Os alumnos e alumnas de 1º de primaria fixeron unha saída en bus a Santiago para ver no Teatro Principal a representación de "OSIÑO". Na obra, a cargo da Compañia Trompicallo, vemos como transcurre a vida de Osiño, súa nai e os amigos que vai facendo, nun anaquiño da fraga, e como esta se vai transformando coas diferentes estacións. Un fermoso soño para nenos e nenas que lles encantou!. Tanto alumnos como profesores disfrutaron coa obra e o paseo polas rúas de Santiago.
Ficha artística:
Autores: Marian Glez./ Luís Glez./ Sabela Amado/ Kevin Stewart
Dirección: Kevin Stewart
Titiriteiros: Sabela Amado Rojo / Marian González / Luís González
Deseños técnicos e artísticos: Trompicallo
Músicas: Ignacio Sanz