Visita de Tarbi e Ana Meilán

 

 

 

Día do té

O martes foi o Día do té e as aulas 1 e 3, conmemorámolo dun xeito moi chulo!

Recolectamos un montón de infusións: roiboos, manzanilla, frambuesa, de naranxa... e moitas máis! 

Ulímolas, probámolas e pintamos con cada unha delas facendo un paisaxe primaveral.

Botade un ollo!

Día do Fútbol Feminino

hoxe é o día do fútbol feminino, para conmemoralo onte acompañáronnos Iria e Marta do Club Deportivo Lugo, foi unha mañá xenial, conversamos, sacamos fotos, firmaron fotos dedicadas, e ata xogamos un partido con elas. Foi unha mañá na que desfrutamos moitísimo, e aprendimos moitos valores, entre eles que o fútbol como calquera deporte pode ser tamén cousa de chicas!!!

Feliz día a todas as futbolístas!!!

Letras Galegas 2024

A semana das Letras Galegas foi intensa e fixemos unha morea de cousas: 

veu a visitarnos o alumnado do CEIP Illa Verde, fíxonos dúas obras de teatro e desfrutamos dunha chocolatada e duns xogos adaptados todos xuntos. Tamén traballamos diferentes refráns galegos e deixamos un mural ben bonito. Ademais, preparamos unha exposición sobre Luísa Villalta, na que colgamos as chaves dos nosos recordos en relación ao libro desta autora conmemorada "As chaves do tempo". E, por último e non menos importante, tivemos unha romería semellando os diferentes oficios galegos, desfrutamos de Os Xardois coa súa música tradicional galega e a visita das nosas familias.

Desfrutamos moito e aprendimos un montón de cousas!

Botade un ollo!

Os maios

O alumnado das aulas 5, 6 8 e 9 celebraron un contacontos O Maio, con versos de Curros Enríquez e aproveitaron para facer os seus e coñecer as diferentes plantas galegas.

Ademais, cantaron e bailaron moito!

Elaboramos receitas

Queredes aprender algunha receita cos alimentos da nosa horta?

Aquí tedes algunha de elas, esta rapazada é toda unha experta!!!

Ata se animaron a probalas!

Recomendacións Lectoras de Maio

Fixéronse de rogar pero aquí tedes as recomendacións lectoras de Mérida para Maio, Emocións, Familias, Maios, Abellas, e Luisa Villalta, a nosa homenaxeada nas Letras Galegas.