Influencers da Igualdade
Volven os Obradoiros de Igualdade!
“Influencers da Igualdade” é o título do novo proxecto de coeducación que dá continuidade aos obradoiros de igualdade que desde o 2019 se veñen desenvolvendo no colexio grazas á colaboración entre familias e escola, a través do Grupo Mixto de Traballo de Igualdade e Xénero creado nas Asembleas de Centro, e grazas ao soporte da ANPA San Mauro do CEIP de Barouta e ao financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Coordinado pola técnica de Igualdade Cruz Dafonte (como vén sendo habitual nos últimos anos) e impartido polo profesorado do Centro Educativo, preténdese que o alumnado teña ferramentas e capacidades para consumir criticamente a grande cantidade de mensaxes sexistas que nos chegan a través de diferentes canles. Así mesmo, nestes obradoiros o alumnado creará e producirá contidos que sirvan de protesta a videos, mensaxes ou calquer comportamento discriminatorio.
No seguinte enlace atoparedes unha carta informativa con máis detalles do proxecto:
Durante este mes recibiredes novas do avance deste proxecto e, como vén sendo habitual, faremos difusión a através das nosas redes sociais (Facebook e Youtube).
- APIs de Blogue
- 88 lecturas