Método de estimulación cerebral "BarruMat". O método busca conxugar o exercicio físico, a cromoloxía e a música para activar as funcións motoras e sensoriais acompañado do son, en directo, do saxo de Carlos Barruso.
Fixéronnos unha pequena demostración dos diferentes exercicios que levan a cabo acompañados dunha breve explicación do que se traballa en cada un deles.
Dende o centro queremos expresar o noso agredecemento pola implicación mostrada por eles en todo momento así como pola súa desinteresada colaboración.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |