DONAS DE SI, FALEMOS DELAS . "Plan Proxecta 2020-2021"

OUTRAS ACTIVIDADES DE “FALEMOS DELAS” E DESPEDIDA

Ao longo deste curso deande o cole puxemos en valor a figura de moitas mullers, o seu traballo e repercusión. De forma paralela tamén, reflexionamos sobre a necesidade de educar en igualdade e de loitar polos mesmos dereitos.

Ademais de todas as actividades que realizamos e compartimos. Existen outras que xurdiron de improviso que non foron programadas con antelación, moitas delas naceron do propio alumnado.

Deste modo, durante a Semana da Prensa poñendo titulares a moitas das noticias dos xornais, elaboramos titulares para a noticia que contaba que o noso cartel estaba circulando pola cidade tras resultar gañador no concurso.

 

     

 

Tamén na mesma semana fíxemos con follas dos xornais uns sombreiros que acabamos expoÑendo en honra do movemento: “As sen sombreiro”, ao que pertencía Maruja Mallo.

 

 

De Maruja, ademais de dedicarlle o Entroido coñecíamos parte da súa obra e reproducimos algunhas das súas pezas artísticas nas sesións de Plástica. Conectando con outras mulleres pintoras como Georgia O keeffe, unha das mulleres cos cadros máis caros do mundo, que deu paso tamén a facer comparacións económicas entre os salarios dos homes e as mullere mulleres.

  

 

Por outra banda, tamén realizamos algunha actividade que non foi rematada pois aínda a día de hoxe non recibiu resposta. Tratase de que tanto o alumnado de 4º e 5º Primaria participou nunha iniciativa proposta polo Concello de Lugo que pretende visibilizar o papel transcendental de moitas mulleres da nosa contorna. Para iso, daba a oportunidade de lanzar preguntas a mulleres moi coñecidas de Lugo. As dúas clases lanzaron as preguntas e as enviaron por correo.

Agardando as respostas, deixamos aquí algunhas das enviadas:

 

Para Lara Mendez:

- Se non foras alcaldesa en que traballarías?

 

Para Carmen Lence:

- Cal foi o teu maior logro profesional?

 

Para Blanca Montenegro:

- É difícil ser presidenta do Progreso, sendo muller?

 

Para Mónica Álvarez:

- A que tipo de persoas con discapacidade axudas?

 

Para Verónica Marcos:

- Que é o máis interesante do teu traballo?

 

Para Dolores Fernández:

- Como chegaches a traballar en igualdade na Universidade?

 

Así foi pasando un curso, onde en cada oportunidade que tivemos tratamos de introducir o papel de moitas mulleres. En ocasións non traballamos con mulleres reais e atendíamos incluso aquelas que aparecían nos contos baixo estereotipos e micromachismos que tratamos de reformular para a crear novas historias nunha actividade para o Día do Libro.

Tratando de aprender de cada actividade e coa ilusión de que as cousas melloren, esperando que as pequenas do cole teñan un futuro mellor e medren sendo respectadas e co recoñecemento necesario. Con esa ilusión, adornamos a árbore da igualdade, debaixo da que agora medra un pequeno hortiño. Esperamos que o igual que este hortiño as nosas iniciativas den o seu froito.

 

 

 

VIDEO

(pincha na imaxe para visualizar o video)

 

 

Moitas grazas a todxs pola vosa colaboración!

ENTREVISTANDO ÁS NOSAS ANTÍAS!

Ao longo deste curso coñecímos a aportación de moitas mulleres en diferentes ámbitos. Un deles, foi o educativo, e para iso achegámonos a unha das mestras galegas que marcou un antes e un despois nuns tempos moi díficiles. Ela é Antia Cal. 

 

 

Aquí podedes ver unha entrevista dela que vimos na clase:

 

https://www.youtube.com/watch?v=JNdo6BslRys

 

Tras investigar un pouco da súa traxectoria e ver a ilusión coa que fala da súa profesión, o alumnado de 4 º de Educación Primaria pensou en preparar unha rolda de preguntas para dúas mestras que nuns días deixarán o colexio por motivo da súa xubilación. Elas son: a profe Pilar e a profe Helena. 

 

Dicimos, agora, despois de esta experiencia  como entrevistadorxs que elas son as nosas Antias, porque elas tamén son mulleres loitadoras que tras tantos anos traballando, e unha pandemia polo camiño, seguen amosando un gran amor polo seu traballo. 

 

Compartimos aquí algunhas das principais preguntas que lles fixemos. As respostas aparecerán na revista do cole en EXCLUSIVA!! 

 

Tratamos con isto, facer un pequeno homenaxe polo seu labor e como agradecemento de moitas das crianzas que lles axudaron a medrar. 

 

 

As preguntas foron: 

 

Canto tempo levas traballando como mestra?

 

Que é o que máis che gusta de ser mestra?

 

Se non foras mestra que serias?

 

Que aprendiches de ser mestra que antes non sabias?

 

Que recordo tes dos teus primeiros alumnos?

 

De toda a túa traxectoria, cal foi o teu mellor recordo como mestra?

 

Custouche moito sacrificio ser mestra?

 

A que te vas dedicar cando te xubiles?

 

Cres que é difícil esta profesión?      

 

Desexamos que sexan moi felices na nova etapa que van comezar!

 

Aquí coa profe Helena:

 

 

Aquí coa profe Pilar:


  

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

 

UN XUÑO CON ESCRITORAS GALEGAS!

Despois do mes de maio, onde dedicamos tempo a homenaxear a figura de Xela Arias. Chega xuño, e a proposta dende  “Falemos delas” é centrarnos  noutras mulleres galegas actuais (a maioría da provincia de Lugo) que teñan unha obra adaptada ao noso alumnado. 

 

Así, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega logramos realizar unha listaxe de estas donas que son parte importante da nosa cultura e que, ao igual que Xela, escriben en galego! 

 

Ao longo destas últimas semanas de curso e xa pensando no inicio do que ven, estarán moi presentes nas aulas.

 

Compartimos a nosa selección, e tamén animamos a que fagades algunha outra aportación!

 

LISTAXE:

 

TERESA MOURE   “Mamá, ti si que me entendes”.

FELISA REDONDO VALÍN  “Que lles pasa ás princesas?”

ANTÍA YÁÑEZ  “ A reconquista”.

HELENA VILLAR JANEIRO “Contos do sol e da lúa”.

MARICA CAMPO  “Abracadabra”.

Mª XOSÉ LAMAS “Cantigas para aprender a soñar”.

ADELA FIGUEROA “O rei Floresta”.

CONCHI REGUEIRO “Un marciano neste mundo”.

SABELA NÚÑEZ SINGALA “O agasallo de Anya”.

SABELA ÁLVAREZ NÚÑEZ “Adiviñas para xogar”.

ANXELA GRACIÁN “As voces de agua”.

MARÍA REIMÚNDEZ “Usha”

CRISTINA CORRAL SOILÁN “Os poemas do río”.

PEPA BARRIOS “Cando era tempo de inverno”.

CRISTINA SÁEZ CAZALLAS e ALMUDENA APARICIO “A casa máis animada do mundo”.

MARISA NÚÑEZ Y ANA EXPÓSITO “ O dente de Clara”

 

Xa están aquí os primeiros libros en chegar:

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano Xela Arias foi a escritora galega homenaxeada o 17 de maio. Para achegarlles ao alumnado a súaa figura, dende “Donas de si” presentamos dúas actividades: unha para o deseño dunha chapa co “X” e unha representación da súa vida con elementos simbólicos do seu percorrido. Ademais contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística, que aportou gran variedade de material para achegar ao alumnado a súa vida e obra.

 

Despois das actividades previas nas clases onde coñécemos datos sobre a figura Xela, pasamos a elaborar as seguintes actividades:

 

“DESEÑO DUNHA CHAPA CO X”

O “xe” a parte de ser a inicial do nome de Xela, forma un dos sons máis característicos da nosa lingua. Ademais de ser un símbolo inclusivo nas novas formas de escritura dende unha perspectiva de xénero. Algo que a súa vez vai moi unido a figura de Xela Arias.

Así pois cada nenx elaborou o seu “X” adicado a escritora. En Infantil cada alumnx elaborou a sú propia chapa. Mentres en Primaria elixiuse unha chapa representativa e ademais cada nenx levou a súa letra en pegatina. Os deseños foron moi orixinais e variados!

 

“REPRESENTACIÓN SIMBÓLICA DA SÚA VIDA”

A vida de Xela non foi moi longa pola súa morte temperá. Aínda así estivo marcado por multitude de acontecementos, e facetas artísticas que fan da escritora toda unha referente. Para representar a súa traxectoria, vida, obra así como facetas nas que máis destacou fixemos unha representación conxunta entre todas as clases do centro. Para iso, cada nivel plasmou unha etapa con debuxos, símbolos, pictogramas, palabras… atendendo aos distintos momentos:

 

4º EI: Nacemento – traslado a Lugo (1962-1965)

5º EI: Estancia en Lugo- traslado a Vigo (1965- 1969)

6º EI: Formación académica, primeiros escritos, premios… (1969- 1980)

1º EP: Traballo en Xerais, iniciación na poesía… (1980 -1986)

2º EP: Ingreso na Asociación de Escritores da Lingua Galega, tradución de obras… (1986-1987)

3º EP: Colaboración con Xulio Xil, casamento, faceta ecolóxica… (1988-1993)

4º EP: Nacemento do seu fillo, cambio de nome, faceta feminista… (1993- 1996)

5º EP: Retoma estudos, publicación “Darío a diario” e outras obras.. (1996- 1999)

6º EP: Traballo como profesora, último libro de poemas… (1999-2003)

 

Ademais de xeito individual cada clase elaborou outras actividades como caricaturas, lecturas, representacións…

 

Esperamos poder seguir dando luz a figuras femininas!

 

8M: PENSANDO NAS MULLERES DO MAÑÁ

Para celebrar o Día Internacional da Muller preparamos unha actividade en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Creamos unhas guirnaldas que semellan ser as raíces da árbore principal do noso centro. Así, cada clase elaborou unha cinta da que colgan distintos CDs adicados as nenas de cada clase. Pensando nelas e no seu futuro  escribimos desexos e mensaxes para elas.

O mesmo Día da Muller, cada clase baixou a prender a súa guirnalda na árbore, de forma que foron xuntando todas as guirnaldas semellando as raíces da igualdae. Pensando nun futuro mellor. Unha actividade na que participou activamente todo o persoal do centro e que foi todo un éxito.

Ademais agora cando o vento sopra os CDs bailan cas súas mensaxes, cando o sol quenta as mensaxes das nenas ilumínanse e se chove resisten sen caer. 

Grazas a todxs por participar! 

Tamén ao longo da semana realizamos diferentes traballos e limos libros como: "El niño que no quería ser azul. La niña que no quería ser rosa" tratando de loitar contra os estereotipos que rodean a figura da muller.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> 8M

24F: ELA FOI ROSALÍA.

En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega celebramos o Día de Rosalía. Para iso, cada clase elaborou e estampou na flor do toxo un adxectivo adicado a escritora, que presentamos a modo de xogo de "Aforcado".

Previamente o alumnado coñeceu o manifestó feminista da escritora “Lieders” que aínda que é doutros tempos pasados segue a ter conetacións moi actuais. Ademais cada clase traballou con poemas onde Rosalia fala das mulleres en diferentes facetas e situacións, que a escritora tratou de reivindicar. Para representar o contido destos poemas xs nenxs elaboraron distintos caligramas orixinais para homenaxear a nosa referente literaria.

Álbum: Curso 2020-2021 -> 24F ROSALIA

11F DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A CIENCIA CON GALEGAS!

Dende Falemos delas unimonos ao movemento “No more Matildas”, para dar forza o papel das mulleres na ciencia. 

Para iso tratamos de concienciar ao alumnado coa aportación de moitas mulleres neste eído.

Traballamos nas aulas con diferentes recursos tanto libros presentacións ou mesmos vídeos,  que podedes ver no seguinte link:

https://www.youtube.com/watch?v=Fx0ztzf-2V0

Con algúns libros como “Inventoras” coñecimos distintos inventos moi útiles que foron creados por mulleres. Para facelo de forma máis lúdica fumos lendo cada invento sen dicir de que se trataba para que o resto do alumnado adiviñará. Así coñecimos como detrás do xogo do “Monopoly”, da xeringa, ou do limpaparabrisas, entre outros,  existe unha muller.

Para rematar e facer a nosa aportación o alumnado de 4º elaborou un xogo tipo “quen é quen”, despois de facer exposicións cos seus traballos, para dar a coñecer o traballo de distintas mulleres galegas na ciencia tanto no pasado como no futuro.

Álbum: Curso 2020-2021 -> 14F NENA E MULLER NA CIENCIA

UN ENTROIDO CON MARUJA

Este Entroido coa pandemia non podemos desprendernos da máscara. Aínda así tratamos de celebrar estas festas dun modo diferente para adaptarnos aos tempos.

Indagando en artistas que traballaron as máscaras eliximos a Maruja Mallo para protagonizar os nosos  “Mandadiños”  e aproveitar para dar recoñecemento a artista lucense.

Demos a coñecer ao alumnado a súa traxectoria a través de libros e facendo búsquedas en internet, ao mesmo que con vídeos como o do enlace. 

https://www.youtube.com/watch?v=wPpFDFpJLJs

 

Así dende  “Donas de si” e en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixemos a seguinte proposta ao alumnado que participou orixinalmente cos seguintes mandadiños. Uns mandados que parten tanto da obra como da vida de Maruja e que ademais foron o enlace para dar sentido a outros valores relacionados coa igualdade traballados ao longo desa semana. 

Deste xeito programamos por días: 

 

  • Día 1 “Pintadas as uñas poderás levar e o millo verás medrar”

O alumnado trae pintadas as uñas ao colexio. Dando a coñecer a obra “Sorpresa do millo”, e relacionando ademais cos prexuízos aos que se enfrontan os nenos. Para o que empregamos a lectura: “Vivan las uñas de colores”.

  • Día 2  “Unha flor para adornar nunca vai sobrar”

O alumnado trae unha flor como adorno na vestimenta ou no pelo relacionando polo cadro de “Natureza viva con rosa”

  • Día 3 “Busca que levar para poder alegrar”

 A través da observación da obra “A verbena” elixiron un elemento decorativo ou chamativo para levar posto

  • Día 4 “O sombreiro traerás para poder deixar”

O alumnado trouxo un sombreiro feito con materiais de refugallo en honra ao movemento “As Sensombreiro” das que formou parte Maruja. Despois estos sombreiros quedaron expostos nalgunhas aulas como  homenaxe a artista.

  •  Día 5 “Libre serás e a máscara levarás”

Neste día o alumnado  disfrazouse ao seu gusto, a cambio levou do centro unha máscara realizada nos días previos partindo de parte da temática da obra da artista. 

 

E así rematamos o Entroido coñecendo a unha artista referente da que seguiremos investigando ao longo do curso!

Álbum: Curso 2020-2021 -> MARUJA MALLO

VACINA EN IGUALDADE PARA FACER CAMIÑO!

O alumnado de 4º EP resultou gañador do IV Concurso de Carteis para o Día Intenacional da Muller da Xunta de Galicia. Recibiron o segundo premio da primeira categoría.

 

Un traballo onde mesturaron a ilusión pola vacina coa necesidade de igualdade. Neste cartel participou todo o alumnado, tendo en conta que foi composto en diferentes partes, dende o fondo onde dispararon coa pintura violeta cada nex simulando vacinar en igualdade, despois crearon diferentes símbolos, o mesmo cos lemas e con outros detalles que foron combinados creando como produto final este cartel.

Para recoller o premio acudimos a Cidade da Cultura de Santiago con dous representantes da clase, xa que polas restriccións actuais non puidemos acudir todxs, pero o acto foi seguido con moito interés por todo o alumnado do centro.

Para finalizar con todo esta experiencia e poder difundir “Vacinando en Igualdade para facer camiño”, o veneres antes do 8 de Marzo cada nenx do centro levou un cartel coa misión de expoñelo nun lugar da nosa cidade. Deste xeito extendimos a nosa mensaxe por todos os recantos da nosa cidade e pola nosa parte difundimos tamén o apoio a todos esos establecementos que cren como nós nesta idea de igualdade tan necesaria. 

 

Compartimos con vós o vídeo  onde aparecen os carteis en diferentes entornos dende o hospital, librarías, tendas, cafeterías… ata camións!

 

Moitas grazas comunidade!

A nosa vacina xa está en marcha.

 

(PREMEDE na imaxe para VISUALIZAR O VIDEO)

 

GAÑADORES NO SEGUNDO PREMIO!

 Estimadas familias!

Compartimos unha boa nova!

O alumnado de 4º de Primaria resultou gañador do segundo premio na primeira categoría do IV Concurso de carteis para o 8M que organiza a Secretaria de Igualdade.

Parabéns!

Así mesmo, anímamos á comunidade a " vacinar en igualdade para facer camiño"!

Podedes ver aquí o cartel!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer