Hoxe os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria puideron gozar duns marabillosos obradoiros de reciclaxe. Neles aprenderon o que vai en cada contedor, tendo en conta as cores e os contedores dispoñibles na súa contorna: - Azul: cartón e papel. - Verde: vidro: - Amarelo: bricks, latas e botellas. - Marrón: residuos orgánicos. - Gris: resto de residuos.
|
|||
Os alumos/as de 6º de E.Infantil compartiron unha milla en compañía do alumnado de 5º e 6º B de E.Primaria.
Resultou unha “gran experiencia” para os máis pequenos e para os maiores. Vivir o sentimento colectivo, é unha emoción que une, que fai equipo, xa que, o feito de compartir e de axudarse entre compañeiros/as, motiva moito ao alumnado.
|
|||
Polo cole xa estamos empezando a traballar ao redor do día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Por aquí vos deixamos algúns recursos que podedes utilizar na casa cos vos@s peques e que poden parecervos interesantes.
Presentación Proyecto Activismo Social Ilustrado Morado de Anais Buyo |
|||
En segundo curso o alumnado traballou en equipo para resolver caixas de aprendizaxe sobre o universo. En cada caixa atoparon recursos e materiais necesarios para explorar de forma autónoma e superar distintos retos. Xuntos/as descubriron curiosidades sobre planetas, estrelas e moito máis! |
|||
Aprendemos xogando a policías e ladróns coa profe Marta! Na materia de Proxecto Competencial de sexto utilizamos o xogo de policías e ladróns! Partindo da cita "mens sana in corpore sano" cada estudante compartiu as súas ideas sobre a importancia de coidar mente e corpo. Despois, convertéronse en "ladróns" para recoller e sumar as ideas dos demais, enriquecendo o seu propio traballo. Aprender de forma dinámica e divertida é posible... e moi efectivo!
|
|||
No sexto curso traballamos un tema moi importante: a lectura das etiquetas dos alimentos. Cada neno/a trouxo un produto e analizamos xuntos os ingredientes, valores nutricionais e outras informacións clave. Descubrimos que entender o que comemos é fundamental para tomar decisións saudables! Foi unha experiencia moi útil que nos axuda a ser consumidores/as máis responsables.
|
|||
Durante este mes de novembro, estará habilitado o "Recuncho da Ciencia" na biblioteca do centro. Os/as alumnos/as que o desexen poderán observar mostras no microscopio, comprobar o estado da súa visión e, incluso, mirar a tensión!! Pasádevos a botar un ollo!
Os alumnos e alumnas de segundo de primaria convertéronse tamén en auténticos científicos e científicas ao simular a formación das nubes! Dende o EDLG facilitáronse unhas plantillas para traballar o método científico. Seguindo os pasos do método científico, realizaron un experimento no que observaron como se crean as nubes no ceo. Resultou moi emocionante ver como aprendían e investigaban como profesionais da ciencia!
Tamén, os nenos de infantil empezaron a iniciarse no método ciencífico, empregando o microscopio para descubrir o mundo que os rodea!!!
Adxunto a este post podedes atopar o PDF dos cadernos de investigación por se alguén está interesado ou interesada en seguir investigando!!!
|
|||
A tablilla Kappla é un xogo que fomenta a creatividade en xogadores grandes e pequenos. Estimula e anima a explorar os límites desenvolvendo o inxenio, a lóxica e a perseverancia. Un recurso fundamental para facer máis atractivas algunhas zonas do patio.
|
|||
Co fin de continuar fomentando a actividade física durante os recreos, hoxe levamos a cabo unhas coreografías con aros, música e movemento.
Se che interesa, acércate ao ximnasio os luns,xoves e venres durante o recreo.
Anímate!
|
|||
Esta semana chegamos ás 100 millas percorridas da milla diaria desde o inicio de curso. Noraboa e grazas a todos/as pola vosa participación.
|
|||
"Las TIC sirven para atraer el mundo a la escuela y para abrir la escuela al mundo" Jordi Adell Segura
Dende o CEIP A Cristina estamos totalmente convencid@s de que as TIC supoñen unha gran ferramenta de traballo para a escola, pero tamén somos conscientes de que é a nosa labor facer que os nenos e nenas sexan usuari@s crític@s, constructiv@s e creativ@s. Por esta razón dende o equipo TIC creamos este decálogo de boas prácticas que deixamos aquí para que lle votedes unha ollada e que estará colgado nas nosas aulas. Porque nunca ven mal un recordatorio do bo uso das TIC, por aquí o tedes: |
|||
Como xa anticipamos, participamos na sección "TEATRO LIDO", dentro do certame de Teatro FIOT, organizado polo concello de Carballo e, por segundo ano consencutivo, Ross, Luna, Ana, Iria, Roque, Lucía e Victoria proclamáronse CAMPIÓNS!!!!!! A interpretación que fixeron da obra "A mentireira historia da Carapucha verdadeira" foi excepcional, cómica e digna de actores e actrices profesionais. Noraboa!!!
|
|||
Nova xornada do Acompañamento Entre Iguais conmemorando o Samaín. O EDLG elaborou uns pasatempos e os nenos e nenas, mesturandos por grupos, conseguiron resolvelos de xeito colaborativo. Aquí van algunhas imaxes!
|
|||
Que ben o pasaron os nenos e nenas de infantil na saída de hoxe ao paseo fluvial de Gabenlle. Natureza, aire puro, diversión e momentos de xogo a carón dos compañeiros e compañeiras. Botádelle unha ollada a este vídeo para ver canto desfrutaron! |
|||
O pasado mércores día 30 de outubro celebramos o Samaín e o Magosto. Houbo obradoiros de cociña terrorífica na aula de tres anos, degustación de castañas e xogos para tod@s. Os nenos e nenas da Cristina gozaron dunha xornada de xogos tracicionais elaborados con material reciclado, tendo en conta os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e as tradicións propias da cultura galega. Asemade, o EDLG, preparou un material para crear historias e traballar o vocabulario desta época tan terrorífica. O material podedelo atopar adxunto a este post.
PASÁMOLO DE MEDO!!
|
|||