AS MULLERES CONTAN NO MUNDO DO DEPORTE

 

 
Dentro do proxecto que estamos desenvolvendo no noso centro  " As mulleres contan", desde a área de Educación Física e de Valores Sociais e Cívicos,quixemos facer a nosa pequena aportación, dando visibilidade a esas grandes mulleres que xa forman parte da  historia do deporte en moitas e diferentes disciplinas. Non están todas as que son, pero si seleccionamos aquelas cuxas historias, de onte e de hoxe, caláronnos máis.

Día tras día millóns de mulleres no mundo practican deporte, xa sexa por saúde, por superación persoal, como un medio para atoparse e verse mellor fisicamente, para loitar contra a tensión, para compartir un bo intre cos amigos, para competir, para gañar, pola satisfacción simplemente de practicalo... Calquera razón é válida!

Este traballo interdisciplinar foi realizado polo alumnado de 5º e 6º de E.Primaria da asignatura de Valores Sociais e Cívicos, coa inestimable colaboración das mestras Nerea e Manuela.

25N - Contra a violencia de xénero no CEIP A Cristina

O 25 -N conmemorouse a nivel mundial o día contra a violencia de xénero.

Por este motivo, nestes días traballamos no CEIP A Cristina:

- Que a mellor demostración de amor é a liberdade.

- Que queremos un  mundo socialmente igual, humanamente diferente e totalmente libre.

 Ademais, consideramos fundamental educar nestes valores  aos nenos e nenas, tanto na escola como na familia.

A raíz do traballo na prevención da violencia de xénero, o noso alumnado elaborou slogans, que posteriormente transformamos en chapas.

 

TODOS UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

4º E.I.

 

5º E.I.

 

6º E.I.

 

 

1º E.P.

 

 

 

2º E.P.

 

 

 

3º A -  E.P.

 

 

 

3ºB- E.P.

 

 

4º E.P.

 

 

5º E.P.

 

 

 

6º E.P.

TRES ALUMN@S DO NOSO CENTRO FORON PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE CARBALLO

Tres alumn@s do noso centro foron premiados esta mañá, no concurso de postais de Nadal do Concello de Carballo.

A postal de David Nogareda Regueira( alumno de 5º de E.Primaria), foi elexida como a gañadora do concurso.

Tamén foron recoñecidas con dous accésits, as postais de Chloe Souto Ávila e Noa Pena Vázquez, alumnas de 6º e 5º curso de E.Primaria.

Noraboa!

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

PDC. RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada o pasado venres, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  corenta e catro nen@s do noso centro conseguiron clasificarse para a Fase Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o vindeiro sábado 2O de Xaneiro na Coruña.

 
Ás sete medallas colleitadas, e á clasificación de catorce atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos, xa que, acadamos tres primeiros,dous segundos e un  terceiro posto.
 
 
PODES CONSULTAR A RELACIÓN DE CLASIFICADOS NO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CENTRO:
 
 
NOTICIAS NA PRENSA LOCAL
 
 

BRILLANTE PAPEL D@S NOS@S CORREDORES NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
Un ano máis,@s nos@s corredores tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Nunha mañá chuviosa,típica de campo a través, o noso centro estivo representado por 92 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
 
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Mateo Figueiras, Antía Cancela e José Manuel Negreira ; a medalla de prata de Antón Dubra ; e as medallas de bronce de Daniel Frade, Sofía Bertoa e Martín Pérez.
  
A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 20 de Xaneiro na Coruña.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!
 
 
PODIUM DAS TRES CATEGORÍAS
 
 
 
NOTICIAS NA PRENSA LOCAL
 
 
 
DIARIO DE BERGANTIÑOS
 
 
 
LA VOZ DE GALICIA CARBALLO
 
 
 

PDC.A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS REUNIRÁ ESTE VENRES EN CARBALLO A MÁIS DE MEDIO MILLAR DE ESCOLARES

Carballo acollerá este venres a fase local de campo a través, unha competición organizada polo Concello en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e a Federación Galega de Atletismo que trata de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable, ademais de difundir os valores da competición desde unha perspectiva máis regrada e de facilitar a práctica dunha modalidade con moita tradición.
Este ano  participarán 515 nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade que estudan nos colexios carballeses A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Xesús San Luís Romero e no CEIP Galán de Arteixo
As probas comezarán ás 10.45 coa categoría infantil masculina, e as últimas serán as participantes na carreira benxamín feminina, que teñen programada a saída para as 12.00.

PDC. INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2017

Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 92 atletas do noso centro, os que participarán o vindeiro venres 24( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

 

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

 

As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.

 

Os horarios das probas serán  os seguintes:

 

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)

11.00: Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45: Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria)

 

Moita sorte a tod@s!

 

   REGULAMENTO DA PROBA

 

CIRCUITO POLÍGONO INDUSTRIAL CARBALLO

 

NOTICIAS  NA PRENSA LOCAL

 


 

PDC.O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PROGRAMA PDC-CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES 2017-2018

O noso centro foi admitido no programa PDC(Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, englobado no Plan Proxecta.

O obxectivo deste programa é o de actuar  como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia. 

Buscamos que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.
 
O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

RECÍCLATE CON SOGAMA

Un curso máis e por ano terceiro ano consecutivo o CEIP A Cristina participa no programa "RECÍCLATE CON SOGAMA ".

Comprometidos coa reciclaxe, a recollida selectiva de residuos, o desenvolvemento sostible seguiremos a traballar este curso cos tres "Rs" no noso centro: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Achegamos o texto coa noticia no xornal de hoxe " La Voz de Galicia" , así como un enlace ao propio xornal.

De los 22 colegios de primaria que participan este curso en la sexta edición del programa Recíclate con Sogama, solo uno pertenece a la Costa da Morte. El CEIP A Cristina, acompañado de otras dos instituciones de la provincia, se suma a una iniciativa que, canalizada a través del Plan Proxecta de la Xunta de Galicia, tiene por objetivo instaurar la recogida selectiva de residuos en las aulas y fomentar la cultura del reciclaje entre los más pequeños.

Para acogerse a este plan, Sogama proporcionará a los centros islas de reciclaje, conformadas cada una de ellas por tres contenedores (amarillo, azul y verde) de 120 litros de capacidad, para que así los jóvenes puedan practicar en la separación de los desechos. También se cederá un compostero a las instituciones que cuenten con servicio de comedor, y con huerto o jardín en el que poder emplear el abono resultante del proceso de compostaje.

Además de los medios materiales, la entidad de gestión de residuos trabajará también desde el plano divulgativo ofreciendo charlas y obradoiros, tanto para el alumnado como para el personal docente. También se proporcionarán guías didácticas, vídeos o incluso juegos en línea, además de financiar visitas por parte de los escolares a su complejo medioambiental en Cerceda.

 

 

 

 

 

ENLACE AO XORNAL 

 

 

 

 

 

 

 

Os peques de Concerto

Neste primeiro trimestre, os máis peques do cole, están a traballar os elementos básicos da música (son-silencio; longo-curto, forte-piano...) para iso, axudámonos dos instrumentos e aquí tedes a proba.

Esta vez tocounos coñecer aos xilófonos, metalófonos e carillones e, como podedes observar, unímonos a eles para facer música.

PDC. FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2017

 

O vindeiro venres 24 de Novembro, celebrarase no circuíto do Polígono Industrial de Carballo( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan), a Fase Local de Campo a través escolar, onde participará unha nutrida representación de alumnos/as do noso centro.

 

A principios da semana que vén, os nenos/as que xa se inscribiron, recibirán unha nota informativa, onde explicarásevos todos os detalles da citada proba.

 

Un saúdo. 

Recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos

Informámosvos das instrucións recibidas por parte da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos sobre a saída do alumnado escolarizado nos centros educativos públicos da comunidade autónoma de Galicia ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles.

*O pasado martes 12 de setembro de 2017 foron enviadas as follas informativas en papel e autorizacións correspondentes para seren firmadas.

Podedes consultar o documento completo no arquivo adxunto anexo.

 

Atentamente,

O Equipo Directivo.

 

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS

As reunións iniciais dos titores/as coas familias celebraranse nas seguintes datas:

LUNS 18 SETEMBRO

16:00 HORAS: 1º EDUCACIÓN PRIMARIA 

17:00 HORAS: 5º e 6º EDUCACIÓN INFANTIL 

 

LUNS 25 SETEMBRO

16:00 HORAS: 2º e 3ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

17:00 HORAS: 3ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PENDENTE DE CONFIRMAR.

 

LUNS 2 OUTUBRO 

16:00 HORAS: 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Cambios nas asignaturas de Relixión e V.C.S/ A.E

 

Estimadas Familias:

Informámosvos que o prazo para solicitar o cambio de Relixión Católica a Valores Sociais e Cívicos/Atención Educativa ou viceversa será ata o 22 de Setembro do 2017.

Carballo, 12 de setembro de 2017.

O equipo directivo.

 

Benvid@s ao curso 2017/2018

Vémonos o 11 de setembro no horario habitual: de 09.05 - 14.05

Distribuir contido