Skip to Content

Taboleiro de anuncios

Axudas compensación comedor

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

 

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Artigo 2. Importe das axudas

1. As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Para aquelas familias do noso alumnado que teñan dificultades ou dúbidas na formalización de solicitudes se habilita o teléfono do colexio (881 93 01 87) en horario de 11:00 a 12:00 da mañá.

 Para descargar a ORDE do 27 de Marzo completa, preme en adxunto.

Información importante

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario

Diante das modificacions derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de 6 unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

2. Nos centros de Educación Especial con residencia, tan só se esixirá a presenza dun membro do equipo directivo, réxime de quendas no mesmo horario, debendo os usuarios permanecer nos domicilios.

Novas importantes

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de Marzo de 2020.

 

Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut