Nós tamén creamos!
Curtametraxe: O PAPÓN
Xa está aquí! A espera mereceu moito a pena! Lembrades que no curso pasado o alumnado que estaba en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou no proxecta Nós tamén creamos! e comezaron a gravar a súa propia curtametraxe do conto O Papón? Pois xa o temos aquí! Agardamos que vos guste e disfrutedes un montón ca curta!
* para poder visualizar a curta, pinchade sobre a imaxe ou na seguinte ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1kISK3olgBLikLi2rs-RYaLv92uZo-BoK/view?usp=sharing
Gravando!
Bos días,
como xa sabedes, antes de decretase o estado de alarma e quedaran suspendidas as actividades lectivas nos centros educativos, estábamos comezando a grabar a curtametraxe do conto: "O Papón". E que tíñamos feito? Tiñamos gravado as voces dos nosos personaxes e a narración da historia. Neste aspecto, o único que faltaba era buscar a música máis apropiada para introducila na curta.
En canto a grabación das diferentes escenas, quedamos case no comezo...
Pero non pasa nada, mirade que ben o pasamos! Estamos feitos uns profesionais!
Nós tamén creamos: elaboración de escenarios e personaxes
Como xa recordaredes, este ano o noso alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participa no proxecta: Nós tamén creamos, elaborando unha curtametraxe de animación do conto "O PAPÓN. Antes de comezar a grabar a curta, o alumnado tivo que crear con diversos materiais os personaxes da historia, igual que montar os escenarios precisos para recrear o conto.
Aquí podedes ver unha pequena mostra do moito que traballaron para dar vida a esta fascinante historia.
O Papón
Este ano, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participa no programa Nós tamén creamos!, un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas.
No primeiro trimestre fixosenos entrega dun lote de álbums ilustrados en galego.
A partir dun destes álbums ilustrados teríamos que elaborar unha curtametraxe de animación en galego coa técnica stop motion. Levamos a cabo unha votación para a elección do conto, e a que non sabedes cal foi o elixido?
O PAPÓN