Á atención das familias do alumnado de 6º curso EP: As familias que desexen matricular aos seus fillos/as o vindeiro curso escolar no centro de adscrición, IES "Monte Neme" deberán entregar o anexo I debidamente cumprimentado e asinado para os efectos de reserva de praza. O anexo I pode cubrirse no enlace que aparece a continuación, ou ben , o que o alumnado levou impreso. Os impresos pódense entregar á dirección do centro. O prazo de entrega remata o vindeiro mércores 15 de febreiro de 2017. Se algúnha familia escolle outro centro educativo non fará a reserva de praza no IES Monte Neme, senón que deberá entregar a solicitude de admisión no centro educativo seleccionado no procedemento ordinario de admisión de alumnado. Se teñen algunha dúbida, consulten na dirección do centro. Un saúdo. O Equipo Directivo |
|||
O próximo día 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non violencia e da Paz. Desde o Cole queremos achegar o noso grao de area para que haxa máis Paz e menos violencia no Mundo. Para iso, ocorréusenos a idea de representar, en Lingua de Signos, esta canción de Magín Blanco titulada "Todos somos capitáns", acompañada do cadro, que tamén estamos a traballar, "Guernica" de Pablo Picaso. Esperemos que vos guste e que a disfrutedes tanto coma nós !!!!
Dende o Proxecto anual da arte e as emocións traballamos "O Guernica" de Pablo Picasso. A través das investigacións nas aulas e coa axuda deste vídeo en 3D desgranamos a obra de arte e coñecemos máis sobre o que quixo representar Picasso: a guerra, a paz,a furia, a tristeza, o medo...
O mundo que representou Picasso
O mundo que queremos no CEIP A Cristina
|
|||
Por sexta participación consecutiva, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de Febreiro na Pobra do Caramiñal,sendo o único centro de Carballo que terá representación neste Campionato.
Aínda que todos os nos@s atletas estiveron a un gran nivel, hai que destacar a clasificación individual de José Manuel Negreira (4º) na categoría alevín masculino, para o Campionato Provincial.
O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos benxamín e alevín masculino.
Quero darlle as grazas aos nen@s polo seu esforzo e comportamento, e as familias, pola súa colaboración durante toda a mañá.
Moitas grazas a tod@s!!!
ATLETAS CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL
Máis información no blog de educación física do centro: disfrutamos movéndonos
Noticia en La Voz de Galicia
|
|||
Vinte e cinco nenos/as do noso colexio,participarán mañá, no Campionato Intercomarcal de Campo a través escolar, que se desenvolverá no circuito do Parque dos Menhires(A Coruña). Nesta proba, clasificatoria para o campionato Provincial que se celebrará na Pobra do Caramiñal o 18 de Febreiro, participarán sete atletas a nivel individual e tres equipos, das categorías benxamín e alevín feminino e masculino. Os horarios orientativos das probas son os seguintes:
9. 45 – Retirada de dorsais
Moita sorte a todos/as e grazas pola voso esforzo e ilusión. |
|||||||||||||||||||||||
Dentro das actividades do programa Xogade integrado no PDC (Proxecto deportivo de centro), englobado no Plan Proxecta,está a actividade “Coñece o meu club”.
Esta actividade ten unha dobre intención, por un lado, que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro, preténdeselles facilitar aos escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecer- lles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborar na consecución de hábitos cada vez máis activos. Mañá, visítannos as "Escolas Luis Calvo Sanz" e o Bergantiños F.C para facer unha presentación ao alumnado de 5º e 6º de E.Primaria do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións...)
|
|||
Dende o CEIP A Cristina queremos desexarvos a toda a comunidade educativa unhas felices festas e un próspero aninovo. *Lembrade que reanudamos as clases o luns 9 de Xaneiro de 2017. |
|||
NADAL 2016
Estamos no Nadal e por suposto os Reis Magos quixeron pasar polo noso centro para visitar e falar con todos os nenos e nenas; disfrutaron con eles un montón, ao mesmo tempo foron entregándolles as súas cartas onde pedían os agasallos. Cantaron unhas preciosas panxoliñas preparadas anteriormente coa Profe de música...preciosas. Finalmente disfrutamos dunha gran festa con delicias navideñas para despedirnos deste xeito dun traballoso 1º trimestre. BO NADAL PARA TODOS E TODAS.
|
|||
Dende o noso equipo queremos amosarvos, dunha forma divertida, os cambios introducidos na biblioteca do CEIP A Cristina a raíz da recente entrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Pincha no seguinte enlace e verás:
Mannequin challenge no Recuncho de Nuno.
Felices festas e próspero ano novo! EQUIPO DE BIBLIOTECA!! |
|||
MES DE DECEMBRO O luns 19, ás 17:15 na Ludoteca Municipal: o obradoiro de caretas “Apalpador/a por un día” (5 a 10 anos). * Para este obradoiro é imprescindible inscribirse chamando á Biblioteca Rego da Balsa ou enviando un e-mail (biblioteca@carballo.gal). O martes 20, ás 18:30 h, teremos un “Avoas e avós contan”. Un contacontos cheo de sorpresas que deixará coa boca aberta @s máis cativ@s... Con entrada libre e de 3 a 12 anos. O xoves 22, ás 18:00 h, estarán @s amig@s da Asociación de Irmanamento de Carballo con L'Isle Jourdain agasallándonos cunhas historias en francés para nen@s de ata 7 anos. Para poder acudir é preciso ter convite, colléndoo desde unha semana antes na Biblioteca Rego da Balsa. O luns 26, ás 18:00 h, cantaremos panxoliñas cos maiores (colaborá connosco o xeriátrico Geriatros Carballo).
MES DE XANEIRO O mércores 11 de xaneiro os Ratos de Lonxedetodo nos traerán “Festa da poesía das catro estacións”. Como xa sabedes, é preciso contar con convite, recolléndoo previamente unha semana antes da función (04/01/17). Lembrade pedir convite para a sesión que precisedes, a das 17:00 ou a das 18:30 h.
Para máis información consultade os documentos anexos ou visitade a páxina da biblioteca municipal Rego da Balsa. Un saúdo! |
|||
* DATA: Sábado 21 de Xaneiro de 2017
* LUGAR: Circuito do parque deportivo de Acea da Ma ( Culleredo) ou no circuito da Torre de Hércules ( A Coruña). Está pendente de confirmación. * TRASLADO:Os nen@s serán trasladados ao lugar da proba nun autobús acompañados polo seu mestre de educación física. Ao igual que na Fase Local celebrada en Carballo, clasificaranse para o Campionato Provincial, os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous primeiros equipos.
O Campionato Provincial celebrarase o sábado 18 de Febreiro, no circuito da praia de Cabio ( A Pobra do Caramiñal)
Toda esta información, seralles remitida no mes de Xaneiro.
Moitas grazas pola súa colaboración.
|
|||
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada no día de onte, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, vinte e cinco nen@s do noso centro, conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o vindeiro sábado 21 de Xaneiro no parque deportivo de Acea da Ma.
Ás catro medallas colleitadas, e á clasificación de sete atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos dous primeiros,un segundo e dous terceiros postos.
Noraboa a tod@s!
No blog de educación física do centro aparece a relación de atletas clasificados:
|
|||
Un ano máis, os nos@s atletas tiveron unha destacada participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas". O noso centro estivo representado por 78 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino. Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro de Guillermo Pastoriza;as medallas de prata de José Manuel Negreira e Adrián Varela; e a medalla de bronce de Uxía Pereira.
A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 21 de Xaneiro no Parque de Acea da Ma de Culleredo( A Coruña).
Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!
|
|||
Dende o CEIP A Cristina queremos comunicarvos que as candidatas electas, como representantes dos pais/nais/titores legais no consello escolar, nas votacións do pasado luns día 28 de novembro de 2016 son: Carbajales Arcay, Gloria. Moura García, Yolanda. Atentamente, O equipo directivo. * Para máis información consultar o documento anexo. |
|||
Despois dun ano de transición, o noso centro volve con forza ás probas de campo a través, xa que, serán 78 atletas do noso centro, os que participarán mañá na Fase Local de campo a través escolar. As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.
Os horarios das probas serán os seguintes:
10.45: Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00: Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15: Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 11.30: Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 11.45: Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 12.00: Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) Esta modalidade forma parte das actividades deportivas do Programa Xogade, englobado no Plan Proxecta.
Moita sorte a to@s! |
|||
Ante esta terrible lacra que parece estar en aumento, en nós está concienciar aos máis pequenos de que esto ten que rematar XÁ. Sobre elo estivemos traballando con diversas actividades: lecturas, debates,murais, gravacións etc. O equipo de biblioteca preparou este vídeo coas lecturas traballadas nestas semanas.
Para máis información...AQUÍ! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- seguinte ›
- última »