Skip to Content

ACTA DA 5ª ASEMBLEA DE CENTRO

Na última asemblea de centro lemos e aprobamos a acta da anterior que quedara pendente e que agora queremos publicar, como moitas/os de vós nos pedistes, para que poidades seguir a actividade da mesma aínda que non puiderades vir.

A asemblea está pensada como un punto de encontro entre os distintos membros da comunidade educativa, no que falar sobre todos os aspectos que consideremos de interese para a mellora do noso centro.

Co obxectivo de seguir aumentando a participación de todos na última asemblea propúxose un cambio na dinámica da mesma, que consiste en que a orde do día a elaboraría una comisión, que foi creada nesa asamblea entre xente voluntaria. Polo tanto, a partir de agora ¡a orde do día elaborarémola entre tod@s. Todos os temas que queirades que sexan tratados na asemblea propoñédeo para podelo incluír.

Para facer estas suxestións non tedes máis que enviar un correo electrónico á dirección asemblea.barotua@gmail.

Estamos preparando a acta da última asemblea, onde a orde do día foi a seguinte:

 

  • Comunidade de colaboradores/as - Equipo de traballo
  • Remodelación e acondicionamento do patio exterior
  • Zona de estacionamento de vehículos
  • Fomento e uso de software libre e redes descentralizadas
  • A desgaleguización do alumnado
  • Transporte para alumnado do comedor escolar
  • Novos métodos e estratexias didácticas (ABN, ambientes de aprendizaxe, traballo por proxectos)
  • Outras propostas

 Como decisión importante, a asemblea no seu conxunto decidiu crear grupos de traballo ou comisións para facer as tarefas máis operativas. 

  • Xénero e Igualdade
  • Patio Escolar
  • Software Libre e Redes Descentralizadas
  • Dinamización da Lingua Galega

Agradecemos que nos enviedes un correo a ceip.barouta@edu.xunta.es, ou a asemblea.barouta@gmail.com,ou mesmo que nos chamedes para dicir en que equipo ou comisión de traballo vos gustaría participar e colaborar.

Agardámovos!

AdxuntoTamaño
ACTA ASAMBLEA CEIP BAROUTA.pdf39.5 KB


page | by Dr. Radut