Un ano máis chegou o entroido ao CEIP A Cristina. O día 5 de febreiro o noso colexio encherase de toda clase de bichos: caracois, abellas, xoaniñas, bolboretas e moscas. A festa está asegurada!!!! Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos deixarvos uns recursos TICs sobre a celebración do Entroido en Galicia para que coñezades máis sobre a celebración desta festa tan importante na nosa terra. Pero antes de empezar un refrán podedes recitar: Vide nenas! Vide nenos! Non quero cara de penas e de choros moito menos. O Entroido imos festezar: filloas e orellas comeremos a fartar. De disfraces non falemos que eso non faltará.
|
|||