Skip to Content

Marchamos... Xa non estamos por aquí.

Vémonos en www.ceipdebarouta.gal

Ver en ventá diferente de CEIP de Barouta

TRANSPORTE ESCOLAR

AVISO PARA ALUMNADO USUARIO DE TRANSPORTE ESCOLAR.

Todo o alumnado debe ser recollido na parada do autobús por seu pai/nai, titor/a ou por outra persoa autorizada pola familia.
Hoxe recibiredes en papel unha modelo de autorización que, no caso de delegar a recollida do alumnado na parada, debedes enviar de volta á escola cuberta e asinada.
 
ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Este alumnado poderá ir só desde a parada á casa sempre que se asine a autorización que tamén recibiredes hoxe en papel.
 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL - Listaxe Definitiva

En anexos podedes ver as diferentes listaxes definitivas relacionadas coas axudas para adquisición de material escolar. 

ACONSÉLLASE NON COMPRAR NINGÚN MATERIAL ATA QUE NO PRIMEIRO CLAUSTRO DE SETEMBRO SE FAGA A ADSCRICIÓN DO PROFESORADO E NESE MOMENTO CADA MESTRA/E PIDA OS SEUS MATERIAIS PARA CADA AULA.

Os vales non teñen caducidade polo que os podedes recoller en setembro.

 

RELACION DE LIBROS DE TEXTO

 

Ata o ano 2021 os libros de texto do "Banco de Libros" de 3º EP a 6º EP son os mesmos que en anos anteriores (podedes consultar a lista do ano pasado aquí). En 1º e 2º de Educación Primaria os materiais que se usan son funxibles (recibides un vale de libros para mercalos na librería). Temos a autorización da Xefatura Territorial para cambialos no vindeiro curso, polo que estas listaxes definitivas de libros serán publicadas en setembro.

No primeiro claustro do curso 2018/2019, unha vez feita a adscrición de mestras/es a cada aula/curso, o profesorado de Educación Primaria decidirá se quere ou non usar libros. É por este motivo que vos recomendamos que non compredes libros de texto ata saber o que precisa o profesorado par ao seu alumnado. 

 

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR - Lista Provisional

En anexos podedes ver as diferentes listaxes relacionadas coas axudas para adquisición de material escolar. Desde este momento hai 48h para facer as reclamacións que estimedes oportunas e despois dese tempo sairán as listaxes definitivas.

ACONSÉLLASE NON COMPRAR NINGÚN MATERIAL ATA QUE NO PRIMEIRO CLAUSTRO DE SETEMBRO SE FAGA A ADSCRICIÓN DO PROFESORADO E NESE MOMENTO CADA MESTRA/E PIDA OS SEUS MATERIAIS PARA CADA AULA.

Podedes pasar a recoller os vales para a adquisición de materiais desde hoxe día 9 de xullo ata o venres día 13 en horario de 09h30 a 13h30. Estes vales non teñen caducidade polo que tamén os poderedes recoller no mes de setembro.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

De acordo coa Orde do 28 de maio de 2018, achégase o calendario para o próximo curso escolar que será de aplicación en todos os centros galegos sostidos con fondos públicos.

No primeiro claustro do vindeiro curso, aprobaranse tamén os dous festivos locais pendentes de decidir e que se achegarán a este calendario.

 

Calendario escolar 2018/2019

 

2018

L

M

M

X

V

S

D

 

L

M

M

X

V

S

D

 

L

M

M

X

V

S

D

 

L

M

M

X

V

S

D

SETEMBRO

 

Outubro

 

Novembro

 

Decembro

1

2

 

 

 

 

 

1

2

 

1

2

3

4

5

6

7

3

 

 

 

1

2

3

4

 

3

4

5

6

7

8

9

3

4

5

6

7

8

9

 

8

9

10

11

12

13

14

 

5

6

7

8

9

10

11

 

10

11

12

13

14

15

16

10

11

12

13

14

15

16

 

15

16

17

18

19

20

21

 

12

13

14

15

16

17

18

 

17

18

19

20

21

22

23

17

18

19

20

21

22

23

 

22

23

24

25

26

27

28

 

19

20

21

22

23

24

25

 

24

25

26

27

28

29

30

24

25

26

27

28

29

30

 

29

30

31

 

 

 

 

 

26

27

28

29

30

 

 

 

31

 

 

 

 

 

 

 

2019

L

M

M

X

V

S

D

 

L

M

M

X

V

S

D

 

L

M

M

X

V

S

D

 

L

M

M

X

V

S

D

Xaneiro

 

Febreiro

 

MARZO

 

Abril

 

1

2

3

4

5

6

 

 

 

 

 

1

2

3

 

 

 

 

 

1

2

3

 

1

2

3

4

5

6

7

7

8

9

10

11

12

13

 

4

5

6

7

8

9

10

 

4

5

6

7

8

9

10

 

8

9

10

11

12

13

14

14

15

16

17

18

19

20

 

11

12

13

14

15

16

17

 

11

12

13

14

15

16

17

 

15

16

17

18

19

20

21

21

22

23

24

25

26

27

 

18

19

20

21

22

23

24

 

18

19

20

21

22

23

24

 

22

23

24

25

26

27

28

28

29

30

31

 

 

 

 

25

26

27

28

 

 

 

 

25

26

27

28

29

30

31

 

29

30

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAiO

 

XUñO

 

 

 

 

 

 

 

1

2

3

4

5

 

 

 

 

 

 

1

2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

6

7

8

9

10

11

12

 

3

4

5

6

7

8

9

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

13

14

15

16

17

18

19

 

10

11

12

13

14

15

16

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

20

21

22

23

24

25

26

 

117

18

19

20

21

22

23

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

27

28

29

30

31

 

 

 

24

25

26

27

28

29

30

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mes

Día

 

Setembro

3, 4, 5

Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2017/2018.

12

Comezo das clases no 2.º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria.

17

Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.

Outubro

12

Día non lectivo. Día da Festa Nacional de España.

Novembro

1

Día non lectivo. Día de Todos os Santos.

Decembro

6

Día non lectivo. Día da Constitución.

7

Día non lectivo. Día do Ensino.

24, 25, 26, 27, 28, 31

Vacacións de Nadal.

Xaneiro

1, 2, 3, 4, 7

Marzo

4, 5, 6

Vacacións de Entroido.

Abril

15, 16, 17, 18, 19, 22

Vacacións de Semana Santa.

Maio

1

Día non lectivo. Día da Festa do Traballo.

17

Día non lectivo. Día das Letras Galegas.

Xuño

21

Remate das clases no 2.º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

MATRÍCULA 2018/2019 - Novo Alumnado

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Curso 2018/2019 | FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Só para o alumnado que se matricula no centro por primeira vez

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo III-1 do Formulario ED550B (anexo nesta publicación)
  • Solicitude Transporte Escolar (anexo nesta publicación)
  • Enquisa do Idioma (anexo nesta publicación)
  • Fotocopias

DNI
Libro de Familia
Libro de Vacinación (se foi vacinado/a)
Tarxeta Sanitaria
3 Fotografías tamaño carné
 
 

PRAZOS E HORARIOS DE ENTREGA (SECRETARÍA)

Desde o 20 de xuño ao 30 de xuño

De 09h00-09h55 e de 13h15 a 14h00

  

NORMATIVA

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013). Modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/2017)

SACA O PLÁSTICO DA AUGA

Como sabedes, este ano o PDI (o Proxecto Documental Integrado de Centro) estivo relacionado coa ecoloxía, reciclaxe, alimentación, saúde, etc. Foi un traballo de investigación moi intenso, que nos valeu para presentarnos aos “V Premios Proyecta Innovación”, obter o 1º premio e contar coa forza para seguir traballando nesta estratexia e nesta temática.
Así como fomos introducindo pequeniños cambios no día a día de Barouta, agradecemos que sexades cómplices desta nova proposta que agora vos queremos facer: “Saca o Plástico da Auga”.
Descubrimos que estamos rodeados/as de plástico, envolvemos os nosos alimentos e líquidos nel e, cando non nos serve, acaba no mar. Decidimos que pouco a pouco queremos cambiar isto, en equipo, en comunidade. Cambiar hábitos para transformar o noso entorno próximo e así tamén o noso mundo.
“Saca o Plástico da Auga” é a primera acción que queremos desenvolver contando coa implicación das familias e por isto vos convidamos a que as vosas fillas e fillos (e vós mesmos/as) deixedes de usar botellas de plástico.
Propoñémosvos cambialas polas novas cantimploras de “EmBarouta-T”. O custo é de 2,5€ e podedes mercalas desde xa mesmo no colexio.
Anímate a quitar o plástico da auga e colabora co proxecto comunitario do centro!
 



CHARLA CON MERCEDES URBIOLA

GAÑADORES/AS DOS "V PREMIOS PROYECTA INNOVACIÓN"

Temos o pracer de comunicarvos que o CEIP de Barouta somos 1º Premio nos "V Premios Proyecta Innovación", un importante galardón dotado con 7.880€.

Moi agradecido a todxs polo apoio, confianza e ansia sen a que sería imposible chegar aquí. Comezamos! "EmBarouta-T: nó sostible".

Podedes ver a exposición aquí: https://www.youtube.com/watch?v=wet0F_f65s0&app=desktop

Máis información: http://www.plataformaproyecta.org/es/concurso/v-concurso-proyecta-innovacion

TRANSPORTE ESCOLAR 2018/2019 | Planificación

Co fin de comezar a xestión da organización do transporte escolar para o próximo curso escolar 2018/2019, convidámosvos a que vexades a instrucción anexa a esta publicación e, de ser o caso, entreguedes cuberto no centro o ANEXO I solicitando modificación ou engadido dalgunha parada que vos gustaría que houbese no próximo curso. 

Aínda que este tipo de solicitude se pode facer en calquera momento do ano, é máis probable que se estimen por parte da Consellería se son feitas antes do remate do curso escolar presente.

Se o preferides, tamén vos podemos imprimir unha copia para que cubrades aquí no centro. É importante poñer todos os datos que se piden no formulario, como a ubicación GPS e localización exacta do punto a modificar.

As paradas xa existentes non se verán afectadas por novas solicitudes nin debedes renovar ou voltar a solicitar. Só debedes renovar as peticións de modificación ou engadido de paradas que non foron antendidas no presente curso.

Antes do remate do curso, enviarémosvos para casa unha ficha para que cubrades a renovación da vosa solicitude deste servizo complementario.

 

Exposición Proxecto de Centro | Somos o que Comemos

O próximo martes día 5 de xuño de 2018 inauguramos a exposición que pon fin ao proxecto que desenvolvemos este ano no centro "Somos o que Comemos", sobre ecoloxía, alimentación e reciclaxe.

Na xornada de mañá temos varias actividades para o alumnado e ás 12h15 estades convidadas/os á inauguración da exposición con visita guiada do alumnado.

Pola tarde, ás 17h00 teremos unha palestra con cinco figuras referentes da saúde, nutrición e o deporte, á que tamén vos queremos convidar.

 

-

 

 

 

 --

 

 

 --

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut