Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

Un Chocolate con... Belén Montesa | Regulación Emocional e Disciplina Positiva

Un Chocolate con... Belén Montesa
Regulación Emocional e Disciplina Positiva
 
 
Convidámosvos a un chocolate con... Belén Montesa!
Aprenderemos, falaramos e debatiremos sobre disciplina positiva, regulación emocional, afecto ou apego.
Grazas a Anpa San Mauro - Ceip Barouta contaremos con servizo de ludoteca.
Luns, 8 maio 2023
16h30 BiblioBarouta
O convite é estensivo a todas as persoas interesadas!

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO Curso 2023-2024 | Lista Provisional

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO | Lista Provisional
Curso 2023/2024
 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar os seguintes datos para a vosa información:

  • Todas as solicitudes para as que había prazas vacantes foron admitidas

 

O 15 de maio publicaremos a lista definitiva e as instrucións a seguir para a formalización da matrícula no mes de xuño. 

 

 

 

A capilaridade das plantas - experimento 3º de primaria.

O alumnado de 3º quere compartir con vós este traballo que fixeron:

O alumnado de terceiro estivemos a traballar as plantas, e fixemos un experimento sobre a capilaridade con diferentes colorantes de cores que lle botamos á auga do apio, pero só funcionou co vermello. Aquí podedes ver unhas fotos do noso experimento.

Redactora: Ángela Traba Santiago

O tempo atmosférico - Proxecto 3º Primaria METEOBAROUTA

Proxecto desenvolvido no terceiro curso de Primaria dende MeteoBarouta.

Traballamos temas relacionados co tempo atmosférico a través da búsqueda de información e elaboración de material.

ACCEDER AOS VIDEOS

 

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO | Curso 2023/2024

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
Curso 2023/2024 
Rematado o prazo de presentación, querémosvos informar que foron admitidas todas as solicitudes presentadas para os cursos nos que había vacantes. En breve publicaremos a listaxe provisional no taboleiro interior de anuncios do Centro.
 

Elas Tamén Soan | 8M/2023 - As Mulleres Silenciadas na Historia da Música

8M

"Elas Tamén Soan!" As mulleres silenciadas na música

 

Este ano o PDI (Proxecto Documental Integrado de Centro) trata sobre a música, polo que decidimos centrar a actividade do 8M nas mulleres silenciadas na música. Este vídeo resume a actividade previa feita nas aulas e proxectarase para todo o alumnado no acto central do 8M ás 12h30. Complétase con outro vídeo no que conectamos desde o acto en riguroso falso directo con tres músicas/bandas de referencia: A Banda da Loba, As Tanxugueiras e a, directora de Orquestra, Isabel Rubio.

 

 

 

 

 

 

 

O CEIP DE BAROUTA está a colaborar na campaña de sensibilización MODO GALEGO. ACTÍVAO!

Xunto coa Real Academia Galega RAG e o Concello de Ames. Aquí tedes toda a información:
http://modogalego.academia.gal/

Esta campaña desenvolverase desde o 27 de febreiro ao 19 marzo, tempo no que participaremos nas actividades que nos propón a RAG cada semana.

AS CRIANZAS XA ESTÁN ACTIVADAS. AGORA TÓCAVOS A VÓS!

Botade unha ollada a todo o que estamos facendo (vaise actualizando con novos traballos).

RECURSOS MODO GALEGO.ACTÍVAO!
https://drive.google.com/drive/folders/1TjJYhVstkvGxCoPSqlm94rMU8oo_JG0P?usp=share_link

UN CHOCOLATE CON... Antón Sanluis, Optometrista.

 

UN CHOCOLATE con...
Antón Sanluis (Optometrista)

Voltamos aos encontros presenciais de debate e formación coa Comunidade Educativa.
O próximo martes 7 de marzo de 2023 ás 16h30 teremos a oportunidade de aprender e debater sobre as dificultades de aprendizaxe ligadas aos problemas de visión.

Grazas á ANPA San Mauro contaremos con servizo de ludoteca durante o encontro.

 

ADMISIÓN NOVO ALUMANDO | Curso 2022/2023

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
Curso 2023/2023


- Máis información e presentación de solicitudes: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

- Formulario Matrícula: https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf

- Horario Secretaría: de 09h00 a 09h45 e de 13h05 a 13h50 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut