Hotel de insectos.

Colocamos no cole un hotel de insectos  gracias a Catuxa, nai de 2 alumnas do centro. Tamén nos explicou distintas curiosidades do mundo destes pequeniños animais .

Gracias por todo!!  Aos nenos e nenas gustoulles moito  esta actividade.

 

Álbum: HOTEL DE INSECTOS -> Hotel de Insectos. Novembro2021

PROCEDEMNTO DE REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería no curso 2021/2022

ORDE DO 28 DE OUTUBRO DE 2021.

Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

1. Alumnado que no curso 2021/2022 estude en Educación Primaria e fose beneficiario da axuda de material escolar (obtivo cheque de 50 €).Neste caso o alumnado está exento de presentar a solicitude e concédenselle as máscaras de xeito automático.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a)Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. O exercicio fiscal para calcular a renda per cápita será o do 2018 segundo o artigo 3 da orde.

b)Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

 

Presentación de solicitudes

Data presentación

O prazo de presentación será de 10 días hábiles, do 15 ao 26 de novembro, ambos incluídos.

Quen ten que presentar a solicitude?

  • Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

Solicitude

A solicitude será única para todos as fillas ou fillos, e de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente neste curso escolar.

As solicitudes deberán presentarse no centro docente onde estea matriculado o alumnado descargando e empregando o formulario normalizado ANEXO I:

  • Descargando o ANEXO I e ANEXO II que podes atopar debaixo deste texto.

  • Dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Podes atopar o enlace debaixo deste texto.

Documentación

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumnado e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certifica-do dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e)Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA

ENLACE Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

 

Samaín e Halloween

Así de terrorífico e divertido foi a celebración nos últimos días do Samaín e Halloween no noso cole, que rematou cunha festa o venres 29 de outubro...

 

                                                 

                                                                           

Plan director

O pasado venres 29/10/2021 o alumnado de 5º e 6º de primaria, recibiu, gracias ao Plan Director, unha charla sobre o Acoso Escolar da man da Policía Nacional de Lugo . 

ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

11 DE OUTUBRO.

 

Bo día familias!!

 

O vindeiro luns día 11 de outubro NON HAI CLASE,  é o día do ENSINO. Retomamos as actividades lectivas o mércores 13/10/2021.

 

BOA PONTE!!

 

FELIZ SAN FROILÁN.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer