Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR | Lista PROVISIONAL

En anexos pódese ver a lista provisional de solicitudes admitidas e non admitidas para a convocatoria da Consellería de Axudas para Material Escolar e Libros de Texto 2019/2020.

 

Contra esta resolución provisional cabe reclamación no propio centro durante dous días (8 e 9 de xullo). Publicarase LISTA DEFINITIVA O DÍA 10 DE XULLO DE 2019

 

ACLARACIÓNS IMPORTANTES

  • Non se recomenda comprar material escolar ata setembro, momento no que se formalizará a adscrición do profesorado (a asignación de mestra/e a cada titoría que se fará no primeiro claustro do curso 2019/2020)
  • Esta convocatoria é só para alumnado de Ed. Primaria. Avisaremos cando saia a convocatoria de axudas para material escolar de E. Infantil (previsiblemente outubro 2019)
  • 1º, 2º 3º de Ed. Primaria non usarán libros de texto do Fondo Libros, por iso a aplicación non lle asigna número de libros, e figuran nas listaxes anexas a esta publicación como "non solicita". De precisarse material funxible, serán as mestras asignadas en setembro as que o soliciten ás familias.
  • Os libros de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria serán entregados ao alumnado polas titoras/es de cada aula en setembro
  • Recoméndase recoller os vales para material escolar en setembro, no inicio do curso 2019/2020, cando as titoras/es entreguen ao alumnado a lista de necesidades. Se se perde ou estropea o cheque/vale, non se pode xerar outro novo.

MATRÍCULA | ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2019/2020

ADMISIÓN ALUMNADO

Curso 2019/2020 | FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Só para o alumnado que se matricula no centro por primeira vez

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo III-1 do Formulario ED550B (anexo nesta publicación)
  • Solicitude Transporte Escolar (anexo nesta publicación)
  • Enquisa do Idioma (anexo nesta publicación)
  • Fotocopias

DNI
Libro de Familia
Libro de Vacinación (se foi vacinado/a)
Tarxeta Sanitaria
3 Fotografías tamaño carné
 

PRAZO 

Do 20 ao 30 de xuño de 2019

 

HORARIO DE SECRETARÍA (a partir do 21 de xuño)

09h30 a 13h30

  

NORMATIVA

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013). Modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/2017)

III FESTA DA PRIMAVERA | Sábado, 25 de maio ás 17h00 - Praia Fluvial de Tapia

3ª Festa da Primavera

Sábado, 25 de maio de 2019 ás 17h00 na Praia Fluvial de Tapia. Obradoiros, xogos e unha grande tómbola con máis de 75 patrocinadores e 150 premios!

Moi agradecidos/as ás entidades, comercios e locais que colaboraron con nós!

Vémonos o sábado

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR - Curso 2019/2020 | Ata o 21 de xuño de 2019

Saiu publicada no DOG a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  matriculado en educación primaria, , educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/2020.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Atoparedes o modelo de solicitude no seguinte link

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

HORARIO DE SECRETARÍA

MAÑÁ

Luns, Martes, Mércores e Venres de 09h00 a 09h45 e de 13h15 a 14h00

Xoves de 13h15 a 14h00

 

TARDE

Luns de 16h30 a 18h30

Martes de 16h30 a 17h30

ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020 - Lista DEFINITIVA

En adxunto a esta publicación poderedes atopar a Listaxe DEFINITIVA da Admisión do Alumnado para o próximo curso 2019/2020.

O alumnado que non obtivo praza pasará á Comisión de Escolarización que resolverá unha adxudicación nas próximas semanas.

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño (se non se formaliza nestes prazos pérdese o dereito da reserva de admisión)

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020 | Lista Provisional

Publicada lista PROVISIONAL de admisión do alumnado para próximo curso 2019/2020

Prazo de reclamacións: ata o 2 de maio.

Publicación da lista definitiva: 14 de maio

ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO


Luns a Venres de 09h00 a 09h45 e de 13h15 a 14h00

Luns de 16h30 a 18h30

Martes de 16h30 a 17h30

 

Luns, martes e mércores de Entroido a secretaría do centro permanecerá fechada

 

 


XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ADSCRICIÓN ALUMNADO 6ºEP | IES de AMES

ADSCRICIÓN ALUMNADO | 6º EP

IES de Ames | Ata o 15 de febreiro de 2019

 

Prezadas familias de alumnado do 6º EP do CEIP de Barouta,

 

Desde hoxe, día 1 de febreiro e ata o 15 do mesmo mes, está aberto o prazo para que o alumnado de 6º EP reserve praza no centro adscrito, o IES de Ames. Para isto debedes traer cuberto ao colexio o modelo ED550A que vos achegamos con este escrito (AQUÍ)

 

Esta mensaxe é só para o alumnado de 6º EP que se matricule no IES de Ames e que se queira acoller ao dereito de preferencia por centro adscrito. Se queredes solicitar outro instituto, debédelo facer no prazo ordinario de matricula, do 1 ao 20 de marzo co modelo ED550B.

 

O alumnado que entregue esta solicitude para enviar ao centro adscrito non ten que facer nada máis no período ordinario de solicitude de admisión de marzo, só formalizar a matrícula no IES no mes de xuño.

 

Recibide un cordial saúdo,

3ª CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz" (Adiada ata novo aviso, por choiva)

 

3ª CARREIRA SOLIDARIA "MÓVOME POLA PAZ"
 
O CEIP de Barouta organiza por terceiro ano a Carreira Solidaria "Móvome pola Paz" coa que espera reeditar o éxito das pasadas edicións e doar ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames media tonelada de alimentos e produtos de hixiene e limpeza. No día 30 de xaneiro, Día da Paz, o CEIP de Barouta convida á súa comunidade a moverse, traer alimentos para o Banco Municipal e a correr xuntas/os pola solidariedade e a acción social. Nesta terceira edición súmanse a Escola de Educación Infantil de Covas e os 6º cursos de Ed. Primaria do CEIP Agro do Muíño e do CEIP a Maía, tamén na oportunidade de encontro e convivio do alumnado que para o ano se atopará no IES de Ames (Bertamiráns)
 
A carreira está apadriñada e amadriñada polos atletas profesionais Pedro Nimo e Paula Mayobre e contan ademáis coa colaboración e patrocinio da ANPA do CEIP de Barouta, Imprenta Sen Medias Tintas, Galitiming, Feiraco, Gadis, Garacopter, Tomate + Fruta, Mudanzas Camilo, Construcións Luís Beiras, Addomo Arquitectura, Clínica de Podoloxía Noemí SanLuis Fernández, VM Vanesa Mato Beleza e Benestar, Cabaniñas do Bosque, Café Don Budi, Restaurante Alto do Vento, Tropic Burger, Panadería Sabela, Seguros Maroñas, Seguros Zarauza, Concello de Ames e Xunta de Galicia
 
Nas seguintes ligazóns pódense ver dous vídeos da edición pasada
Alumando, profesorado e familias, levan días organizando este evento, para que todo estea preparado o día 30 de xaneiro nesta carreira solidaria non competitiva.Esta semana o alumnado de Barouta estivo preparando as medallas conmemorativas que todas as participantes levarán xunto cun saquiño, especialmente feito para o día, con produtos varios doados polos seus patrocinadores. O propio centro destaca e agradece a alta participación da ANPA do colexio e de todas as súas familias na organización e implicación nesta xornada solidaria.
 
--
 
AVISO | A CARREIRA ADÍASE POR MALA PREVISIÓN METEOROLÓXICA ATA O PRÓXIMO DÍA NON CHUVIOSO
Distribuir contido


by Dr. Radut