Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

Modo Galego: ACTÍVAO!

 

Hoxe poñemos en Modo Galego en ON!

Comezamos este proxecto da Real Academia Galega e do Concello de Ames (que contan co apoio da Xunta de Galicia e Deputación da Coruña) no que se pretende dinamizar o uso da lingua galega no ámbito escolar con actividades diarias. Animámosvos tamén a levar este programa á casa!

Tedes toda a información en http://modogalego.academia.gal/

 

 

Xardín de Rosalía no CEIP de BAROUTA. Estreo na GALA ROSALÍA 2023.

SÁBADO 25 FEBREIRO ás 19h na Casa da Cultura de Bertamiráns GALA ROSALÍA 2023.

Estrea da montaxe XARDÍN ROSALÍA do CEIP DE BAROUTA

Rexistro do tempo primeiro trimestre 22-23 - 1º ciclo B

As nenas/os de 1º ciclo B fixeron un video de MeteBoarouta no que explicaron o tempo do primeiro trimestre.

O video está super ben e esforzáronse moito. E creo que se merecen aplausos e as súas mamás e papás deben estar contentos co que fixeron.

Redactora: Ángela Traba Santiago

Achégase o 23 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA.

No CEIP BAROUTA estamos a preparar unha homenaxe especial que poderedes ver na GALA ROSALÍA 2023 o sábado 25 marzo ás 19 h na Casa da Cultura de Bertamiráns. A entrada é de balde e contará coa participación do alumnado de Ames e coa actuación de NAJLA SHAMI.

Por outra banda compartimos con vós esta escolma de RECURSOS DE ROSALÍA para que gocedes coa nosa autora máis universal.

Tamén vos convidamos a participar na CAMPAÑA # ROSALÍZATE DO CONCELLO DE AMES. Imprime unha carauta rosaliana nos recursos, vai ao photocall da Praza do Concello, tira unha foto e súbea a redes co cancelo #Rosalízate acompañada dalgúns versos de Rosalía. Fai que a súa poesía se espalle polo mundo.

Grazas por colaborar.

 

EDLG DO CEIP DE BAROUTA.

7ª CARREIRA SOLIDARIA | Móvome pola Paz

 

 

Anotade nas vosas axendas!


Volve a normalidade á #CarreiraSolidaria "Móvome pola Paz", con familias, coles convidados... e por suposto a recollida de alimentos para o Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames!


30 de xaneiro de 2023

Xa temos cartaz definitivo con todas as entidades colaboradoras

Moitas grazas polo apoio:

- Anpa San Mauro - Ceip Barouta
- Concellería de Benestar Social do Concello de Ames
- Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
- Bibliotecas Escolares de Galicia
- Addomo Arquitectura Modular
- Librería Lenda
- Cabaniñas do Bosque
- V M Beleza e Benestar
- Galitiming Cronometraxe
- Grafinor
- Cooperativas Lácteas Unidas CLUN
- Frutas Barreiro
- Froiz
- Clinica de Fisioterapia Laura Miguez

- Vainilla & Chocolate CLOTHING
- Tómate más fruta

GRAZAS!

Vémonos o luns 30 ás 12h00!

LEMBRADE que xa podedes depositar no colexio os alimentos non perecedeiros e produtos de primeira necesidade que queirades doar ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames.

RESERVA PRAZA | Alumnado de 6º do CEIP de Barouta que vaia para o IES de Ames

 

 

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

 

 

 

Solicitude de Reserva

 

Alumnado de 6º EP que vai para o IES de Ames

 

do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2022
 

 

> Esta solicitude é só para o alumnado matriculado no Centro, que no Curso 2022/2023 cambia de Etapa Educativa e que desexa reservar praza no Centro Adscrito. No caso do CEIP de Barouta: alumnado de 6º EP que irá para o IES de Ames. O alumnado xa matriculado en Ed. Infantil que para o ano cursará Ed. Primaria, non ten que presentar esta solicitude, xa que a reserva é automática no propio Centro.

> Quen non desexe solicitar reserva no Centro Adscrito non deberá presentar nada ata o prazo ordinario de Solicitude de Praza para Nova Matrícula (previsiblemente do 1 ao 22 de marzo de 2021)

 

Normativa e manuais

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

RECOMÉNDASE CUBRIR E PRESENTAR SOLICITUDE EN SEDE ELECTRÓNICA

 

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2023

Cos nosos mellores desexos e na esperanza de que o #Apalpador vos traia a forza de todo o que precisades!

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2023!

 

1º PREMIO INNOVAMES

Estamos moi contentos/as porque O CEIP de Barouta fomos galardoados/as co 1º premio e 1500€ na Feira de Innovación "InnovAmes". O premio foi para o proxecto "Instalación de Rego Automático na Horta" no que o alumnado deseñou un sistema automatizado con elementos de robótica co que, a través de sensores de humidade, se activa automaticamente unha bomba de auga para regar os bancais da horta do colexio despois de acender un sinal visual.

 

GRAZAS!

 

 

BiblioBarouta | Agasallos sen Pantallas

AGASALLOS SEN PANTALLAS
Deixámosvos por aquí o resumo da proposta que o equipo da #BiblioBarouta fixo durante este mes de decembro na conta de Instagram, á que foi subindo cada día unha proposta de agasallo de Nadal sen pantallas. Ideas de xogos transportables para ter sempre na mochila e usar en calquera momento e en calquera lugar.
Agardamos que sexan ideas de utilidade!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut