Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

6º CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz" | Organización

 

6ª CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz"
28 de xaneiro de 2022

Este ano tamén nos Movemos pola Paz!

Aínda que non podemos conmemorar o Día da Paz con vós, familias e amigas/os, nin con outros Centros convidados (como faciamos antes da pandemia) queremos seguir colocando o foco nos dereitos da infancia, polo noso alumnado e por todas as nenas e nenos.

A pandemia da COVID19 require medidas extraordinarias que todas as persoas estamos notando. Con todo, é importante que valoremos tamén o esforzo enorme que está facendo o noso alumnado, e en xeral todas as nenas e nenos. Se ultimamente escoitamos dicir que os Centros Educativos son entornos seguros, é grazas á actitude e responsabilidade do alumnado, un dos grupos sociais máis respectuosos coas normas e protocolos COVID19.

O noso día a día, e os medios de comunicación, fannos colocar a atención en exclusiva cara as dificultades e problemas do mundo das persoas adultas, sen darnos conta que a infancia segue e está aquí, tamén sufrindo unha grande perda de dereitos fundamentais nunha etapa de desenvolvemento decisiva na súa vida.

Por tal motivo decidimos organizar tamén este ano a 6ª Carreira Solidaria "Móvome pola Paz" e a Recollida de Alimentos, mantendo todas as medidas de seguridade e hixiene. O alumnado correrá no exterior, con máscara, mantendo os agrupamentos burbulla e sen público. Recordade que o que pretendemos con esta actividade é facer real o de "Moverse pola Paz", non é unha carreira competitiva.

 

RECOLLIDA DE ALIMENTOS


Desde o próximo luns día 24 de xaneiro de 2022 podedes enviar ao Centro os alimentos e produtos de hixiene que logo doaremos ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames para a súa distribución.

Este ano agradecémosvos que, máis que nunca, poñades a "Ollada na Infancia" á hora de enviar os alimentos e produtos. Non queremos dicir que deixedes de mandar aceite, arroz, deterxente de lavar a roupa, etc, senón que pensemos no que ás nenas e nenos lles gustaría recibir do Banco de Alimentos: cereais, cacao, dentífrico/cepillo infantil ou mesmo unha colonia (por dar algúns exemplos que, seguro, se vos ocorren mellores)

Finalmente, tal como tamén é costume, correremos o día 28 coa camisola branca "oficial" do CEIP de Barouta.

Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión!

6ª CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz" - Pedido de Camisolas

CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz" 2022
28 de xaneiro de 2022

Como moitas de vós sabedes, no CEIP de Barouta conmemoramos o Día da Paz organizando unha carreira non competitiva e recadando alimentos e produtos de hixiene e limpeza que logo se distribúen ás familias que o precisen a través do Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames.

Podes ver os vídeos de edicións anteriores picade aquí:

Carreira Ano 2018: https://www.youtube.com/watch?v=no7fZivqdg8
Carreira Ano 2019: https://www.youtube.com/watch?v=Hbq_NX_IDFc

Tal como moitas familias nos solicitastes, este ano imos facer unha nova tirada de camisolas brancas para usar o día da carreira (venres, 28 de xaneiro de 2022), se queredes comprar tedes que cubrir o seguinte formulario e darlle a enviar. O prezo para o alumnado do CEIP de Barouta é de 5€

Formulario para Pedir Camisolas Brancas

do CEIP de Barouta.


ÚLTIMO DÍA PARA PEDIR CAMISOLAS: XOVES 20/1/22 ÁS 14h00

Nos próximos días dirémosvos os prazos para poder ir traendo as doazóns ao Banco Municipal de Alimentos

 

 

NOVIDADES NA XESTIÓN E COMUNICACIÓN DE CONTACTO ESTREITO CON POSITIVO EN COVID19

 

+INFORMACIÓN: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/545/ESCOLAS_Protocolo_COVID19.pdf

ADMISIÓN ALUMNADO | Fase 1: Reserva de Praza para Alumnado de 6º que vai para o IES de Ames

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

 

 

 

Solicitude de Reserva

 

Alumnado de 6º EP que vai para o IES de Ames

 

do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022
 

 

> Esta solicitude é só para o alumnado matriculado no Centro, que no Curso 2021/2022 cambia de Etapa Educativa e que desexa reservar praza no Centro Adscrito. No caso do CEIP de Barouta: alumnado de 6º EP que irá para o IES de Ames. O alumnado xa matriculado en Ed. Infantil que para o ano cursará Ed. Primaria, non ten que presentar esta solicitude, xa que a reserva é automática no propio Centro.

> Quen non desexe solicitar reserva no Centro Adscrito non deberá presentar nada ata o prazo ordinario de Solicitude de Praza para Nova Matrícula (previsiblemente do 1 ao 22 de marzo de 2021)

 

Normativa e manuais

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

RECOMÉNDASE CUBRIR E PRESENTAR SOLICITUDE EN SEDE ELECTRÓNICA

 

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

ACTUALIZACIÓN DATOS COVID-19 | 21/12/21 - 22h00

ACTUALIZACIÓN DATOS COVID-19 | 20/12/21 - 22h00

SOLICITUDE ED330E | MÁSCARAS COVID-19 PARA O ALUMNADO

SOLICITUDE DE MÁSCARAS COVID-19 PARA O ALUMNADO

A Xunta de Galicia publicou a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Ed. Primaria. 

 

BENEFICIARIAS DIRECTAS
As familias que foron beneficiarias da Convocatoria de Axudas de Material Escolar recibirán automaticamente máscaras sen ter que presentar solicitude ED330E. Ollo, as que só recibiron Fondo Libros/Axudas Libros non son beneficiarias directas, tendo que cubrir e presentar o formulario ED330E (se cumpren os requisitos da convocatoria) que se atopa no seguinte link:
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13576251

 

PRESENTACIÓN PRESENCIAL
A solicitude ED330E debédela descargar da web do Colexio ou da Consellería, cubrir na casa e entregar no Centro. A Xunta no contempla a opción de presentación telemática.

 

FORMULARIO ED330E

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13576251

 

PRAZO DE SOLICITUDE
Do 15 ao 26 de novembro de 2021

 

HORARIO de ENTREGA
L-V de 09h05 a 09h45 e de 13h00 a 13h45

 

RECOLLIDA DE MÁSCARAS
A Consellería non enviará máscaras, son os Centros educativos quen as teñen que comprar.

 

ENTREGA DIRECTA AO ALUMNADO
Dunha vez que recibamos orzamento de empresas e teñamos o pedido no Centro, entregarémoslle directamente as máscaras ao alumnado, que as levarán na mochila para a casa.

 

RENDA PER CÁPITA < 6000€
Para ser beneficiario desta convocatoria a renda per cápita ten que ser igual ou inferior a 6000€


+ INFORMACIÓN
Orde do 28 de Outubro de 2021
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_gl.html

Influencers da Igualdade

 
Volven os Obradoiros de Igualdade!
“Influencers da Igualdade” é o título do novo proxecto de coeducación que dá continuidade aos obradoiros de igualdade que desde o 2019 se veñen desenvolvendo no colexio grazas á colaboración entre familias e escola, a través do Grupo Mixto de Traballo de Igualdade e Xénero creado nas Asembleas de Centro, e grazas ao soporte da ANPA San Mauro do CEIP de Barouta e ao financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Coordinado pola técnica de Igualdade Cruz Dafonte (como vén sendo habitual nos últimos anos) e impartido polo profesorado do Centro Educativo, preténdese que o alumnado teña ferramentas e capacidades para consumir criticamente a grande cantidade de mensaxes sexistas que nos chegan a través de diferentes canles. Así mesmo, nestes obradoiros o alumnado creará e producirá contidos que sirvan de protesta a videos, mensaxes ou calquer comportamento discriminatorio.
No seguinte enlace atoparedes unha carta informativa con máis detalles do proxecto:
Durante este mes recibiredes novas do avance deste proxecto e, como vén sendo habitual, faremos difusión a através das nosas redes sociais (Facebook e Youtube).
Distribuir contido


by Dr. Radut