O EDLG DO CEIP DE BAROUTA quere compartir con vós unha escolma de recursos sobre FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas e que foi o impulsor desta conmemoración tan relevante. Tamén recompilamos recursos creados polo alumnado na escola co Modo Galego Activado.
E para que sigades activad@s na nosa lingua deixámosvos unha chea de curtas, cinema e música en galego para que non paredes de cantar e bailar.
AGASALLOS DE NADAL EN GALEGO PARA FAMILIAS E CRIANZAS
Tamén queremos compartir a selección de AGASALLOS DE NADAL da Mesa pola Normalización Lingüística. Aproveitade e facede a vosa escolla na carta do Apalpador.
PIPOCAS
GRANDE PRIMICIA!!! Presentamos PIPOCAS FILMES E SERIES EN GALEGO PARA CRIANZAS E FAMILIAS. Os nosos parabéns á Mesa pola Normalización Lingüística por compartir esta iniciativa.