Skip to Content

FONDO LIBROS 2024/2025. Listaxes definiitivas

Publicadas as listaxes DEFINITIVAS de fondo libros de 3º e 4º para o curso 2024/25. Poden ser consultadas no taboleiro do centro. 

As axudas de material de 1º a 6º  e fondo libros de 1º e 2º debedes consultalas nas oficinas do centro. 

Para a recollida dos vales podedes achegarvos ao colexio nestes períodos:

 Do luns 8 ó venres 19 de xullo (10 a 13h) ou ben a partires do 1 ó 10 de setembro (10 a 13h).

Fondo Libros 2024/2025

Publicadas as listaxes provisionais de fondo libros e material de 1º a 6º 2024/25.

As axudas de material de 1º a 6º  e fondo libros de 1º e 2ºdebedes consultalas nas oficinas do equipo directivo.

Poden ser consultadas no taboleiro do centro. 

A publicación das listaxes definitivas será o vindeiro xoves 4 de xullo.

 Para a recollida dos vales podedes achegarvos ao colexio nestes períodos:

Do luns 8 ó venres 19 de xullo (10 a 13h) ou ben a partires do 1 ó 10 de setembro (10 a 13h).

CONCELLO NOIA. AXUDAS -Curso 2024/2025. Libros, material escolar e comedor.

Xa está aberto o prazo para presentar as solicitudes das axudas para libros, material escolar e comedor para o vindeiro curso 2024/2025.

O día 12 de xullo rematará o prazo para a presentación de solicitudes, podéndose presentar ata ese día incluido. 

As solicitudes deben presentarse por rexistro de entrada no Concello de Noia ou a través da sede electrónica do concello. O modelo pode solicitarse ou descargarse na propia sede electrónica.

Enlace sede electrónica: https://noia.sedelectronica.gal/info.11

FIN de CURSO 2023/2024

 

Defensa persoal no cole da Barquiña.

Estes días o alumnado de primaria disfrutou dunhas xornadas de defensa persoal impartidas por Dache, Sabum cinturón negro VI Dan, do Clube de  taekwondo ITF Noia. 

Xa en anos anteriores participamos nesta actividade que resultou moi positiva para o alumnado. Nesta ocasión non foi menos! Os rapaces e rapazas recibiron moi bos consellos de como actuar ante unha agresión, sempre buscando ó adulto de referencia ou ás autoridades. Tamèn recalcou que nunca debemos  empregar os coñecementos da defensa persoal e o taekwondo para agredir ou atacar.

Unha vez máis, moitisimas grazas por compartir con nós o teu talento e os teus consellos.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

PUBLICAMOS A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DE CARA Ó VINDEIRO CURSO. (Preme na imaxe para aceder ó documento).

Piragüismo 2024.

Esta semana o alumnado de 3° a 6° de Primaria participou na actividade de piragüismo do Plan Xogade en Pontenafonso, organizada polo Clube de piragüismo de Outes.

Practicaron nun tipo de embarcación chamada Dragóns, onde remaron 20 participantes en cada barco ó ritmo do instructor. 

Grazas ó Clube de Outes por ofertar esta actividade ós centros educativos!

Xornada de convivencia co CEIP Plurilingüe Ricardo Tubio (Esteiro)

O venres 24 de maio os Equipos de Mediación Escolar do cole de Esteiro e da Barquiña, participamos nunha xornada de convivencia. Ademáis de compartir as nosas experiencias coa mediación escolar, fixemos dinámicas divertidas e círculos restaurativos para coñecernos e ir collendo confianza.

Tamén disfrutamos xuntos dunha rica merenda. 

Durante o recreo, o noso alumnado mediador, como bos anfitrións, mostraron o noso cole ao alumnado de Esteiro. Antes de rematar a xornada, ambos coles visualizaron os respectivos videos de presentación do alumnado mediador e realizamos un círculo de peche da sesión onde o alumnado compartiu as súas impresións da visita. 

O noso equipo agasallou ó equipo de Esteiro cunha chapa co noso logo de mediación e unhas pulseiras feitas por eles e elas.

Dende logo actividades como esta son un extra de motivación!!

CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS 2024 / 2025

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (procedemento ED330B)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 21 de maio ao 21 de xuño do 2024.

 

BENEFICIARIOS (no noso centro): Alumnado de Educación Primaria matriculado no vindeiro curso 2024 /2025 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

-       Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º e educación especial.

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

-       Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

     - Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

           - Certificado ou volante de convivencia, no caso que non se poda acreditar o membros da unidade familiar mediante o libro de familia.

           - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

DE SER O CASO...

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

- Calquera outra documentación que sirva para xustificar algún dos items sinalados.

 

 A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PÓDESE FACER:

 

  • VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO: (unha por alumno/a)

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

  • A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDO LIBROS:

                            https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

  • NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, NO HORARIO DE ATENCIÓN AS FAMILIAS. (fora deste horario non será posible atendelos)

                -  Presentando os anexos I  e II, xunto coa documentación requirida na secretaría do centro no seguinte horario:

 

 IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10) 

DOCUMENTOS:

ANEXO I e II

Titorial ANEXOS I e II / Documentación a aportar.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024/25

Hoxe día 15 de maio, procedemos a publicación nos taboleiros do centro das listaxes definitivas do alumnado, admitido e non admitido para o vindeiro curso 2024/2025.

O acceso a plataforma admision de alumnado quedará aberta a partir do día 22 de maio.

O prazo de matrícula para o novo alumnado comprende do 20 ó 30 de xuño do 2024.

 

Enlace á documentación 

Distribuir contido


by Dr. Radut