O venres, 23 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º de primaria fixeron unha saída ao Museo de Historia Natural, o Luis Iglesias, en Santiago. Ao rematar, foron á SGAE, á Praza do Obradoiro e á Porta Santa, na Praza da Quintana. Por último, antes de volver ao autobús para regresar ao colexio, descansaron nun parque de Vista Alegre.
Nesta presentación tedes algunhas fotos da saída e o texto redactado pola alumna Inés Peña. Premede na imaxe para abrila.