Mobilidade sostible e segura
Tarefas para a estadía no fogar
Aquí estamos de novo con quince días máis para pensar e traballar.
Sodes máquinas de argallar. Asique , na escola aprendisteis a facer barcos, avions... coches de cartón.... con tanto tempo seguro que sodes capaces de moito máis.
A volta quixera organizar unha exposicion de medios de locomoción.
Sabedes que éstes evolucionaron ó longo da historia, comezaron utilizando animais, logo inventouse a roda, despóis os distinros motores e agora.... tócavos a vos. Podedes reproducir uns destes medios de locomocion con material de refugallo, facelo de modo que o poidades usar como o que fixo Aixa no entroido ou inventar o transporte do futuro. Non saiades da casa, abonda un pedaciño de papel , unha caixa de carton, un pau dunha escoba e miles de obxectos que temos no fogar. Animo rapaces imos argallar.
Mandade as fotos ó correo da escola,no asunto poñede FOTO MOBILIDADE e así saberemos que se trata dun correo con prioridade.
Do mesmo xeito agardo a foto das vosas sinais. Saúdos.
Estádelo facendo xenial, temos moita sorte de ter uns futuros adultos respetuosos co medio ambiente, coa sociedade e coa saúde . Unha aperta virtual que mui pronto será na escola.
Deseño de sinais.
Dada esta situación, insólita e de risco, o Goberno tomou numerosas medidas que afectan á mobilidade, tanto de transportes como de personas.
- Como xa vos falara na escola, podedes recortar ou facer fotografías e gardar enlaces que falen sobre esta situación. Á volta falaremos de todo o que recollades.
Sodes as e os mellores do mundo, os adultos do futuro, uns e unhas expertos e unhas expertas en mobilidade segura.
QUEDADE NA CASA.
- Anímovos a deseñar e colgar unha sinal nas vosas fiestras que reflexe as normas a cumplir estes días.
Gracias. Ánimo. Boa Primavera a todos e a todas. Todo irá ben!