O xoves, 16 de maio de 2024, visitounos Fernando, membro da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia - Protección do Medio Ambiente.
Contounos e explicounos moitas cousas interesantes sobre as diferentes actuacións que levan a cabo no seu traballo diario: os incendios forestais, o furtivismo e marisqueo ilegal e a protección do medio ambiente.
Tamén nos explicou como actúan cando investigan un incendio forestal e como podemos saber a traxectoria do lume mirando como están queimadas as pedras, as árbores ou cara onde cae a herba, entre outras cousas.
Ademais, mostrounos algúns dos obxectos que empregan no seu traballo diario: cámaras de trampeo nocturnas para a localización de animais, visores nocturnos para o marisqueo ilegal, bandeiras de señalización, etc. ...
Ao final, fixemos unha foto de recordo!