A guía de linguaxe inclusiva do CEIP de Barouta xorde no marco da comisión mixta de traballo en igualdade e xénero, impulsada polo Centro e a ANPA do CEIP de Barouta. Foi unha das liñas de acción do proxecto As máscaras do machismo e contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade na liña de subvencións á promoción da igualdade dirixido a ANPAS dos centros de ensino públicos galegos.
Porque unha guía de linguaxe inclusiva en Barouta?
Porque a linguaxe non é unha creación arbitraria da mente humana, senon un produto social e histórico que inflúe na percepción da nosa realidade, no noso estar na socidade e nas nosas relacións. Queremos unha linguaxe inclusiva que nos nomee a todas e todos, sen excluír a ninguén. Esta é unha ferramenta, un primeiro paso que nos axudará a conseguir a igualdade.
Pódese consultar a guía completa premendo na seguinte ligazón:
Hoxe, 25N, ás 09h00 estreamos novo timbre musical que nos acompañará nos próximos días. Durante o tempo de recreo escoitarase o programa especial de Radio Barouta cos manifestos do alumnado así como coa música orixinal do proxecto "EmBarouta-T co Feminismo".
Xermolando Igualdade
Plantación de sementes de violeta, lavanda e outras prantas que formarán parte dos Puntos Violeta das aula para posteriormente trasladalas ao patio de Barouta no 8M
Un Chocolate con... Cristina Palacios" (Presidenta de ARELAS)
"Diversidade sexual e de familias. Educar para TRANSformar"
"Diversidade sexual e de familias. Educar para TRANSformar"
25N ás 18h00
Videoconferencia
____
A Comisión Mixta de Igualdade e Xénero do CEIP Barouta, integrada por familias e profesionais do centro, convidámosvos este mércores 25N ás 18h00 horas, a participar dun CHOCOLATE VIRTUAL CON... Cristina Palacios, presidenta de Arelas, que nos falará de "Diversidade sexual e de familias. Educar para TRANSformar"
Lamentablemente pola situación actual non podemos convidarvos a un chocolate quentiño, pero si a pasar un momento xunt@s escoitando a unha profesional que ten moito que dicir sobre a realidade social das crianzas e as súas familias.
Podedes acceder directamente picando na seguinte ligazón:
Educación en feminismo para conseguir a igualdade e erradicar as violencias machistas.
Presentámosvos un avance coas reflexións da comunidade educativa de Barouta, realizadas no marco do proxecto "EmBarouta-T co Feminismo" impulsado pola Comisión de Traballo de Igualdade e Xènero do CEIP deBarouta, co financiamento da Secretarìa Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia
O mércores 25N publicaremos o vídeo completo deste traballo.
A Xunta de Galicia publicou a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento para a distrubución de máscaras entre o alumnado matriculado en Ed. Primaria. Xa podedes consultar esta información na páxina web do colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/node/233
Sobre isto queremos aclarar os seguintes puntos
- BENEFICIARIAS DIRECTAS. As familias que foron beneficiarias da Convocatoria de Axudas de Material Escolar recibirán automaticamente máscaras sen ter que presentar solicitude ED330E. Ollo, as que só recibiron Fondo Libros/Axudas Libros non son beneficiarias directas, tendo que cubrir e presentar o formulario ED330E (se cumpren os requisitos da convocatoria) que se atopa no seguinte link: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/system/files/ANEXO%20I%20E%20II_ED330E_G_Alternativa.pdf
- RECOLLIDA DE MÁSCARAS. A Consellería non enviará máscaras, son os Centros educativos quen as teñen que comprar con cargo ao seu orzamento, polo que aínda non dipoñemos delas.
- PRESENTACIÓN PRESENCIAL. A solicitude ED330E debédela descargar da web do Colexio ou da Consellería, cubrir na casa e entregar no Centro. A Xunta no contempla a opción de presentación telemática.
- PRAZO DE SOLICITUDE. do 16 ao 27 de novembro de 2020
- HORARIO de ENTREGA. L-V de 09h05 a 09h45 e de 13h15 a 13h45. Recordade que acordo co Protocolo COVID-19 da Consellería, nas entradas e saídas do alumnado non pode haber persoas adultas dentro do recinto escolar (agás o persoal traballador).
- ENTREGA DIRECTA AO ALUMNADO. Dunha vez que recibamos orzamento de empresas e teñamos o pedido no Centro, entregarémoslle directamente as máscaras ao alumnado, que as levarán na mochila para a casa.
- RENDA PER CÁPITA < 6000€. Para ser beneficiario desta convocatoria a renda per cápita ten que ser igual ou inferior a 6000€
Máis información nos seguintes documentos e no Portal Educativo da Consellería de Educación.
Na imaxe anexa podedes ver o calendario e horarios de recollida dos vales de material de Ed. Primaria que acabamos de publicar na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/node/229)
Non é preciso cita previa, pero só se pode acceder ao recinto escolar por este motivo e no horario indicado. A entrada farase respectando a distancia de seguridade e desinfectando as mans no acceso ao edificio. Se houbese xente no interior do edificio recollendo o seu vale de material a espera farase na porta.
Agradecese que traiades un bolígrafo propio para asinar a recollida do vale de material e así non ter que compartir con outras persoas.
As familias con irmás/áns en diferentes cursos/ciclos de Ed. Primaria, poderán recoller todos os vales na quenda asignada que mellor lles acaia.
ASEMBLEA VIRTUAL DE CENTRO na que explicaremos as medidas incluídas no noso Plan de Adaptación á situación #COVID19 e resolveremos todas as dúbidas que haxa sobre o inicio de curso.
Farémola na plataforma que usamos na Aula Virtual: #Webex. Se tedes dúbidas podedes consultar as seguintes instrucións picando aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/aulavirtual/mod/page/view.php?id=461
Recordade que vos podedes conectar cun teléfono móbil, tablet ou ordenador.
Desde hoxe está publicada no taboleiro interior de anuncios do colexio a LISTA DEFINITIVA DA SOLICITUDE ED330B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.
Non hai cambios a respecto da LISTA PROVISIONAL PUBLICADA O luns día 7 de xullo de 2020
LEMBRADE
Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.
O alumnado de 1º e 2º EP non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)
O alumnado de 3º EP opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao cheque de material. Este ano os libros deste curso pódense cambiar (faise o cambio cada 6 anos) polo que compraremos ese material novo en setembro.
O alumnado de 4º EP non usará libro de texto polo, optará á axuda de material escolar.
O alumnado de 5º e 6º EP non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.
O reparto de cheques para axuda a material escolar, así como o das Axudas Libros e as existencias novas do Fondo Libros, repartirase en setembro, unha vez feita a adscrición do profesorado (primeiro Claustro do ano académico no que se asigna cada mestra/e a unha titoría)
As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.