XUNTAS POLA PAZ: DE MALALA A GRETA

Para a celebración do Día da Paz o centro organizou unha actividade onde participou todo o alumnado. Cada nenx elaboraba a súa propia peza de puzzle que foi encaixando con outras de forma que a unión das distintas partes representa a unión necesaria para dar sentido a este día.

 

 

Para decorar as pezas do puzzle propóñense distintas lecturas ao longo desta semana que fomentan a non violencia como “Imagine” ou “O segredo de Flora”. Dende “Falemos delas” achegamos outra lectura como “O lapis máxico de Malala”. Onde damos a coñecer a historia de Malala Yousafzai e o seu activismo, ademais foi premiada co premio Nobel da Paz. 

 

 

 

 

 

 

Enlazando con esto último, falamos de Greta Thunberg nominada xa dúas veces aos mesmos premios. Debatíamos sobre o seu recoñecemento, sobre a súa aportación, comentamos os dous casos. Facemos así, unha achega de dúas aportacións femininas que loitan por un mundo mellor dende diferentes perspectivas: Malala e Greta.

 

Ademais centramos a atención na necesidade de “protesta” e “manifestación” nos tempos que vivimos para poder conseguir máis dereitos. Desta forma, elaboramos coa imaxe de Greta distintas pancartas con mensaxes pacíficos.

 

 

 

 

 

 

Outras actividades coa imaxe de Greta coloreada ao estilo de arte pop.

 

 

 

Tamén afondando no pensamento ecoloxista de Greta, tratamos de construír instrumentos musicais empregando materiais de reciclaxe.

 

Para todas estas actividades empregamos distintos recursos que a parte de axudarnos para a elaboración das mesmas, xeraron nas aulas importantes debates transcendentais.

 

Vídeos:

 

https://www.youtube.com/watch?v=8SXPoGhGoX8

https://www.youtube.com/watch?v=wVWDTcTTIrs

 

Libros:

 

 

MULLERES DENTRO DO CURRÍCULO! Apoiando a iniciativa de Miriam Varela.

Boas familias!

Apoiando o  recoñecemento  das mulleres en moitos dos eidos que foron ignoradas ao longo dos tempos coñecimos no mes de decembro a loita de Miriam Varela.

Esta rapaza ferrolá, historiadora de arte que puxo en marcha unha campaña que trata de incluír artistas femininas na formación de Arte en Bacharelato logo de comprobar que non existe ningunha muller no currículo  desas materias. 

Deste xeito o noso alumnado pediu a colaboración asinando no seguinte enlace:

 

https://www.change.org/p/ministerio-de-educación-cultura-y-deportes-por-la-inclusión-de-mujeres-artistas-en-el-curr%C3%ADculo-educativo?recruiter=21940511&recruited_by_id=19c940b0-9579-0130-f86b-00221964dac8

Para iso, e difundir a mensaxe elaboramos distintos carteis promocionando esta proposta. Despois eliximos un, que foi o elixido para subir a nosa páxina web e aulas virtuais.

Aquí o cartel elixido:

Para finalizar traballamos coas seguintes lecturas que poñen en valor as dificultades que aparecen nas nenas para poder elixir libremente o que queiran ser polas "pedras" que teñen que soportar. 

 

NADAL ENTRE MULLERES CON JUDIT CHICAGO

Dende logo este Nadal foi especial, as celebracións e comidas aos que estamos acostumados non resultaron igual. De aí, naceu a idea de traballar o Nadal coa obra artística de Judit Chicago: A cea. 

Nesta obra a artista escenifica unha gran mesa en forma de triángulo (símbolo de igualdade e feminismo), onde invita a unha serie de mulleres refentes para ela ás que lles dedicará un cuberto caracterizado. 

Tendo en conta toda esta aportación propoñemos ao alumnado crear un árbore de Nadal xuntando distintos triángulos decorados. Nalgúns cursos xorde a idea de dedicarlle a representación a mulleres galegas, noutros cada nenx dedica o seu triángulo á unha muller coa que lle gustaría “invitar a cear”, decorando ao triángulo pensando nelas, e seguindo así os pasos de Judit Chicago. Tamén noutros casos quixemos, aproveitando a ocasión, agradecer a estas mulleres a súa labor enviando correos electrónicos e onde aproveitamos para felicitar as festas. 

Deixamos aquí unha mostra dos seus traballos incidindo na forma triangular como símbolo feminino.

VAI POR ELAS! 25N

 

Falar de violencia de xénero nas aulas non é algo sinxelo. Nesta ocasión, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega,  e baixo a coordinación da profe de música nace a idea da creación dun paraugas pola igualdade onde o  alumnado de cada clase intercambiou unhas pingas positivas por unhas pingas negativas que aluden a violencia de xénero. Cada clase traballou distintas emocións e sentimentos empregando distintos materiais e libros como “O labirinto do alma” de Anna Llenas ou “Emocionario” de Rafael R Valcarcel y Cristina Nuñez Pereira para poder achegarnos as distintas emocións que implica.

Para finalmente poder escenificar nun vídeo a nosa aportación á loita. 

Podedes ver: https://drive.google.com/file/d/1koehlIbAwKrRuM5yfwHpn3mO85vVVkc4/view

Tamén para este día elaboramos un corazón mesturando co símbolo feminino que levamos como broche pensando en todas esas mulleres que sufriron actos machistas, así como cubrimos a nosa máscara cunha simbólica feita co papel violeta.

Ao longo desta semana tamén realizamos lecturas pensando neste día como: “Pénelope en el mar” de Gema Sirvent ou “Yo voy conmigo” de Raquel Díaz Reguera onde rematamos coa elaboración duns paxaros de papel que simbolizan as ideas e os pensamentos dunha muller libre os que nunca debe renunciar. 

 

Así fixemos paxaros de papel: 

 

 

Dende o Quiroga vai por elas!

 

GUADALUPE HERNÁNDEZ. A primeira protagonista!

Boas comunidade!

O noso centro comezou un novo curso con novos propósitos pese as dificultades dos momentos que estamos a vivir. Así pois iniciamos un camiño da man de Donas de si, un Plan Proxecta que pon en valor o papel das mulleres tanto na sociedade actual como ao longo dos tempos, traballando co alumnado en novas actitudes dende unha metodoloxía coeducativa, e loitando contra estereotipos e micromachismos.

Inauguramos a nosa proposta para este Plan Proxecta con “Falamos delas” onde as mulleres serán parte indispensable de novas actividades que iremos plantexando,

Deste xeito comezamos investigando sobre unha muller e o fixemos en forma de adiviña, dando unha serie de datos como que está presente na vida de todos nós cada día, xa que inventou algo que empregamos continuamente, incluso damos o seu nome: Guadalupe Hernández. Deste modo cada clase inicia un proceso de investigación de distintos modos tanto de forma individual en colaboración coa familia ou en grupo na clase. Despois deste proceso descubrimos que esta muller da que estamos a falar é a inventora do xel hidralcohólico co que nos desinfectamos as mans continuamente. Descubrimos tamén datos moi interesantes que nos chamaron a atención como que está desaparecida, que creou este invento pensando na poboación que non contaba coas condicións hixiénicas necesarias pola escaseza de auga, que inventou o xel aos catorce anos… 

Tamén creamos traballos a parte da súa figura, aproveitando que o mes de novembro era o mes da Ciencia.

Para rematar propuxemos en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega  un pequeno experimento onde escribimos con selos distintas palabras en galego na primeira hora da mañá observando como a tinta desaparecía a medida que íamos empregando o xel ao longo do día.

Desta maneira iniciamos Falamos delas no Quiroga, cunha muller que inventou unha das cousas máis necesarias nesta etapa da nosa vida. 

Moi atentxs! Pois seguiremos compartindo por aquí todas as actividades que realizamos!

 

MANDADIÑOS CON MARUJA MALLO

Resultado de imaxes para: MARUJA MALLO

 

Estimadas familias.

 

O proxecto Donas de si que estamos a desenvolver xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega propón celebrar un Entroido diferente para conmemorando tamén a vida e obra  dunha das pintoras máis representativas da terra: Maruja Mallo.

 

Desde xeito, a partir do próximo luns comezarán os "Mandadiños con Maruja", onde propoñemos as seguintes ordes sempre voluntarias e cumprindo as normas de hixiene obrigadas pola situación da pandemia (polo que a nosa máscara de protección sempre estará presente e en boas condicións)

 

LUNS:

 

"PINTADAS  AS  UÑAS  PODRÁS  LEVAR  E  O  MILLO  VERÁS  MEDRAR”  

(SORPRESA DO MILLO)

 

MARTES:

“UNHA  FLOR  PARA  ADORNAR  NUNCA  VAI  SOBRAR"

(NATUREZA VIVA)

 

MÉRCORES:

“BUSCA  QUE  LEVAR  PARA  PODER  ALEGRAR”

(A VERBENA)

 

XOVES:

“O  SOMBREIRO  TRAIRÁS  PARA  PODER  DEIXAR”

(AS SENSOMBREIRO)

 

VENRES:

“LIBRE  SERÁS  E  A  MÁSCARA  LEVARÁS”

 


Esperamos poder contar coa vosa colaboración!

Lembrade que os mandados tratan de empregar materiais próximos sen necesidade de mercar e tratando de reciclar!

Moitas grazas :)

 

Aviso AXUDAS DO CONCELLO DE LUGO vales das axudas de material escolar para educacióninfantil

08/01/2021

AXUDAS DO CONCELLO DE LUGO.

Aberto o prazo de exposición de listaxes e recollida dos vales das axudas de material escolar para educación infantil do 11 ao 22 de xaneiro

Exposición de listaxes: https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios ou oficina educación

Lugar recollida: Oficinas da Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra, r/ Quiroga Ballesteros)

Horario: de 9 a 14h

A causa da situación sanitaria as/os solicitantes co primeiro apelido comece por unha letra do A ao L recollerán ovale en días impares (11, 13, 15, 19 ou 21) e os do M ao Z os pares (12, 14, 18, 20 ou 22).

 

Documentación precisa:

-Certificado escolar onde conste identificación da/o nena/o así como o centro e o curso.

-No caso de non recoller o vale o propio solicitante, deberá acompañarse dunha autorización deste e copia do dni.

ABERTO O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

CENTROS ADSCRITOS / DE ADSCRICIÓN

O CEIP QUIROGA BALLESTEROS PARA CURSAR A E.S.O ( SECUNDARIA) ESTÁ ADSCRITO AO IES XOAN MONTES

Dirección: Rúa Montevideo, s/n, 27001 Lugo. Teléfono:982 87 04 07

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/

 

 

CANDO FACELO:                                             

FASES/CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA (prazo PECHADO)

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos: Alumnado que continúa no IES Xoán Montes)

  1. Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 11 de xaneiro-8 de febreiro, ambos os dous incluídos.
  2. Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.
  3. Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN (prazo  pechado) DEBIDO A QUE SE PRESENTARON MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS DISPOÑIBLES PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL É PRECISO BAREMAR TODAS AS SOLICITUDES.

Todas as familias que deben aportar documentación para o baremo, foron contactadas por vía telefónica. Se a vostede non a chamaron, non debe facer nada máis. As solicitudes presentadas para os cursos distintos a 4º de EI contan con praza.

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos: Alumnado que continuará estudos nun centro distinto ao IES Xoán Montes) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro)(Alumnado que entra por primeira vez en 4º de educación infantil) (alumnado que cambia de centro)

  1. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B, pode descargalo na zona de anexos, abaixo) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-22 de marzo.
  2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.
  3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  4. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  6. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA (prazo non aberto)

  1. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
  2. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  3. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

Do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ambos incluídos, reserva de praza no centro de orixe. Entrega Anexo I (centros adscritos).

Na última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo, sorteo letras desempate:
As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

* Antes do 1 de marzo o centro fará público o criterio complementario e a forma de acreditalo.

* Antes do 1 de marzo oferta de prazas por parte dos centros.

Do 1 ata o 22 de marzo, ambos incluídos: entrega solicitudes, Anexo II, no centro elixido en primeiro lugar.

Do 25 de marzo ata o 9 de abril, ambos incluídos, entrega da documentación xustificativa dos méritos alegados, cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta.

Antes do 25 de abril, publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

* Presentación de reclamacións ás listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Antes do 15 de maio, publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

XUñO

  L   M    M   X   V    S    D

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

 

 

 

 

 

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño. Pode descargar o formulario e a documentación necesaria no arquivo DOCUMENTOS DE MATRICULA21_22.pdf que aparece máis abaixo na zona de ficheiros anexos.

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/

 

 

QUEN E COMO FACELO:                                                    

FASES/SOLICITUDES DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (11 xaneiro-8 de febreiro) (prazo PECHADO)

  • Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).
  • Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:
  1. Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).
  2. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

  • A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se a/o alumna/o resultase admitida/o, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
  • A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición até o día 28 de febreiro de 2021).
  • A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade. Aqui poden consultarse as listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido no IES XOÁN MONTEShttp://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/node/1054

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-22 de marzo)* (prazo pechado)

*Ampliado o prazo por non ser lectivo o día 20 de marzo.

  1. Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).
  2. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  3. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

  1. Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.

  1. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :
  1. Recollendo o formulario Anexo II (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
  2. Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

  1. e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
  2. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Coa solicitude de admisión hai que presentar a seguinte documentación:

  • Documento que acredite a idade do/da alumno/alumna: DNI ou Libro de Familia (copia e orixinal para o cotexo).
  • O alumnado que xa está escolarizado no momento da solicitude terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.
  • No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai d@ alumn@.

 

No caso de que as solicitudes de admisión presentadas sexa superior ao de prazas ofertadas o centro procederá á baremación do criterios alegados nas solicitudes.(ver os prazos no calendario anterior)DEBIDO A QUE SE PRESENTARON MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS DISPOÑIBLES PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL É PRECISO BAREMAR TODAS AS SOLICITUDES.

Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados na solicitude da admisión para o baremo, se é o caso:

  • 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • No caso de non presentar a documentación xustificativa do criterio alegado o baremo será cero.
  • Hai que presentar copias e orixinais para o cotexo

Todas as familias que deben aportar documentación para o baremo, foron contactadas por vía telefónica. Se a vostede non a chamaron, non debe facer nada máis. As solicitudes presentadas para os cursos distintos a 4º de EI contan con praza.

 

 A TER EN CONTA NO BAREMO:

Criterio complementario do centro: Solicitar exclusivamente centros públicos por parte das nais/pais/responsables da/do alumna/o.

Forma de acreditar o criterio complementario: De oficio polo propio centro, sendo a documentación acreditativa a solicitude de admisión, anexo II,  da orde.  (Obxecto de solicitude).

Pode consultar as INDICACIÓNS PARA CUBRIR ANEXO II.pdf que aparece máis abaixo, na zona de ficheiros adxuntos.


 3ª FASE: MATRICULACIÓN  20 de xuño a 30 de xuño      

Todas aquelas que figuren nas listaxes definitivas de persoas admitidas deben matricularse no centro educativo entre o 20 e o 30 de xuño, recollendo a documentación na secretaría ou descargando dende esta mesma páxina e entregando a documentación no centro educativo.

Pode descargar os documentos de matrícula nos documentos anexos, para o que debe facer click no título deste artigo e así desplegar toda a información.

 

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.(DOG 1 de febreiro de 2017)

Ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzode 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html

RESOLUCIÓN DE 25 DE FEBREIRO DE 2021,DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS ERECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE FAIPÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO AOQUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 29 DAORDE DO 12 DE MARZO DE 2013

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2021.pdf

NOTA: Art.18 da Orde do 12 de marzo de 2013: “Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alumnado, CANDO O ÚLTIMO DÍA DO PRAZO NON SEXA LECTIVO, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte”.

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

 (PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO ou no seguinte enlace)

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 O centro NON conta con COMEDOR nin TRANSPORTE ESCOLAR

POSTOS OFERTADOS A 01/02/2021

 Postos escolares ofertados (aprobados pola Comisión de Escolarización de Lugo) O numero de prazas pode variar en función das baixas, altas ou traslados.

Curso

Vacantes

4º EI

*14

5º EI

4

6º EI

0

1º EP

*3

2º EP

4

3º EP

3

4º EP

3

5º EP

0

6º EP

1

 *Destes RESERVARANSE dous postos escolares en 4º E. Infantil e 2 postos en 1º E. Primaria para ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO.

 

ENLACES Á INFORMACIÓN E DOCUMENTOS

Aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Enlace á información do procedemento de admisión da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Enlace á sede eletrónica

Mapas de escolarización da zona de Lugo

Curtametraxe: O PAPÓN

Curtametraxe: O PAPÓN

 

Xa está aquí! A espera mereceu moito a pena! Lembrades que no curso pasado o alumnado que estaba en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou no proxecta Nós tamén creamos! e comezaron a gravar a súa propia curtametraxe do conto O Papón? Pois xa o temos aquí! Agardamos que vos guste e disfrutedes un montón ca curta!

 

* para poder visualizar a curta, pinchade sobre a imaxe ou na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1kISK3olgBLikLi2rs-RYaLv92uZo-BoK/view?usp=sharing

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer