Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

Un Chocolate con... María José Méndez Lois | Xénero e Igualdade

Hoxe ás 17h00 temos un "#ChocolateCon... María J. Méndez Lois" (profesora na facultade de Ciencias da Educación da USC). Un encontro para falar e debater sobre o xénero e a igualdade.
Este encontro é aberto a todas as persoas amigas do CEIP de Barouta.
 
 

II FESTA da PRIMAVERA | Praia Fluvial de Tapia - Domingo, 27 de maio, 17h00

 

Domingo, 27 de maio de 2018, II FESTA DA PRIMAVERA na Praia Fluvial de Tapia

A partir das 17h00, xogos, obradoiros, e unha grande tómbola con máis de 160 premios dos 70 patrocinadores. Unha tarde de convivencia e encontro coas familias e persoas amigas do CEIP de Barouta, onde o alumnado de 6º de Ed. Primaria aproveitará para quitar fondos para a súa excursión de Fin de Curso.

E non vai chover!
(Pero se nos enganamos e finalmente chove... vémonos ás 17h00 no pavillón do colexio!)

 

 

 

 

 

 

Axudas para Libros de Texto e Material Escolar | ATA O 22 DE XUÑO

Saiu publicada no DOG a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  matriculado en educación primaria, , educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/2019 .

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

AS SOLICITUDES PODERANSE ENTREGAR DESDE HOXE ATA O DÍA 22 DE XUÑO

 

Máis información nos anexos a esta publicación

ADMISIÓN 2018/2019 - Listaxe DEFINITIVA

En adxunto a esta publicación poderedes atopar a Listaxe DEFINITIVA da Admisión do Alumnado para o próximo curso 2018/2019.

O alumnado que non obtivo praza pasará á Comisión de Escolarización que resolverá unha adxudicación nos próximos días.

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño (se non se formaliza nestes prazos pérdese o dereito da reserva de admisión)

ADMISIÓN ALUMNADO 2018/2019 - Listaxe PROVISIONAL

En adxunto a esta publicación poderedes atopar a Listaxe Provisiónal da Admisión do Alumnado para o próximo curso 2018/2019.

Desde o 25 de abril ata o 2 de maio está aberto o prazo para presentar reclamacións contra esta resolución. A publicación da lista definitiva será o día 14 de maio.

 

ADSCRICIÓN ALUMNADO | EEI de COVAS - IES de AMES

 

O alumnado admitido, tramitará a matrícula a partir do 20 de xuño. O alumnado que non obten praza, solicitará na Admisión Ordinaria do 1 ao 20 de marzo en horario de secretaría do centro: L-V 08h30-09h55 e 13h15-14h00. L 16h30-18h00. M 16h30-17h30

ADMISIÓN ALUMNADO 2018/2019

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A NOVA MATRÍCULA

Apertura do prazo de admisión 1 ao 20 de marzo

HORARIO DE ENTREGA DE SOLICITUDES

Luns a Venres | 08h30-09h55  e de 13h15-14h00

             Luns | 16h30 - 18h00

          Martes | 16h30 - 17h30

 

Máis información no ficheiros anexos a esta publicación

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS | 26F - 17h30

5ª ASEMBLEA DE CENTRO | 6 de MARZO - 18h00

Anotade nas axendas!
Como sabedes as persoas que viñestes á última #AsembleaDeCentro de Barouta, acordamos crear unha Comisión que convocase e organizase a Orde do Día de cada asemblea.
Agardamos as vosas achegas mandando un correo a asemblea.barouta@gmail.com no que nos indiquedes as solicitudes de temas para a Orde do Día.
Uns días antes do 6 de marzo publicaremos os temas a tratar. Que procuremos organizar e preparar os temas non quita sempre vaia haber un apartado para debate, propostas, rogos ou preguntas ao final da asemblea.
Vémonos o martes día 6 de marzo!

DÍA de ROSALÍA de CASTRO | 24F

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP de Barouta quérevos animar a participar na proposta "Rosalía tamén vive aquí" organizada polo Concello de Ames para celebrar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro.

Nesta semana o alumnado levará un carteliño cun poema de Rosalía que debedes pendurar na porta da vosa casa. Trátase de darlle difusión á obra da escritora que foi veciña da Tarroeira, na parroquia de Ortoño.

Así mesmo, o sábado día 24 de febreiro, realizarase un acto literario e musical, coa actuación de Sonia Lebedynski ás 19h00 na Casa da Cultura do Milladoiro.

Moitas grazas pola vosa colaboración

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut