ABERTO O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

CENTROS ADSCRITOS / DE ADSCRICIÓN

O CEIP QUIROGA BALLESTEROS PARA CURSAR A E.S.O ( SECUNDARIA) ESTÁ ADSCRITO AO IES XOAN MONTES

Dirección: Rúa Montevideo, s/n, 27001 Lugo. Teléfono:982 87 04 07

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/

 

 

CANDO FACELO:                                             

FASES/CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA (prazo PECHADO)

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos: Alumnado que continúa no IES Xoán Montes)

  1. Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 11 de xaneiro-8 de febreiro, ambos os dous incluídos.
  2. Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: última semana de febreiro.
  3. Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN (prazo  pechado) DEBIDO A QUE SE PRESENTARON MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS DISPOÑIBLES PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL É PRECISO BAREMAR TODAS AS SOLICITUDES.

Todas as familias que deben aportar documentación para o baremo, foron contactadas por vía telefónica. Se a vostede non a chamaron, non debe facer nada máis. As solicitudes presentadas para os cursos distintos a 4º de EI contan con praza.

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos: Alumnado que continuará estudos nun centro distinto ao IES Xoán Montes) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro)(Alumnado que entra por primeira vez en 4º de educación infantil) (alumnado que cambia de centro)

  1. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B, pode descargalo na zona de anexos, abaixo) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-22 de marzo.
  2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.
  3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  4. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
  5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  6. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA (prazo non aberto)

  1. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
  2. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  3. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

Do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro, ambos incluídos, reserva de praza no centro de orixe. Entrega Anexo I (centros adscritos).

Na última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo, sorteo letras desempate:
As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".

* Antes do 1 de marzo o centro fará público o criterio complementario e a forma de acreditalo.

* Antes do 1 de marzo oferta de prazas por parte dos centros.

Do 1 ata o 22 de marzo, ambos incluídos: entrega solicitudes, Anexo II, no centro elixido en primeiro lugar.

Do 25 de marzo ata o 9 de abril, ambos incluídos, entrega da documentación xustificativa dos méritos alegados, cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta.

Antes do 25 de abril, publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

* Presentación de reclamacións ás listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Antes do 15 de maio, publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

XUñO

  L   M    M   X   V    S    D

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

 

 

 

 

 

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño. Pode descargar o formulario e a documentación necesaria no arquivo DOCUMENTOS DE MATRICULA21_22.pdf que aparece máis abaixo na zona de ficheiros anexos.

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/

 

 

QUEN E COMO FACELO:                                                    

FASES/SOLICITUDES DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (11 xaneiro-8 de febreiro) (prazo PECHADO)

  • Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).
  • Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:
  1. Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).
  2. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

  • A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se a/o alumna/o resultase admitida/o, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
  • A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición até o día 28 de febreiro de 2021).
  • A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade. Aqui poden consultarse as listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido no IES XOÁN MONTEShttp://www.edu.xunta.gal/centros/iesxoanmontes/node/1054

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-22 de marzo)* (prazo pechado)

*Ampliado o prazo por non ser lectivo o día 20 de marzo.

  1. Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).
  2. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  3. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

  1. Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.

  1. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :
  1. Recollendo o formulario Anexo II (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
  2. Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

  1. e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.
  2. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Coa solicitude de admisión hai que presentar a seguinte documentación:

  • Documento que acredite a idade do/da alumno/alumna: DNI ou Libro de Familia (copia e orixinal para o cotexo).
  • O alumnado que xa está escolarizado no momento da solicitude terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.
  • No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai d@ alumn@.

 

No caso de que as solicitudes de admisión presentadas sexa superior ao de prazas ofertadas o centro procederá á baremación do criterios alegados nas solicitudes.(ver os prazos no calendario anterior)DEBIDO A QUE SE PRESENTARON MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS DISPOÑIBLES PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL É PRECISO BAREMAR TODAS AS SOLICITUDES.

Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados na solicitude da admisión para o baremo, se é o caso:

  • 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • No caso de non presentar a documentación xustificativa do criterio alegado o baremo será cero.
  • Hai que presentar copias e orixinais para o cotexo

Todas as familias que deben aportar documentación para o baremo, foron contactadas por vía telefónica. Se a vostede non a chamaron, non debe facer nada máis. As solicitudes presentadas para os cursos distintos a 4º de EI contan con praza.

 

 A TER EN CONTA NO BAREMO:

Criterio complementario do centro: Solicitar exclusivamente centros públicos por parte das nais/pais/responsables da/do alumna/o.

Forma de acreditar o criterio complementario: De oficio polo propio centro, sendo a documentación acreditativa a solicitude de admisión, anexo II,  da orde.  (Obxecto de solicitude).

Pode consultar as INDICACIÓNS PARA CUBRIR ANEXO II.pdf que aparece máis abaixo, na zona de ficheiros adxuntos.


 3ª FASE: MATRICULACIÓN  20 de xuño a 30 de xuño      

Todas aquelas que figuren nas listaxes definitivas de persoas admitidas deben matricularse no centro educativo entre o 20 e o 30 de xuño, recollendo a documentación na secretaría ou descargando dende esta mesma páxina e entregando a documentación no centro educativo.

Pode descargar os documentos de matrícula nos documentos anexos, para o que debe facer click no título deste artigo e así desplegar toda a información.

 

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.(DOG 1 de febreiro de 2017)

Ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzode 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201222/AnuncioG0598-211220-0001_gl.html

RESOLUCIÓN DE 25 DE FEBREIRO DE 2021,DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS ERECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE FAIPÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO AOQUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 29 DAORDE DO 12 DE MARZO DE 2013

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2021.pdf

NOTA: Art.18 da Orde do 12 de marzo de 2013: “Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alumnado, CANDO O ÚLTIMO DÍA DO PRAZO NON SEXA LECTIVO, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte”.

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

 (PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO ou no seguinte enlace)

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30060

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 O centro NON conta con COMEDOR nin TRANSPORTE ESCOLAR

POSTOS OFERTADOS A 01/02/2021

 Postos escolares ofertados (aprobados pola Comisión de Escolarización de Lugo) O numero de prazas pode variar en función das baixas, altas ou traslados.

Curso

Vacantes

4º EI

*14

5º EI

4

6º EI

0

1º EP

*3

2º EP

4

3º EP

3

4º EP

3

5º EP

0

6º EP

1

 *Destes RESERVARANSE dous postos escolares en 4º E. Infantil e 2 postos en 1º E. Primaria para ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO.

 

ENLACES Á INFORMACIÓN E DOCUMENTOS

Aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Enlace á información do procedemento de admisión da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Enlace á sede eletrónica

Mapas de escolarización da zona de Lugo

Curtametraxe: O PAPÓN

Curtametraxe: O PAPÓN

 

Xa está aquí! A espera mereceu moito a pena! Lembrades que no curso pasado o alumnado que estaba en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou no proxecta Nós tamén creamos! e comezaron a gravar a súa propia curtametraxe do conto O Papón? Pois xa o temos aquí! Agardamos que vos guste e disfrutedes un montón ca curta!

 

* para poder visualizar a curta, pinchade sobre a imaxe ou na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1kISK3olgBLikLi2rs-RYaLv92uZo-BoK/view?usp=sharing

PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería no curso 2020/21

ORDE do 6 de novembro de 2020

 

Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Alumnado que no curso 2020/2021 estude en Educación Primaria e fose beneficiario da axuda de material escolar (obtivo cheque de 50 €). Neste caso o alumnado está exento de presentar a solicitude e concédenselle as máscaras de xeito automático.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. O exercicio fiscal para calcular a renda per cápita será o do 2018 segundo o artigo 3 da orde.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Presentación de solicitudes

Data presentación

O prazo de presentación será de 10 días hábiles dende a súa publicación no DOG o 13 de novembro de 2020. 16 ao 27 de novembro (ambos incluídos).

Quen ten que presentar a solicitude?

  • Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.
  • Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

 

Solicitude

A solicitude será única para todos as fillas ou fillos, e de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente neste curso escolar.

As solicitudes deberán presentarse no centro docente onde estea matriculado o/a alumno/a descargando e empregando o formulario normalizado ANEXO I:

  • Descargando o ANEXO I e ANEXO II que podes atopar debaixo deste texto.
  • Dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co código de procedemento ED330E.

 

Documentación

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os de-mais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certifica-do dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 No mesmo lote, serán entregadas 3 máscaras subministradas polo Concello de Lugo.

Co Outono chegou o Samaín!

Este ano celebramos de xeito diferente o Samaín, e non por iso, menos terrorífico!!

Noraboa polas vosas creacións, dan medoooo do chulas que están!!

Grazas por participar!

 

 

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

28/10/2020 18:28

 O Mércores, 28 de outubro de 2020 publicouse a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, cuxo obxecto é adiar a celebración das eleccións para a renovación de membros do consello escolar dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Polo tanto Adiase a celebración das eleccións para a renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar dos centros sostidos con fondos públicos.

OUTONO/SAMAÍN

23/10/2020

Estimadas familias, dadas as circunstancias que o protocolo covid obríganos a cumprir, este curso non haberá exposición de cabazas no colexio.

Propoñémosvos, de modo VOLUNTARIO que as fagades libremente cos vosos fillos e fillas, tamén valen manualidades, fotos... relacionadas co magosto, o outono, follas de árbores... antes do xoves 28 de outubro ao correo do cole: ceip.benigno.quiroga@edu.xunta.es. Logo publicarémolas na web do cole nunha exposición virtual, para que poidan ser vistas por toda a comunidade educativa e demais habitantes do planeta. Animádevos a participar!

Información Covid centros educativos non universitarios

 

Para acceder á paxina de sanidade con información para os centros educativos, premede sobre a imaxe ou sobre o seguinte enlace:

→ https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Información-Covid-centros-educativos

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO DE LUGO 20-21

26/10/2020 13:47
AVISO IMPORTANTE. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO
 
O Concello de Lugo prorroga o prazo de inscripción. Aínda que as fichas marcan o 16 como último día, poden solicitar as actividades nas que quedan prazas Baile moderno e Zumba!
 
As fichas para anotarse e o procedemento están en:
 
Agradecemos difusión.

 

Actividades extraescolares en centros públicos

 

Como todos os anos, a concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo presta o servizo de actividades extraescolares nos colexios públicos de infantil e primaria do concello.

 

Debido a situación provocada pola COVID 19 tomouse a decisión de levar a cabo as actividades extraescolares do Concello de Lugo da temporada 2020‐2021 de xeito telemático.

En principio e debido á demanda en cursos anteriores, a oferta de actividades está deseñada para Educación Primaria.

Se a situación cambiase ao longo do curso valoraríase a opción de volver á forma presencial avisando aos participantes de dito cambio e adoptando as medidas oportunas. O período de inscripción finaliza o vindeiro venres 16 de outubro, empezando as actividades o luns 19 do mesmo mes.

Entra na web do Concello de Lugo premendo neste enlace e sigue as indicacións

 

Para apuntarse deben descargar a SOLICITUDE Reenviar completada e firmada a extraescolares@serviplus.org . Poden escaneala ou facer unha foto có móbil.

 

AVISO IMPORTANTE

Lembrámoslles que os días 5 de outubro (festivo local) e 12 de outubro (festivo nacional) son días non lectivos e polo tanto non haberá clase.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer