Na última asemblea de centro lemos e aprobamos a acta da anterior que quedara pendente e que agora queremos publicar, como moitas/os de vós nos pedistes, para que poidades seguir a actividade da mesma aínda que non puiderades vir.
A asemblea está pensada como un punto de encontro entre os distintos membros da comunidade educativa, no que falar sobre todos os aspectos que consideremos de interese para a mellora do noso centro.
Co obxectivo de seguir aumentando a participación de todos na última asemblea propúxose un cambio na dinámica da mesma, que consiste en que a orde do día a elaboraría una comisión, que foi creada nesa asamblea entre xente voluntaria. Polo tanto, a partir de agora ¡a orde do día elaborarémola entre tod@s. Todos os temas que queirades que sexan tratados na asemblea propoñédeo para podelo incluír.
Para facer estas suxestións non tedes máis que enviar un correo electrónico á dirección asemblea.barotua@gmail.
Estamos preparando a acta da última asemblea, onde a orde do día foi a seguinte:
- Comunidade de colaboradores/as - Equipo de traballo
- Remodelación e acondicionamento do patio exterior
- Zona de estacionamento de vehículos
- Fomento e uso de software libre e redes descentralizadas
- A desgaleguización do alumnado
- Transporte para alumnado do comedor escolar
- Novos métodos e estratexias didácticas (ABN, ambientes de aprendizaxe, traballo por proxectos)
- Outras propostas
Como decisión importante, a asemblea no seu conxunto decidiu crear grupos de traballo ou comisións para facer as tarefas máis operativas.
- Xénero e Igualdade
- Patio Escolar
- Software Libre e Redes Descentralizadas
- Dinamización da Lingua Galega
Agradecemos que nos enviedes un correo a ceip.barouta@edu.xunta.es, ou a asemblea.barouta@gmail.com,ou mesmo que nos chamedes para dicir en que equipo ou comisión de traballo vos gustaría participar e colaborar.
Agardámovos!