Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

ADSCRICIÓN ALUMNADO | 6º EP - IES de Ames

 

Modelo ED 550A. Pódese descargar o cubrir picando no seguinte link

Entroido 2018

 

2ª Carreira Solidaria "Móvome Pola Paz"

Xa está aquí, xa chegou!
 
2ª Carreira Solidaria "Móvome pola Paz!", martes día 30 de xaneiro ás 11h30 no colexio.
Despois do éxito do ano pasado, no que se recolleu case media tonelada de alimentos para o Banco Municipal de Alimentos, organizamos novamente este acto na espera de contar co voso apoio, colaboración e solidariedade.
Moi agradecidos/as as entidades patrocinadores que apoian este evento e a todas vós que xa comezastes a enviar os alimentos que están expostos no hall principal da escola. Aínda podedes seguir enviando máis!
O día 30X contaremos coa participación especial de dúas atletas de renome como son Pilar Veiga e Pedro Nimo. Agardamos contar con todas vós tamén.
 
 

Obradoiro de Construción de Cabezudos

Lembrade que este xoves comezamos co "Obradoiro de Construción Cabezudos", e aínda nos quedan 5 prazas libres. Está aberto a calquer persoa amiga/o do CEIP de Barouta.
 

MAGOSTO

Bo día!

Mañá a partir das 16h30 facemos o noso #magosto no Campo da Festa do San Amaro de Barouta, no que a recadación irá para o alumnado de 6º EP.

Animádevos, contaremos coa actuación musical d'A Requinta da Maía, da AC Follas Novas Ames.

Mañá poremos tamén á venda os ecovasos #EmBaroutaT.

 

Ata mañá!

 

MAGOSTO

Bo día!

Mañá a partir das 16h30 facemos o noso #magosto no Campo da Festa do San Amaro de Barouta, no que a recadación irá para o alumnado de 6º EP.

Animádevos, contaremos coa actuación musical d'A Requinta da Maía, da AC Follas Novas Ames.

Mañá poremos tamén á venda os ecovasos #EmBaroutaT.

 

Ata mañá!

 

PREMIO "JES" PARA O PROGRAMA DE RADIO INTERXERACIONAL

O programa de radio interxeracional "Radio Sen Idade", dirixido e coordinado por Lucía Abarrategui o ano pasado na nosa escola, acaba de ser galardoado co Premio JES

 

Lucía Abarrategui e Sergio Pascual fundaron no 2013 Laboratorio de Radio co obxectivo de achegar a radio a calquera persoa e contexto. Actualmente están desenvolvendo unha liña de radio interxeracional "Radio Sen Idade" a través do que, pequenos e maiores realizaron diversos contidos radiofónicos sobre o patrimonio cultural inmaterial da zona. Este foi o proxecto co que gañaron osPremios JES (Xoves Emprendedores Sociais.



 

 



Radio sen Idade_CEIP Barouta en Radio Ames (A Coruña)

 

Os Premios JES son unha iniciativa que cada ano pon en marcha a Universiade Europea co apoio da International Youth Foundation y Laureate International Universities

 

Máis información:

 

http://www.gorkazumeta.com/2017/09/los-premios-jes-reconocen-el-proyecto.html

 

https://www.laboratorioderadio.com/

 

PARABÉNS A LUCÍA E MOI AGRADECI@S POR ESCOLLER O CEIP DE BAROUTA PARA DESENVOLVER ESTE PROXECTO DE RADIO INTERXERACIONAL!

OBRAS NA ESCOLA

 

Este ano a escola acometeu durante o verán unha obra de mellora no primeiro andar do centro que consistiu en retirar e pintar o azulexo para asentalo novamente no sitio (por unha cuestión non só de estética, senón de seguridade) e tamén pintar as portas das aulas. Unha nova imaxe para a nosa escola que continuará nos próximos meses no segundo andar e que agardamos sexa do voso agrado.

Segundo nos informa o Concello de Ames, e logo de falar coa empresa adxudicataria, nos próximos días comezará a obra de mellora e acondicionamento da Nova Biblioteca/Sala de Usos Múltiples. Trátase de unificar os dous balcóns da entrada norte para recuperar un espazo duns 170m2 aproximadamente.

Isto supón unha modificación na entrada e saída do alumnado, xa que o acceso habitual estará inhabilitado nos próximos meses. Desde xeito, e ata novo aviso, a entrada das nenas e nenos ao centro será do seguinte xeito:

  • Ed. Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria: soportal esquerdo/porta emerxencia Ed. Infantil.
  • 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: soportal dereito/porta do comedor.

Como sabedes, a zona dos soportais está elevada, polo que se colocarán dous chanzos que faciliten o acceso a esta zona, na que o alumnado se poderá resgardar en caso de choiva ata a entrada ao centro.

O autobús deixará ao alumnado no mesmo lugar que sempre e terá o patio a súa disposición, agás a zona de entrada (que é sobre a que se vai acometer a obra da nova Biblioteca).

 

LIBROS DE TEXTO 2017/2018

Feita a adscrición do profesorado, a escolla de cada mestre/aula, no primeiro claustro do curso, nos anexos podedes ver a relación definitiva que cada docente escolleu para o seu grupo.

CALENDARIO ESCOLAR 2017/2018

Este é o Calendario Escolar para o curso 2017/2018 para os centros educativos de toda Galicia. A maiores, os colexios dispoñen de dous días non lectivos, que no noso caso serán o 10 e o 11 de maio (Ascensión)

Distribuir contido


by Dr. Radut