blogue deA Maía
ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS PARA O 1º DÍA DE COLEXIO (12/09/2018)
Enviado por A Maía o Mar, 11/09/2018 - 1:14pm
ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS DO ALUMNADO PARA O 1º DÍA: 12/09/2018 EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de educación primaria entrará sen acompañamento familiar. Agás o de 1º de Educación primaria, que, de xeito excepcional por ser o 1º día, poderán baixar acompañados por unha persoa adulta. Igualmente esta excepción faise extensible para o alumnado de calquera nivel de Educación Primaria que se incorpore por 1ª vez ao centro.
O alumnado de 1º de EP dirixirase ao lateral esquerdo, esperará alí na zona asignada ao seu curso a ser chamado polo profesorado .
O alumnado de 2º, 3º e 4º de EP colocarase na parte dianteira do edificio, porta principal, e esperará alí na zona asignada ao seu nivel a ser chamado polo profesorado, agás o alumnado que 4º que entra directamente.
O alumnado de 5º e 6º de EP, dirixirase ao lateral esquerdo, 6º entrará directamente e o de 5º esperará alí na zona asignada ao seu nivel a ser chamado polo profesorado.
ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS DO ALUMNADO PARA O 1º DÍA: 12/09/2018 EDUCACIÓN INFANTIL
ALUMNADO DE 4º de INFANTIL (3 anos)
Período de adaptación: Segundo o establecido e explicado polo profesorado na reunión informativa do período de adaptación.
Durante este período de adaptación non teñen autobús nin comedor escolar.
ALUMNADO DE 5º e 6º de INFANTIL (4 e 5 anos)
Na pista deportiva descuberta, na zona de columnas, haberá indicada unha zona para cada grupo.
O profesorado estará en cada columna e unha vez que estea o grupo completo, subirán ao edificio de infantil para incorporarse ás súas respectivas aulas.
Lembrámoslle aos familiares acompañantes que non está permitido acceder ao interior do edificio infantil, agás causa xustificada e previa autorización do profesorado que estea na porta.
RESUMO DAS NORMAS DE CONVIVENCIA
O colexio abrirá diariamente as súas portas ás 8:50 horas. Non se permite a entrada de alumnado antes desta hora.
O alumnado de educación primaria entrará sen acompañamento familiar.
Deberá evitarse a atención do profesorado nos horarios de entrada e saída para temas particulares. Calquera incidencia deberá notificarse por escrito a través da axenda do alumnado.
Non está permitida a presenza de familiares polos corredores do colexio no horario lectivo, agás para acceder a zona administrativa. As familias do alumnado de educación primaria que necesiten acceder as aulas de primaria durante as sesións lectivas, deberán dirixirse ao persoal de conserxería identificándose debidamente e indicando o motivo da visita.
As saídas ou entradas do alumnado ao longo das sesións lectivas deberán xustificarse debidamente ante o profesorado titor. No caso das saídas, o adulto acompañante asinará no rexistro de saídas situado en conserxería. Os retrasos na puntualidade consignaranse no libro de rexistro, considerándose a reiteración de faltas de puntualidade como faltas de disciplina.
O alumnado non pode traer ao colexio teléfonos móbiles, reprodutores de música ou calquera aparello electrónico.
Segundo a Lei de Convivencia do 30 de xuño de 2012, lembrámoslles as familias "o deber de respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias".
Lembrámoslle a toda a Comunidade Educativa as prohibicións de fumar dentro do recinto escolar, así como a de entrar con animais.
IMPORTANTE:ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE TRANSPORTE
Enviado por A Maía o Mar, 11/09/2018 - 9:39amIMPORTANTE:ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE TRANSPORTE
Por favor, comproben os listados xa que por cuestións organizativas introducíronse algúns cambios
PREMA EN ADXUNTO para poder visualizar o listado completo.
HORARIOS E PARADAS DOS AUTOBUSES ESCOLARES
AUTOBÚS Nº1
Parada |
Hora Aprox. |
Igrexa _Covas |
8:38h. |
Aldea Nova 1 |
8:45h. |
Aldea Nova 2 |
8:45h. |
Porto (Lugar de referencia: ¿Qué como?) |
8:50h. |
AUTOBÚS Nº 2
Parada |
Hora Aprox. |
Ponte do Paseo Fluvial (Lugar de referencia: Ames Sport) |
8:40h |
Centro Médico |
8:50h |
AUTOBÚS Nº 3
Parada |
Hora Aprox. |
Cortes (Lugar de referencia: CEIP Agro do Muíño) |
8:30h. |
Tarroeira |
8:40h. |
Condomiña |
8:40h |
Praza da Maía |
8:45h. |
AUTOBÚS Nº 4
Parada |
Hora Aprox. |
Pedregal (Lugar de referencia: Rotonda) |
8:40h. |
Chavián (Lugar de referencia: Panadería Xallas) |
8:40h. |
AUTOBÚS Nº 5
Parada |
Hora Aprox. |
Praza da Maía |
8:35h. |
Chavián (Lugar de referencia: Panadería Xallas) |
8:40h. |
AUTOBÚS Nº6
Parada |
Hora Aprox. |
Centro Médico |
8:45h. |
Praza da Maía . A recollida pola mañá será no Gadis |
8:50h. |
Pakolas, rock´n´roll na Maía
Enviado por A Maía o Xov, 05/07/2018 - 12:29am
Paco Cerdeira é autor, compositor e músico. Durante anos estivo en Mamá Cabra e agora está en A Gramola Gominola.
Para os máis pequenos é PAKOLAS e ten un libro-CD Editado por Galaxia na súa colección Sonárbore. “Pakolas” é un libro-disco que recolle 10 cancións para bailar e aprender onde canta e conta historias de animais: “Mero o Baldomero”, “Xabarín con bombín”, “O Furafollas” e o pato “Mc Pac” entre outros. Ademáis colaborou co colexio de logopedas de Galicia.
Na derradeira semana do curso estivo no cole cos pequenos de infantil que o pasaron xenial no seu concerto de rock´n´roll. Neste video tedes anacos da actuación... e Pakolas e o público totalmente entregados a pesar da calor que facía!
Visita de Patricia da Aula da Natureza de Ames
Enviado por A Maía o Ven, 29/06/2018 - 1:19am Dentro do traballo "Proxectando en verde" no que estivo implicado todo o alumnado do centro e cando xa estaban colocadas os carteis informativos cos códigos QR, recibimos a visita de Patricia da Aula da Natureza do Concello de Ames que nos explicou moitas das árbores e plantas que temos no colexio: usos medicinais e alimentarios, follas, cortezas... e tamén algunha historia da mitoloxía grega. E decir: o traballo de investigación dos nosos compañeiros...
Estas son imaxes dunha das visitas, neste caso para os nenos de 5 anos que traballaron e nvestigaron sobre o bambú, o carballo e os xirasois.
Actuacións de 3 anos: contos e cantos
Enviado por A Maía o Mér, 27/06/2018 - 6:34amOs pequenos de 3 anos actuaron no escenario da Biblioteca do cole para os seus conpañeiros de infantil. Representaron o conto de Dona Carme e bailaron con acompañamento musical.
Proxectando en verde nas artes: música e plástica
Enviado por A Maía o Lun, 25/06/2018 - 12:40amDurante este ano, tanto nas clases de música como de plástica, traballamos coa proposta de "Proxectando en verde" como fío condutor do curso.
Así, no 2º nivel coa cantiga "Buscando Papá Noel", fixemos un mural dun bosque de Nadal e cantamos coa música de Susa Herrera.
Fixemos carteis con slogans para salvar o planeta, un mural primaveral con árbores, plantas e animais de todo tipo.
Na clase de música aprendemos e cantamos a cantiga popular ”Tres hojitas madre” cunha sinxela coreografía.
No 3º nivel a partir da mesma cantiga fixemos debuxos, un libro para a biblioteca e cantámola así:
No 4º e 5º nivel traballamos a partir da cantiga “ Aparta loureiro verde”. E no 6º nivel aprendimos a tocala coa frauta doce.
LER PREMENDO AQUÍ O ARTIGO COMPLETO COS TRABALLOS DOS RAPACES.
Proxectando en verde nas artes: música e plástica
Enviado por A Maía o Lun, 25/06/2018 - 12:00am2º NIVEL
Neste nivel traballamos durante este curso, conxuntamente os titores e titoras de segundo curso e a mestra especialista en Educación musical a partir da canción “Buscando Papá Noel” de Susa Herrera.
Traballamos tanto nas clases de música como de plástica durante o mes de decembro e durante o desenvolvemento da Unidade Didáctica do Nadal.
Nesta ligazón, publicada recentemente, está reflectida a nosa experiencia:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/610
Coa chegada da primavera tratamos de seguir co fío condutor, que sería de novo un alegre e transformado bosque primaveral.
Retomamos para iso os slogans que traballaramos no Nadal, pero nesta ocasión propuxemos aos nenos/as de segundo, que en equipos e na clase de plástica, fixeran un cartel e que o decoraran.
Aproveitando a saída a Apípolis, os nenos e nenas fixeron debuxos de abellas e bolboretas para decorar o mural. Completamos o mural con flores e algúns paxariños. En equipos tamén tiveron que elaborar animais vertebrados. Para iso vimos distintas imaxes destes animais e observamos as súas características principais.
E así de bonito quedou o noso mural!
Na clase de música aprendemos e cantamos unha cantiga popular sobre as árbores: ”Tres hojitas madre” e tamén fixemos con ela, unha sinxela coreografía. Todos se animaron a participar, pois o fixemos a modo de xogo: cada un propoñía un paso ou movemento e todos o repetíamos, iso si, ao ritmo sempre da música. Finalmente, cada clase creou a súa propia coreografía que os nenos e nenas de segundo, non se cansaron de bailar e practicar.
3º NIVEL
Traballamos como no segundo nivel, a partir da canción “Tres hojitas madre”, conxuntamente titoras e a mestra de música.
Unha vez motivados xa foi moi fácil aprendela, pois a todos nos gustou moito e logo nas nas clases de plástica, os nenos e nenas debuxaron libremente a partir da cantiga aprendida. Con todos eses debuxos tamén fixemos un libro para a biblioteca.
4º e 5º NIVEL
Traballamos a partir da cantiga popular galega “ Aparta loureiro verde”. Vimos fragmentos de vídeos coa interpretación da canción por distintas formacións instrumentais. Comprobamos, entón que é unha canción moi coñecida e popular en Galicia.
Cantamos a canción seguindo a letra e acompañados pola frauta pola nosa mestra de música.
6º NIVEL
Traballamos tamén coa cantiga “Aparta loureiro verde” pero aprendendo a tocala e interpretala coa frauta doce.
Para empezar, na clase de música, propuxemos aos nosos alumnos/as que buscaran e seleccionaran na rede, cantigas populares galegas cuxo tema foran as árbores ou as prantas.
Logo fixemos unha posta en común sobre a información atopada.
Na plataforma de Edixgal e dentro da área de música, se lles proporcionaron aos nenos e nenas diversas ligazóns con recursos, para traballar a cantiga e aprender a tocala, xa de forma máis autónoma, pero guiados sempre, pola mestra de música.
Jorge interpretando coa armónica para 5º e 6º
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 9:41pmJorge, o profesor de música, interpretou para os rapaces de 5º e 6º varias cancións coa armónica. Entre elas esta peza da banda sonora composta en 1952 por Victor Joung para a película "O home tranquilo" de John Ford.
"Tres hojitas madre" polos alumnos de 3º
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 9:10pmCoordinados pola profe de música Mercedes, os alumnos de 3º debuxan e cantan un clásico do cancioneiro popular, "Tres hojitas madre".
Xogos de fin de curso
Enviado por A Maía o Dom, 24/06/2018 - 2:04amOs alumnos de 1º participando nos xogos de fin de curso organizados para todos os niveis polo Equipo de Extraescolares.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »