Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

Axudas Material e Fondo Libros | LISTAXE PROVISIONAL

Desde hoxe está publicada no taboleiro interior de anuncios do colexio a LISTA PROVISIONAL DA SOLICITUDE ED330B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

ACLARACIÓNS

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.
  2. O alumnado de 1º EP e 2º EP non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)
  3. O alumnado de 3º EP opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao cheque de material. Este ano os libros deste curso pódense cambiar (faise o cambio cada 6 anos) polo que compraremos ese material novo en setembro.
  4. O alumnado de 4º EP non usará libro de texto polo, optará á axuda de material escolar.
  5. O alumnado de 5º EP e 6º EP non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.
  6. O reparto de cheques para axuda a material escolar, así como o das Axudas Libros e as existencias novas do Fondo Libros, repartirase en setembro, unha vez feita a adscrición do profesorado (primeiro Claustro do ano académico no que se asigna cada mestra/e a unha titoría)

 

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación. O mércores día 30 de xuño publicaremos a LISTAXE DEFINITIVA

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO | Curso 2021/2022

 

ADXUNTOS

- Formulario Matrícula: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/system/files/Formulario%20Matr%C3%ADcula%202020-2021.pdf

- Ficha de Paradas: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/system/files/Ficha%20Paradas%20Autob%C3%BAs_1.pdf

 

Máis información

- Paradas Autobús: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/taxonomy/term/82

- Comedor Escolar e Servizos Complementarios: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/taxonomy/term/83

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR de Ed. PRIMARIA | Curso 2021/2022

Aplicación Fondo Libros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Sede Electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Formulario para Presentación Presencial no Centro: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13492459

 

Xela Arias | 17M - Día das Letras Galegas 2021

 
XELA ARIAS
17 de MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 
Na esperanza de que haxa 365 días para o idioma galego, creamos este vídeo homenaxe a Xela Arias no Día Das Letras Galegas 2021. Coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa colaboración do Equipo TIC do Centro.   
Pódesde ver na nosa canle de Youtube, picando na seguinte ligazón: https://youtu.be/xNjLhoEBJno
 

UN CHOCOLATE (virtual) CON... BELÉN MONTESA E JUAN CARLOS PERMUY

 
O CEIP de Barouta convida a toda a súa Comunidade Educativa e amigas/os a un novo encontro para a formación, a divulgación e o debate. Infelizmente, non vos podemos convidar tamén ao habitual chocolate quentiño, pero si a pasar un momento xunt@s falando con profesionais que teñen moito que contar sobre a realidade social das crianzas e as súas familias.
Este encontro será o martes día 11 de maio ás 16h30 por videoconferencia, na plataforma Webex, Sala de de Reunión 843841035, ao que podedes acceder picando na ligazón: https://eduxunta.webex.com/webappng/sites/eduxunta/dashboard/pmr/caxade
 
 
Se tedes dúbidas sobre como entrar na videoconferencia, podedes consultar picando aquí, ou entrando na ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/aulavirtual/mod/page/view.php?id=461
 
Agardamos contar coa vosa presenza...virtual!
 
 

BAREMO | Admisión Alumnado 2021/2022

BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de Nova Admisión de Alumnado para Curso 2021/2022, comunicámosvos que foron recibidas máis solicitudes que prazas vacantes temos dispoñibles. Por tal motivo haberá que puntuar de acordo co baremo que podedes consultar a continuación ou na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 PRAZO de ENTREGA

De acordo cos Prazos de Admisión, do 25 de marzo ao 15 de abril podedes achegar á Secretaría deste Centro a documentación que queirades que se teña en conta para baremar. Lembrade que as vacacións de Páscoa son do venres 26 de marzo ao luns 5 de abril (incluído), e o Centro permanecerá fechado.

ADMISIÓN ALUMNADO | Nova Matrícula Curso 2021/2022

 

 

DOCUMENTACION EN ANEXOS A ESTA PUBLICACIÓN

Máis información: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS | NOVA MATRÍCULA CURSO 2021/2021

 

INSTRUCIÓNS PARA CONECTAR: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/aulavirtual/mod/page/view.php?id=461

 

5º CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz" 2021

 

CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz"

29 de xaneiro de 2021

 

 

Prezadas familias,

Infelizmente este ano non poderemos conmemorar o Día da Paz con vós, nin con outros Centros convidados, no encontro que todos os anos faciamos ao redor da "Carreira Solidaria" (https://www.youtube.com/watch?v=Hbq_NX_IDFc)

A pandemia da COVID19 require medidas extraordinarias que todas as persoas estamos notando. Con todo, é importante que valoremos tamén o esforzo enorme que está facendo o noso alumnado, e en xeral todas as nenas e nenos. Se ultimamente escoitamos dicir que os Centros Educativos son entornos seguros, é grazas á actitude e responsabilidade do alumnado, un dos grupos sociais máis respectuosos coas normas e protocolos COVID19.

O noso día a día, e os medios de comunicación, fannos colocar a atención en exclusiva cara as dificultades e problemas do mundo das persoas adultas, sen darnos conta que a infancia segue e está aquí, tamén sufrindo unha grande perda de dereitos fundamentais nunha etapa de desenvolvemento decisiva na súa vida.

Por tal motivo decidimos organizar tamén este ano a 5ª Carreira Solidaria Móvome pola Paz e a Recollida de Alimentos, mantendo todas as medidas de seguridade e hixiene. O alumnado correrá no exterior, con máscara, mantendo os agrupamentos burbulla, sen público e nun circuíto dentro do recinto escolar. Recordade que o que pretendemos con esta actividade é facer literal o de "Moverse pola Paz", non é unha carreira competitiva.

Desde hoxe, luns día 25 de xaneiro podedes enviar ao Centro os alimentos e produtos de hixiene que logo doaremos ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames para a súa distribución.

Este ano agradecémosvos que, máis que nunca, poñades a "Ollada na Infancia" á hora de enviar os alimentos e productos. Non queremos dicir que deixedes de mandar aceite, arroz, deterxente de lavar a roupa, etc, senón que pensemos no que ás nenas e nenos lles gustaría recibir do Banco de Alimentos: cereais, cacao, dentífrico/cepillo infantil ou mesmo unha colonia (por dar algúns exemplos que, seguro, se vos ocorren mellores)

Finalmente, tal como tamén é costume, correremos o día 29 coa camisola branca "oficial" do CEIP de Barouta. Xa fixemos pedido para o novo alumnado. Así como nos cheguen, avisaremos para que as poidades comprar.

Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión

Recibide un agarimoso saúdo,

 

ADMISIÓN ALUMNADO | Fase 1: Reserva de Praza para Alumnado xa Matriculado - Adscrición

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

 

 

 

Solicitude de Reserva

 

do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021
 

 

> Esta solicitude é só para o alumnado matriculado no Centro, que no Curso 2021/2022 cambia de Etapa Educativa e que desexa reservar praza no Centro Adscrito. No caso do CEIP de Barouta: alumnado de 6º EP que irá para o IES de Ames. O alumnado xa matriculado en Ed. Infantil que para o ano cursará Ed. Primaria, non ten que presentar esta solicitude, xa que a reserva é automática no propio Centro.

> Quen non desexe solicitar reserva no Centro Adscrito non deberá presentar nada ata o prazo ordinario de Solicitude de Praza para Nova Matrícula (previsiblemente do 1 ao 22 de marzo de 2021)

 

Normativa e manuais

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut