Skip to Content

3ª CARREIRA SOLIDARIA "Móvome pola Paz" (Adiada ata novo aviso, por choiva)

 

3ª CARREIRA SOLIDARIA "MÓVOME POLA PAZ"
 
O CEIP de Barouta organiza por terceiro ano a Carreira Solidaria "Móvome pola Paz" coa que espera reeditar o éxito das pasadas edicións e doar ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames media tonelada de alimentos e produtos de hixiene e limpeza. No día 30 de xaneiro, Día da Paz, o CEIP de Barouta convida á súa comunidade a moverse, traer alimentos para o Banco Municipal e a correr xuntas/os pola solidariedade e a acción social. Nesta terceira edición súmanse a Escola de Educación Infantil de Covas e os 6º cursos de Ed. Primaria do CEIP Agro do Muíño e do CEIP a Maía, tamén na oportunidade de encontro e convivio do alumnado que para o ano se atopará no IES de Ames (Bertamiráns)
 
A carreira está apadriñada e amadriñada polos atletas profesionais Pedro Nimo e Paula Mayobre e contan ademáis coa colaboración e patrocinio da ANPA do CEIP de Barouta, Imprenta Sen Medias Tintas, Galitiming, Feiraco, Gadis, Garacopter, Tomate + Fruta, Mudanzas Camilo, Construcións Luís Beiras, Addomo Arquitectura, Clínica de Podoloxía Noemí SanLuis Fernández, VM Vanesa Mato Beleza e Benestar, Cabaniñas do Bosque, Café Don Budi, Restaurante Alto do Vento, Tropic Burger, Panadería Sabela, Seguros Maroñas, Seguros Zarauza, Concello de Ames e Xunta de Galicia
 
Nas seguintes ligazóns pódense ver dous vídeos da edición pasada
Alumando, profesorado e familias, levan días organizando este evento, para que todo estea preparado o día 30 de xaneiro nesta carreira solidaria non competitiva.Esta semana o alumnado de Barouta estivo preparando as medallas conmemorativas que todas as participantes levarán xunto cun saquiño, especialmente feito para o día, con produtos varios doados polos seus patrocinadores. O propio centro destaca e agradece a alta participación da ANPA do colexio e de todas as súas familias na organización e implicación nesta xornada solidaria.
 
--
 
AVISO | A CARREIRA ADÍASE POR MALA PREVISIÓN METEOROLÓXICA ATA O PRÓXIMO DÍA NON CHUVIOSO


page | by Dr. Radut