"Rosalía tamén vive aquí"

 

Baixo este lema os centros escolares de Ames lembramos a Rosalía. O curso pasado plantamos nos patios camelias da variedade que leva o nome da escritora e este ano quixemos darlle vida aos seus versos con debuxos dos alumnos nunha actividade organizada polos EDNL. Elaboramos carteis en cada aula que foron pendurados polos nenos e nenas nos portais dos edificios para abrir a celebración a toda a veciñanza.

  Moitas grazas a todos por participar nesta actividade e polas fotografías que nos enviastedes!