Desde hoxe está publicada a LISTA DEFINITIVA de MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio. As persoas que presentaron solicitude telemática poden ver a resolución na aplicación FondoLibros.
Os cheques poderanse recoller a partir do mes de setembro. Recomendamos comprar o material escolar cando o profesorado envíe a lista de necesidades no mes de setembro
Desde hoxe está publicada a LISTA PROVISIONAL de MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio. As persoas que presentaron solicitude telemática poden ver a resulución na aplicación FondoLibros.
Contra esta lista hai dous días de prazo para reclamacións. O venres día 7 publicaremos a lista definitiva.
EXPOSICIÓN PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO Venres, 9 de xuño de 2023 Reserva de Entrada
Como vén sendo habitual no final de curso, o próximo venres día 9 de xuño de 2023 teremos a exposición do Proxecto Documental Integrado con visita guiada polo alumnado.
Para evitar as molestias pola espera que tivestes o ano pasado, pensamos en facer un formulario de reserva de entrada con 3 horarios de pase: 12h00 -12h10 - 12h20. A visita ten unha duración estimada de 50 minutos
Para facer a vosa reserva de entrada tedes que acceder na seguinte ligazón. Debedes facer unha reserva por persoa. Cada horario terá un máximo de 40 persoas.
Desde hoxe está publicada a LISTA DEFINITIVA DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023/2024 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.
Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar que todas as solicitudes para as que había prazas vacantes foron admitidas
Todas as persoas admitidas terán que presentar solicitude de matrícula do 20 ao 30 de xuño
As persoas que presentaron solicitude e non obtiveron praza, serán chamadas pola Comisión de Escolarización para asignar vacante.
Os nenos e nenas de 5º estamos fecendo unha cooperativa para doar diñeiro a ASONG, que axuda a nenos e nenas con cancro. Vamos a gañar cartos vendendo produtos feitos por nós.
Tendes toda a información na nosa páxina web: i.gal/bapri
O EDLG DO CEIP DE BAROUTA quere compartir con vós unha escolma de recursos sobre FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas e que foi o impulsor desta conmemoración tan relevante. Tamén recompilamos recursos creados polo alumnado na escola co Modo Galego Activado.
E para que sigades activad@s na nosa lingua deixámosvos unha chea de curtas, cinema e música en galego para que non paredes de cantar e bailar.