LISTAXES DEFINITIVAS PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 2016/17 Contra á resolución definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo DUN MES contado a partir do día seguinte á súa publicación segundo se indica no artigo 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 que desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. (DOG 15 de marzo de 2013) Os alumnos/as admitidos deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. O non facelo implicará a perda da praza.
* As listaxes poden consultarse premendo nos arquivos adxuntos. |
|||
Esta semana o noso centro resultou gañador do concurso da XI Semana do libro e a Lectura “ Canta bichería”. Parabéns para todos os nenos e nenas!
|
|||
As avaliacións de 3º e 6º de Ed. Primaria, en virtude da Resolución do 18 de abril de 2016, (DOG do 26 de abril de 2016), realizaranse os seguintes días: * Avaliación Individualizada de 3º de Ed. Primaria : 24 e 25 de maio. * Avaliación Final de Etapa (6º de Ed. Primaria) : 11, 12 e 13 de maio.
|
|||
AVISO IMPORTANTE Estas listaxes son PROVISIONAIS,poderán ser obxecto de reclamacións e variar en función destas ou outras circunstancias ata que remate o procedemento de admisión. PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Cinco días hábiles desde a data de publicación: do LUNS 25 AO VENRES 29 DE ABRIL, ambos incluídos. HORARIO DE SECRETARÍA: DE LUNS A VENRES DE 9:05 A 9:55 e de 13:15 a 14:05.
Poden consultar toda a información relativa ás listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido nos documentos anexos (os documentos adxuntos aparecen ao final deste texto), así como tamén nos taboleiros do centro.
|
|||
INFORMACIÓN ADMISIÓN 2016/2017
Dende o día 1 ata o 12 de abril (ás 14:00 horas) as familias solicitantes de praza para 4º curso de Educación Infantil deben presentar a documentación acreditativa alegada no baremo. Dita documentación será o orixinal e a copia. A documentación entregarase na secretaría do centro no seguinte horario:
DE 9:05 A 9:55 horas e de 13:15 A 14:05 HORAS DE LUNS A VENRES.
|
|||
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA Informámoslles que as vacacións de Semana Santa abranguen dende o luns 21 de marzo ao luns 28 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos. Reanudaremos as clases o martes 29 de marzo en horario habitual. Aproveitamos para desexarlles unhas felices vacacións. O Persoal do CEIP A Cristina. |
|||
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2016-2017 As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial, ANEXO II, deberán ser presentadas na secretaría do Colexio desde o día 1 ao 29 de marzo. (O prazo remata o 29 de marzo ás 14: 00 horas). Do 21 ao 28 o centro permanecerá pechado (vacacións de Semana Santa). Documentación a presentar:
As solicitudes entregaranse na secretaría do centro no seguinte horario: DE 9:05 A 9:55 horas e de 13:15 A 14:05 HORAS DE LUNS A VENRES. |
|||
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2016-2017 Dende o día 1 de marzo ata o 29 de marzo permanecerá aberto o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o alumnado que se escolarizará o próximo curso escolar 2016-2017. As solicitudes poderán imprimirse da web ou recollerse na secretaría do centro en horario de 9:05 a 14:05 horas. - O alumnado que xa está matriculado non ten que facer ningún trámite. Poden consultar toda a información relativa ao proceso de admisión nos documentos anexos (os documentos adxuntos aparecen ao final deste texto), así como tamén nos taboleiros do centro.
|
|||
Hoxe, 5 de febreiro toda a comunidade escolar do CEIP A Cristina disfrutamos dunha das festas máis simpáticas e entretidas. Os alumnos e alumnas desfilaron para todos nós, lucindo os seus preciosos disfraces.PREME AQUÍ
|
|||
Un ano máis chegou o entroido ao CEIP A Cristina. O día 5 de febreiro o noso colexio encherase de toda clase de bichos: caracois, abellas, xoaniñas, bolboretas e moscas. A festa está asegurada!!!! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos deixarvos uns recursos TICs sobre a celebración do Entroido en Galicia para que coñezades máis sobre a celebración desta festa tan importante na nosa terra. Pero antes de empezar un refrán podedes recitar: Vide nenas! Vide nenos! Non quero cara de penas e de choros moito menos. O Entroido imos festezar: filloas e orellas comeremos a fartar. De disfraces non falemos que eso non faltará.
|
|||
HOXE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL. OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!!! PASÁMOLO XENIAL!!!
|
|||
Queremos desexarvos unhas Felices Festas !!!! Recordade que voltamos o día 7 de xaneiro. |
|||
Este ano a postal seleccionada para felicitar as festas é a da alumna Laura Vilariño de 4º de Educación Primaria.
Noraboa!!
|
|||
Esta fin de semana os alumn@s Lola Casto Varela, Juan Manuel Rodríguez Rey e Alejandra Pastoriza Carbajales recibiron os galardóns do Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2015.
Tamén felicitar a Sara Abelenda Costa de 4º de Educación Primaria pola súa obra premiada “Os desexos cúmprense no Nadal” no Concurso “Contos de Nadal” Colexios da Costa da Morte.
NORABOA RAPACES! |
|||
Ven de publicarse a Orde do 06 de novembro (DOG 10 de novembro) que abre un novo prazo para aqueles pais/nais que non solicitaron as axudas para a adquisición de material escolar no curso 2015-16. Os requisitos para a solicitude son os mesmos da anterior convocatoria (ter unha renda per capita inferior a 5.400 €, que o alumno esté matriculado no centro e non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario). Todos aqueles interesados/as poden pasar pola Secretaría do centro ou ben consultar a páxina web do Centro ou da Consellería. Aqueles solicitantes aos que xa lles foi concedida a axuda non poden volver a solicitar á mesma. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación da Orde. O Equipo Directivo
No documento adxunto teñen a súa disposición toda a información. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »