ADSCRICIÓN ALUMNADO | 6º EP
IES de Ames | Ata o 17 de febreiro de 2020
Desde o día 1 de febreiro e ata o 17 do mesmo mes, está aberto o prazo para que o alumnado de 6º EP reserve praza no centro adscrito, o IES de Ames. Para isto debedes traer cuberto ao colexio o modelo ED550A que vos achegamos con este escrito (AQUÍ). Tamén o podedes recoller impreso na secretaría do Centro.
Esta mensaxe é só para o alumnado de 6º EP que se matricule no IES de Ames e que se queira acoller ao dereito de preferencia por centro adscrito. Se queredes solicitar outro instituto, debédelo facer no prazo ordinario de matricula, do 1 ao 20 de marzo co modelo ED550B.
O alumnado que entregue esta solicitude para enviar ao centro adscrito non ten que facer nada máis no período ordinario de solicitude de admisión de marzo, só formalizar a matrícula no IES no mes de xuño.