REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS

As reunións iniciais dos titores/as coas familias celebraranse nas seguintes datas:

LUNS 18 SETEMBRO

16:00 HORAS: 1º EDUCACIÓN PRIMARIA 

17:00 HORAS: 5º e 6º EDUCACIÓN INFANTIL 

 

LUNS 25 SETEMBRO

16:00 HORAS: 2º e 3ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

17:00 HORAS: 3ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PENDENTE DE CONFIRMAR.

 

LUNS 2 OUTUBRO 

16:00 HORAS: 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Cambios nas asignaturas de Relixión e V.C.S/ A.E

 

Estimadas Familias:

Informámosvos que o prazo para solicitar o cambio de Relixión Católica a Valores Sociais e Cívicos/Atención Educativa ou viceversa será ata o 22 de Setembro do 2017.

Carballo, 12 de setembro de 2017.

O equipo directivo.

 

Benvid@s ao curso 2017/2018

Vémonos o 11 de setembro no horario habitual: de 09.05 - 14.05

Reunión 4º Educación Infantil

Infórmaselles ás familias do alumnado de 3 anos que a reunión inicial será o mércores  6 de Setembro de 2017 ás 11.30 horas no centro escolar.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS 2017/2018

As listaxes definitivas do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2017/2018 pódense consultar no arquivo adxunto.

Os libros repartiranse en setembro unha vez comezado o curso escolar.

O Equipo Directivo 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS 2017/2018

As listaxes provisionais correspondentes ao Fondo Solidario do curso 2017/2018 poden consultarse no arquivo adxunto.

O próximo venres 14 xullo publicaranse as listaxes definitivas onde poderán consultar os libros que  lle corresponden a cada alumno.

LISTAXE LIBROS 4º EP. CORRECCIÓN DE ERROS.

En 4º curso de EP, NON se utilizará libro de texto na asignatura de Música, como aparecía inicialmente na listaxe. O erro xa foi subsanado.

Pregamos desculpen as molestias.

O Equipo Directivo.

Mochilas viaxeiras!

Este curso as mochilas viaxeiras percorreron as casas de todas as familias do centro.

Desde o equipo de biblioteca esperamos desfrutásedes desta experiencia cos vosos fillos e fillas.

   

Deixámosvos as DEMAIS  valoracións no blog de Nuno.

PARABÉNS!

A promoción 2008-2017 despediuse este pasado mércores, no Pazo da Cultura, cunha gran celebración e festa.

Agradecemos a colaboración á comunidade educativa, ao concello...e, por suposto, ao alumnado de 6º de E.P.

 

 Moita sorte na vosa nova etapa!

Educación Dixital Integral na Cristina!

O noso centro, CEIP A Cristina, foi seleccionado para mostrar en directo, nunha reportaxe televisiva, como é o día a día nas aulas ABALAR  e como é o funcionamento do E-DIXGAL.(5º e 6º de E.P.).

Podedes ver a reportaxe pinchando na imaxe inferior e consultar os minutos (29:12) e tamén (59:38).

 

Ler é unha opción divertida no verán!

O fin de curso achégase e, dende o equipo de biblioteca, queremos invitarvos a desfrutar da lectura nos tempos de ocio que queirades!

 

Un saúdo!

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2017-2018

O proceso de matriculación do novo alumnado terá lugar entre os días 20 e 30 de xuño, ambos os dous incluídos.

Deberán presentar a seguinte documentación:

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado e fotocopia da primeira folla . (ANEXO III-1)
  • Autorización de imaxe.
  • Autorización para saídas complementarias .
  • Enquisa de avaliación inicial.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do calendario de vacinación.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Certificado médico ( non ten que ser oficial).

Estes impresos están a súa disposición na conserxería do centro, así mesmo poden descargalos nos arquivos adxuntos.

O Equipo Directivo.

PROXECTO " EmocionArte por Carballo"

A partir dun grupo de formación dalgúns mestres/as do Ceip A Cristina de Carballo, xurde un proxecto de investigación chamado " EmocionArte por Carballo" destinado a traballar co alumnado as emocións a través da arte.

Para desenvolver esta unidade didáctica o pasado Xoves e Venres, todo o alumnado de E.Infantil e E.Primaria do noso centro, realizou uns roteiros  onde visitaron varios murais do proxecto " Carballo Derrumbando muros".

Para levar a cabo estes roteiros, contamos coa colaboración de dúas guías do concello de Carballo e de dous pintores como Mon Lendoiro e Cristina Castro( que forman parte do proxecto Carballo Derrumbando muros), que nos explicaron con todo detalle as características das  obras que forman parte deste museo ao aire libre que hai en diversos puntos da nosa vila.

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

PDC. AS PARELLAS FORMADAS POR PABLO&BRIAN E NANA&XURXO, CAMPIONAS DO III TORNEO DE BÁDMINTON DO CEIP A CRISTINA

     Sarai, Sergio, Brian e Pablo finalistas de 5º  E.Primaria

  Marieta,Dani,Nana e Xurxo finalistas de 6º E.Primaria

 

As parellas formadas por Pablo&Brian e  Nana&Xurxo, proclamáronse campionas do III Torneo de Bádminton do Ceip A Cristina.

Máis información en: " Disfrutamos movéndonos"

Guardar

Guardar

Guardar

ADXUDICACIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN CURSO 2017-2018

O día 29 de maio de 2017 reuniuse a Comisión de Escolarización de Carballo na que se procedeu á adxudicación subsidiaria de postos escolares a aqueles solicitantes que non obtiveron praza no centro no que presentaron a súa solicitude, así como, a aqueles que presentaron solicitudes fóra de prazo.

 

A información pódese consultar nos documentos adxuntos.

Distribuir contido