Agrupamentos lectores de maio

Os agrupamentos lectores chegan ao seu fin.

Aquí vos amosamos o das aulas 3, 5 e Xardinaría máis o das aulas 14, 8 e Peiteado.

Traballaron contos relacionados coas emocións, tantas emocións como temos nós ao estar a piques de rematar o curso: felicidade, tristeza... moitas emocións xuntas!

Día do Medio Ambiente

Hoxe é o día do medio ambiente e o sábado o día dos océanos , o alumnado de Programas Formativos e algunhas aulas crearon un océano moi especial, e  prepararon un conto  para conmemorar ambos días, isto serviunos para concienciarnos da importancia que ten a reciclaxe e tamén manter limpo o mar e a natureza, despois da contada limpamos o noso océano particular de plásticos e papéis, e agasallouse a cada aula con un abrazo para as árbores do centro, pronto veredes que bonitos e especiais os fixeron!!

Pedro e o lobo

O alumnado da residencia escolar asistiu ao Auditorio Gustavo Freire para asistir as actuacións do Conservatorio de Música e Danza de Lugo. Representaron o conto de Pedro e o lobo. Disfrutamos moito da actuación e estamos encantados de ser invitados.

Día mundial da reciclaxe

O 17 de maio foi o Día da reciclaxe, e así estiveron traballando nalgunha das aulas.

Aprenderon a reciclar e incluso algunha fixo ata papel reciclado!

Gran traballo rapazada!

A horta dos sentidos

Está a piques de reamatar o curso, e con él tamén imos cerrando proxectos.

Esta vez, o noso PDI da biblio A horta dos sentidos rematou da mellor maneira, cun contacontos e facendo a Mellor Sopa do Mundo na nosa horta xunto coa Profe Alba.

Día do Xogo

O martes foi o día do xogo e pasamos unha mañá do máis divertida co alumnado do CIFP Politécnico, que viñeron a xogar con nós cos xogos que crearon fai uns meses no noso pavillón.

Mil gracias novamente por vir e compartir con nós todos estes momentos!!

FLORECENDO

O pasado xoves Abel, Jeni, Marta, Felipe e Santi foron ao @ceipillaverde a ensinarlles cómo plantar leitugas en Jiffis aos alumnos/as de 4 anos, ademáis leváronlles de agasallo unha planta de tomates para o seu horto, foi unha experiencia maravillosa!!!, e con ela estrearonse nas tarefas dentro da súa empresa Florecendo!!!, xa podedes seguilos no seu instagram!!!, veredes que fan cousas maravillosas!!!