blogue deA Maía
Actuacións de Nadal dos alumnos de 2º
Enviado por A Maía o Sáb, 29/12/2018 - 11:26pmOs alumnos e as alumnas de 2º cantan e bailan polo Nadal nesta actuación na Biblioteca para os seus compañeiros.
Os de 1º cantan e bailan polo Nadal
Enviado por A Maía o Sáb, 29/12/2018 - 2:54amActuacións dos alumnos de primeiro para os seus compañeiros.
BOAS FESTAS E FELIZ 2019
Enviado por A Maía o Ven, 21/12/2018 - 10:13amQueremos desexarvos unhas boas festas con esta postal feita entre todos, tal e como entendemos que debe ser a nosa labor desde o centro, sempre en colaboración escola e familias; valorando o que cada membro desta comunidade educativa nos aporta e aportamos.
Esperamos tamén que o novo ano 2019 veña cheo de ventos ventiños con chios de paxariños.
Panxoliñas do Advento
1
Este ar non ten asubío.
Tampouco ten aloumiño:
só un vento cheo de frío
que se pousa no camiño.
Está a chegar o Nadal:
o seu vento milagreiro
ten de cantar no Portal
e de acender o luceiro.
2
Na follaxe dun carballo
naceu un vento ventiño:
ten sinxeleza de orballo
e chíos de paxariño ... !
Nas claridades do día
brilla o gozo do mencer.
Anda moi leda María
porque Xesús vai nacer!
Manuel María*
* O texto é unha panxoliña das que Manuel María escribiu fundamentalmente nos anos cincuenta e comezos dos sesenta e que utilizaba frecuentemente para felicitar as festas do Nadal ás súas amizades.
Neste vídeo, ademais, podedes ver todas as postais que forman parte da conxunta do centro, e esperamos que vos guste a música que as acompaña, xa que forma parte dos típicos cantos de nadal, xaneiras, manueles, aguinaldos, etc da nosa cultura, interpretada polo grupo Malvela.
BLOGS DO COMEDOR, "BOS DÍAS COLE" E "TARDES DIVERTIDAS"
Enviado por A Maía o Lun, 17/12/2018 - 4:43pmO Concello de Ames pon a disposición das familias un blog como ferramenta de comunicación, a través da cal, poderán estar informados das novidades que ocorren en ditos servizos.
Son os seguintes:
COMEDOR: https://comedormaia.blogspot.com
BOS DÍAS: https://bosdiasmaia.blogspot.com
TARDES DIVERTIDAS: http://agoraaberta.es/tardesdivertidas
SAÍDA AO PUNTO LIMPO: INFANTIL 4 ANOS
Enviado por A Maía o Xov, 13/12/2018 - 11:41pm A semana pasada os alumnos de 4 anos fixeron unha saída ó Punto limpo do Concello no polígono do Milladoiro. Alí recibeunos Patricia, a encargada na área de medio ambiente do Concello e o encargado do Punto Limpo. Explicáronlles o que teñen que facer para levar obxectos e materiais alí e a importancia de coidar os nosos bosques e mares para non contaminalos. VER MÁIS PREMENDO AQUÍ.
Mercado solidario “Troca un xoguete por un libro”
Enviado por A Maía o Mér, 12/12/2018 - 2:02pm
A idea é que o alumnado traia un xoguete usado pero en boas condicións e levará a cambio un libro en galego, usado pero en boas condicións, dos fondos da biblioteca do centro e das aulas. Os xoguetes repartiranse entre a oficina de Voluntariado de Ames e Cáritas de Bertamiráns, ca idea de que as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas tamén poidan ter un agasallo de Nadal e, ao mesmo tempo, fomentar entre o noso alumnado o gusto pola lectura e facelos partícipes da importancia de compartir e de ser solidarios.
A organización para este troco será do seguinte xeito:
a.- En Educación Infantil: As titoras e titores xestionarán directamente o troco. O alumnado entregará o xoguete ao seu titor/a na aula e a mestra/e entregaranlles a cambio un libro.
b.- En Educación Primaria: Farase na entrada principal do centro de primaria, dentro, ao lado das escaleiras centrais. Durante o recreo o alumnado pasará polo posto de troco, que estará atendido por profesorado do centro pertencente ao equipo de dinamización da lingua galega.
Animádevos a colaborar aportando xoguetes durante os días 18, 19, e 20 de decembro.
Charla o vindeiro luns 17 de decembro, ás 18:00 h., na Biblioteca do centro.
Enviado por A Maía o Mér, 12/12/2018 - 1:55pmEnmarcada nas actuacións do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos, proxecto que posibilita que especialistas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado poidan dirixirse á comunidade educativa para informar sobre os recursos policiais e fomentar que alumnado, profesorado e pais e nais coñezan de primeira man ou seus dereitos e deberes, para desta maneira tratar de mellorar a convivencia de todos e todas. O programa, que se desenvolve en colaboración coa Xunta de Galicia, responde a unha das principais liñas de actuación do Goberno e da súa Delegación, como é ou impulso da educación en valores e a importancia da prevención e información como elementos fundamentais para a mellora da sociedade.
A proposta inclúe aspectos tan relevantes como o acoso escolar, os riscos asociados ao uso das redes sociais; e ao consumo de estupefacientes e alcol; a violencia nos centros educativos, os abusos e agresións sexuais e a violencia sobre a muller; malos tratos no ámbito familiar; comportamentos racistas e xenófobos e a discriminación por razón de sexo ou raza, entre outros.
CANDIDATAS ELEXIDAS PARA FORMAR PARTE DE CONSELLO ESCOLAR
Enviado por A Maía o Mér, 28/11/2018 - 10:03amOs membros da XUNTA ELECTORAL encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar proceden á proclamación das candidatas elixidas nas votacións de representantes de nais e pais ao consello escolar do centro:
Dª Elena Pérez Pereira, que obtivo 25 votos.
Dª Montserrat Capelo Sande, que obtivo 22 votos.
Dª Silvia López Ben, que obtivo 15 votos.
De acordo co artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, contra a presente proclamación de candidatos elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.
Bertamiráns, 27 de novembro de 2018
3º visita as exposicións dos dereitos e contra a violencia de xénero
Enviado por A Maía o Dom, 25/11/2018 - 8:30pmOs alumnos e alumnas de 3º visitaron as exposicións feitas no colexio sobre os dereitos dos nenos e as nenas e contra a violencia de xénero onde estaban os carteis realizados polos seus compañeiros de 6º.
20 de Novembro: día dos dereitos dos nenos
Enviado por A Maía o Dom, 25/11/2018 - 1:39amO pasado 20 foi o Día dos dereitos dos Nenos e para conmemoralo o Equipo de Convivencia do centro xunto co Equipo de Dinamización da Biblioteca prepararon unha serie de actividades e montaron un recanto no segundo andar polo que foron pasando os alumnos. Espuxéronse libros sobre o tema dos fondos da Biblioteca.
Con esta actividade, a exposición dos zapatos e os carteis sobre a violencia de xénero, máis a porta violeta de Rozalén que fixeron os de relixión, os alumnos do centro reflexionaron ao longo da semana sobre dereitos, violencia, igualdade e xustiza social.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »