PRAZO E HORARIO ENTREGA SOLICITUDES ADMISIÓN

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2016-2017

As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial, ANEXO II, deberán ser presentadas na secretaría do Colexio desde o día 1 ao 29 de marzo. (O prazo remata o 29 de marzo ás 14: 00 horas).

Do 21 ao 28 o centro permanecerá pechado (vacacións de Semana Santa).

Documentación a presentar:

  • Solicitude de admisión, anexo II, debidamente cumprimentada.
  • Fotocopia da primeira folla da solicitude de admisión.
  • Libro de familia e fotocopia do mesmo.

As solicitudes entregaranse na secretaría do centro no seguinte horario: 

 DE 9:05 A 9:55 horas e de 13:15 A 14:05 HORAS DE LUNS A VENRES.