Skip to Content

BAREMO | Admisión Alumnado 2021/2022

BAREMO ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de Nova Admisión de Alumnado para Curso 2021/2022, comunicámosvos que foron recibidas máis solicitudes que prazas vacantes temos dispoñibles. Por tal motivo haberá que puntuar de acordo co baremo que podedes consultar a continuación ou na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 PRAZO de ENTREGA

De acordo cos Prazos de Admisión, do 25 de marzo ao 15 de abril podedes achegar á Secretaría deste Centro a documentación que queirades que se teña en conta para baremar. Lembrade que as vacacións de Páscoa son do venres 26 de marzo ao luns 5 de abril (incluído), e o Centro permanecerá fechado.



page | by Dr. Radut