CARTA ÁS FAMILIAS

 

(premer na imaxe ou descargarde o arquivo adxunto)

 

Estimada familia:
Comunícolles que se confirmou un caso da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectouse 1 caso.
Se a vostede non o/a chamaron por teléfono na mañá do 05/02/2021, o seu fillo/filla non foi considerado/a contacto estreito.
 
O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas1 respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias.
Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.
Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento2 e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-193 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS4.
Reciban un cordial saúdo, o director.
 
2Illamento no domicilio de casos confirmados: https://www.sergas.es/Saude-publica/Illamento-domicilio?idioma=ga
3Condicións crónicas de saúde como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión ou hipertensión arterial.
4Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/

 

COMUNICADO DE INTERESE A TER EN CONTA SEGUNDO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 VERSIÓN 16-09-2020

Os datos de saúde son datos de protección especialmente sensible e non se poden trasladar a persoas alleas ás consideradas como contaxio confirmado con PCR ou contactos estreitos.

Toda aquela información que non figura na carta de información ás familias están baixo a protección de datos.

O centro educativo non determina quen é contacto estreito nin ditamina o peche parcial ou total dunha aula ou centro.

O centro educativo solo traslada información ás autoridades sanitarias por petición destas, seguindo todos os protocolos de privacidade e confidencialidade.

Tras a aparición dun caso confirmado da Covid 19 seguíranse as instrucións da Autoridade Sanitaria.

A Central de Seguimento de Contactos (CSC) é quen se encargará da vixilancia evolutiva das persoas identificadas como contactos.

Tal e como queda recollido no punto 8 do citado protocolo:

 

8. Escenarios no suposto dos gromos

8.1. A autoridade sanitaria, en función do número de contaxios, poderá ordenar a corentena dun grupo determinado de contactos estreitos do centro escolar, o peche dunha ou varias aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade de conformidade co previsto na ”Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos”, e co “Protocolo de actuación da Consellería de Sanidade en materia de Saúde Pública en relación con illamentos e corentenas para a prevención e control da infección por SARS-Co-V-2” publicada por Orde da Consellería de Sanidade no D.O.G. do 20 de agosto de 2020, cos seguintes supostos:

       

Tendo en conta que segundo o criterio epidemiolóxico considerase contacto estreito a calquera alumno, ou profesional do centro educativo, profesor ou outro traballador que compartise espazo co caso confirmado a unha distancia <2 metros ao redor do caso confirmado durante máis de 15 minutos sen utilizar a máscara os contactos serán determinados pola autoridade sanitaria segundo os protocolos vixentes en cada momento.

       

As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico confirmado (cunha obriga de illamento durante 10 días) deberán entran en corentena, estando corentenados nos seus domicilios e suspenderán mentres dure este a ensinanza presencial polo un período de 14 días. O restante alumnado da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula. Aos contactos estreitos realizaráselle unha proba de COVID nun prazo non superior a 48 horas para identificar ás persoas que teñan unha posible infección por COVID-19.

       

En función da intensidade e virulencia do gromo, así como do número de persoas e niveis educativos afectados a Autoridade Sanitaria poderá acordar a medida de corentena da totalidade das persoas que conforman unha aula, das que conforman un nivel educativo completo onde teña xurdido o gromo ou, de ser o caso, da totalidade das persoas que integran un centro educativo. A medida será proposta pola Autoridade Sanitaria dentro do Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia, previsto no punto 10.1 deste protocolo.

 

8.2. A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior confirmación é un suposto de declaración obrigatoria que implicará por parte da autoridade sanitaria a obriga de entrada en illamento de polo menos 10 días no caso da persoa enferma, e de entrada en corentena de 14 días a todas as persoas que teñan a consideración de contacto estreito de conformidade coas indicacións das autoridades sanitarias.

 

O equipo COVID.

 

Lugo, 24 de setembro de 2020.

PLANS DE ADAPTACIÓN ACOLLIDA E CONTINXENCIA PARA O NOSO CENTRO

Para descargar os :                                    

PROGRAMA DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2020-2021 V2

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 V4

PLAN DE CONTINXENCIA 2020-2021 V3

preme nas descargas que figuran como "ADXUNTO" a continuación

 

 

 

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

 

COMEZO DAS CLASES PRESENCIAIS.

Como o alumnado ten que adquirir novos hábitos que implican tanto o cambio da porta deacceso ao colexio como de ruta que debe seguir para chegar á súa aula, o que sumado ao alumnado que cambia de etapa e/ou curso,mestre/a e aula, fai necesario organizar dunxeito especial o primeiro día lectivo. Para evitar aglomeracións e confusións propias desa primeira xornada, flexibilizaremos os horarios, segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradualdo alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostdos con fondospúblicos na Comunidade Autónoma de Galicia,organizando as seguintes quendas:

 

  • Xoves 10 de setembro: soamente acudirán ao centro o alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil e o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.
  • Venres 11 de setembro: comezará o alumnado de 6º de Ed. Infantil e 4º, 5º e 6ºde Educación Primaria, asistindo ese día todo o alumnado ao centro.(incluídoo do xoves día 10)

 

 

HORARIO DE ENTRADA.

Debido á necesidade de realizar unha entrada/saída escalonada no centro, o alumnado entrará gardando a distancia de seguridade do seguinte modo:

 

 

REUNIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

En 4º e 5º de educación infantil realizaranse nas aulas de cada alumno/a cun asistente por familia e en grupos de 4/ persoas en función dos grupos colaborativos establecidos para o curso, dentro dos grupos estables de convivencia e en 6º de infantil, mediante convocatoria por vídeo conferencia do seguinte xeito:

 


Educación Primaria

As reunións iniciais das titorías coas familias de primaria terán lugar segundo o seguinte cadro, no AUDITORIO DO VELLO CÁRCERE. Asistirá unha persoa por alumno/a. Lembren ser PUNTUAIS.

Curso

Espazo

Asistentes

Grupo 1

1º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Venres 11 17:30 h

2º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Venres 11 19:00 h

3º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Venres 11 16:00 h

4º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Luns 14 16:00 h

5º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Luns 14 19:00 h

6º EP

Auditorio Vello Cárcere

1 por alumno/a

Luns 14 17:30 h

 

Dirección: Praza da Constitución, s/n, 27002 Lugo

Teléfono: 982 29 71 95

https://goo.gl/maps/ZXfYtrJWcrNJmYiq7

 

 

Estas reunións así como as de educación primaria, terán lugar baixo os mesmos parámetros de seguridade e no caso de reunións de máis de cinco familiares.

- Un único asistente por alumno/a.

- Separación entre cadeiras dun mínimo de 1,5m

- Obrigatorio o uso de máscara entre os asistentes.

- Entre reunións haberá entre 30’- 45’ de separación, tempo no que se ventilará o espazo e realizaranse labores de limpeza nas cadeiras empregadas e no resto do recinto.

 

 

Ao longo desta semana, publicaremos nesta web a versión revisable dos plans de adaptación, continxencia e acollida para o noso centro.

Por favor, todas aquelas persoas que non teñan instalado abalarmóbil no seu terminal móbil, procedan a inatalalo para recibir as comunicacións do centro e do/da titor/a.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

 

O equipo directivo.

Un saúdo

 

ENTREGA CHEQUE DE FONDO LIBROS E OS LIBROS DE PRÉSTAMO

As entregas de cheques de fondo libros pendentes así como os libros de préstamo ao alumnado efectuaranse o martes 8 de setembro, segundo o seguiente horario:

 

  • 1º e 2º de primaria: 10:00-11:00.
  • 3º primaria: 11:00-12:00.
  • 4º primaria: 12:00-13:00.
  • 6º primaria: 13:00-14:00.

 

O alumnado de 5º de primaria recibirá os ordenadores unha vez iniciado o curso.

Moitas grazas.

 

Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar do CONCELLO DE LUGO

As familias interesadas deberán presentar a solicitude até o 16 de setembro (prazo ampliado) no rexistro xeral do concello, doutra administración pública ou por vía telemática.

O novo prazo remata o día 16 de setembro, se publicará na páxina web do concello e no BOP dos próximos días.
Recordamos que a solicitude pode entregarse no rexistro do concello, pedindo cita no 010; por sede electrónica (lugo.gal) ou en calquera otro rexistro oficial; ou en correos.

Abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2020-2021.

Poderán optar a axudas individuais de 100€ a persoas que estean empadroadas en Lugo, para investir nas librerías do concello en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos.

 

REQUISITOS:

As axudas adxudicaranse aos solicitantes cuxa renda familiar non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere  0.80 veces o IPREM.

COMO E ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE:

Para realizar as solicitudes as persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a documentación requirida no rexistro do Concello, preferentemente por vía telemática, presencialmente no concello, solicitando cita previa no 010 ou noutras administracións até o 16 de setembro.

Máis información na web do Concello http://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-de-solicitude-das-axudas-para-libros-de-texto-e-material-escolar

Almorzos MADRUGADORES

A partir do curso 2020-2021 contaremos coa posibilidade de poñer en marcha o servizo de almorzos MADRUGADORES no noso centro educativo.

Este programa depende do Concello de Lugo que está a elaborar protocolos de actuación " seguindo as últimas indicacións dás autoridades sanitarias, que serán dinámicos e estarán sempre acorde ás últimas indicacións emitidas".

FORMULARIO.

Os que estean interesados nunha das prazas que se ofertan deberán cubrir a solicitude que se atopa na páxina web do Concello e entregala preferiblemente mediante o rexistro telemático ou de maneira presencial, pedindo cita previa no servizo de información municipal 010.

Fai click nos documentos adxuntos que aparecen na parte de abaixo para descargalos.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/2021

A continuación podedes consultar a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021 descargando a listaxe (por cursos) en arquivos adxuntos.

 

  • Educación infantil:

Actualmente non hai libros asignados. En función da evolución da situación actual provocada pola pandemia, valorarase ao comezo do curso, por parte do profesorado da etapa de ifnantil, a adquisición de libros.

 

  • 5º Educación Primaria:

O alumnado incorporarase ao programa Edixgal, traballando con libro dixital.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 20/21 PUBLICACIÓN PROVISIONAL E DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA

08/06/2020

Segundo a normativa vixente en relación á protección de datos, dende hoxe 8 de xuño poden consultar a información provisional relativa a ADMISIÓN de alumnado no centro educativo con cita previa ou na aplicación admisiónalumnado. O 18 de xuño sae publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido.

 

Todo o alumnado que non obtivo praza neste centro, obterá praza naquel centro que puxo como seguinte opción, sempre en función das vacantes existentes.

 

O seguinte proceso é o de MATRICULACIÓN de modo presencial do 1 ao 10 de xullo. Todo o alumnado admitido neste centro ten que formalizar o documento de matrícula e entregalo na secretaría, sempre con CITA PREVIA.

 

A partir do 19 de maio e até o 26 de xuño ambos incluídos as solicitudes de admisión que se realicen serán consideradas como fóra de prazo .A partir do 27 de xuño sería xa escolarización extraordinaria e necesariamente debe presentarse na Xefatura Territorial de Educación, non no centro educativo.

 

Facendo click no documento ANEXO poderán descargar os documentos de matrícula nesta mesma web, imprimilos e traelos cubertos ao centro xunto co resto de documentos que se detallan na primeira folla.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer